XVII Primavera en Danza en Carballo

A danza volverá un ano máis ao escenario do Pazo da Cultura de Carballo grazas a Primavera en Danza, un programa que se desenvolverá do 26 de abril ao 12 de maio e que ofrecerá un total de cinco espectáculos:

  • 23 abril: Entresoños, de Fran Sieira (Galicia)
  • 27 de abril: Pink Unicorns, de La Macana (Galicia)
  • 3 de maio: Plastic, de Paula Quintas (Galicia)
  • 4 de maio: La desnudez, de Daniel Abreu (Madrid)
  • 5 de maio: Gaia, de Entremans (Galicia)

Como peche especial, o 12 de maio terá lugar unha gala de baile tradicional a cargo da agrupación coruñesa Xacarandaina, que está a celebrar os seus corenta anos de historia. . Primavera en Danza incluirá tamén actividades complementarias como a exposición Voantes, un taller de danza e a presentación pública dalgunhas das funcións.

X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR)

O martes 2 de abril arrinca no Auditorio Municipal de Cangas o X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) cun programa que, agás o 16 de abril, se desenvolve todos os martes ata o 4 de xuño.

O pregón inaugural correrá a cargo da actriz moañesa Antía Costas ás 20.15 horas para continuar coa actuación de Avelaíña Teatro que presenta A ópera de a patacón, de Roberto Vidal Bolaño.

Nesta nova edición do CITEAMOR participan doce grupos de teatro, once deles da comarca. Do total, catro pertencen a distintas asociacións culturais (Grupo de Teatro Charaviscas, Os deslinguados, Petanaporta Teatro e Grupo de Teatro da Asociación Mulleres de Moaña), seis aos diferentes institutos (IES Johan Carballeira, IES María Soliño, Colexio Eduardo Pondal, IES Rodeira, IES As Barxas e IES Paralaia), un de integración DOA Furafollas Teatro mais o grupo convidado, Avelaíña Teatro de Pontevedra. Dentro da programación, a organización destaca o feito de que a metade dos espectáculos están escritos polos mesmos grupos tanto desde a creación colectiva como individual, algo que pon de relevo “a gran afección que hai no Morrazo non só pola interpretación senón tamén pola dramaturxia”.

Máis información:
https://erreguete.gal/2019/04/02/comeza-cangas-x-ciclo-de-teatro-afeccionado-morrazo/

23ª Mostra de Teatro Universitario (MITEU)

A Mostra de Teatro Universitario (MITEU) volve na súa vixésimo cuarta edición, onde se aposta pola diversidade cultural, con piezas de países como México, Chile, Holanda, Costa Rica, Portugal ou Nicaragua, e pola inclusión social, coa obra “A pele que há en mim”, da compañía lusa Armazém Aério.

Nesta nova edición, A MITEU adentrarase na cidade con espectáculos de calle onde se mistura o circense coa danza e a interpretación. O primeiro fin de semana do ciclo (27-28 de abril), a praza de San Martiño acollerá diversas representaciones de circo.

As pezas teatrais non so son de carácter universitario, senon tamén profesional -aproximadamente, un tercio da programación- para que os novos actores podan convivir con eles e incluso ver os seus procesos. As creacións galegas terán unha ampia representación, como en cada edición. Ademáis da Aula Universitaria de Ourense, na Miteu tamén participan a de Vigo, Santiago e Lugo, aparte de outras compañías da comunidade. No referente aos estilos, haberá pezas clásicas, así como apostas máis “arriscadas”.

Máis información:
https://www.laregion.es/articulo/ourense/la-miteu/20190401212013863532.html

X

Únete á Comunidade

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional e/ou xestor cultural!