VI Concurso de Teatro Breve TESTEATRO

Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo

A Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo (MOTESMO) convoca o VI Premio de Teatro Breve Testeatro, correspondente á XXIV edición de 2020. O premio está aberto a todo o alumnado de secundaria e bacharelato entre 12 e 18 anos que concursará en dúas categorías:

  • Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO
  • Alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e ciclos.

As obras estarán escritas en galego e terán unha extensión mínima de 2 e máxima de 5 páxinas. O tema do texto presentado é libre. Os tres mellores traballos de cada categoría serán premiados cun agasallo conmemorativo e a súa publicación conxunta nun caderno editado pola organización da Mostra en colaboración da erregueté (Revista Galega de Teatro). Ademáis, as obras gañadoras poderán ser representadas polos grupos de teatro participantes na Mostra na edición seguinte á do premio.

Os textos faranse chegar, ben individualmente, ben a través do centro ao que o alumno/a pertenza, a través de correo postal ou electrónico, ao centro organizador da mostra:

 IES Plurilingüe A Paralaia 
O Redondo s/n. 36950 Moaña, Pontevedra.
Telf: 886 120 354
teatroparalaia@gmail.com

O prazo para presentar os textos no IES A PARALAIA remata ás 24 h do día 27 de marzo de 2020.

FTMC – Boletín informativo #2

Boletín 2 Fondo Teatra María Casares

Nesta segunda entrega do Boletín Informativo continuamos recomendando algúns libros de teatro dirixidos fundamentalmente ao profesorado de ensino primario e secundario que se poderán atopar nos andeis da Biblioteca Pública Central de Cangas onde está ubicado o FTMC.

Os libros comentados son O lobo e a lúa de Andrea Bayer Lloves, III Premio de Teatro Breve Testeatro e Me gusta hacer teatro 1 e 2 de Franco Passatore, Cristina Lastrego e FrancescoTesta

Ler máisFTMC – Boletín informativo #2

Aberto o prazo para a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2020

Auditorio Manuel María do Carballiño

Como tódolos anos Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a XIII edición da Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” a celebrar no Carballiño entre o abano dos días 3, 10, 17, 24, 31 de Outubro e 7 de Novembro de 2020, ás oito e media da tarde.

Cada grupo seleccionada percibirá a cantidade de 700 euros pola súa actuación, e os socios da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), 800 euros.

Seguirá existindo o Premio Tiruleque, que se outorgará -a criterio da organización- ó mellor grupo teatral participante. Este premio, que non ten contido económico, consiste na contratación directa do grupo gañador para a futura XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2021, sen ter necesidade de pasar pola escolma do Xurado cualificador.

As obras presentadas deben estar interpretadas no idioma galego e ter unha duración de 60 minutos como mínimo, e de 90 minutos como máximo.

As Bases teñen novidades con respecto ás do pasado ano, e o prazo para presentar os traballos remata o 10 de xuño de 2020.

X

Únete á Comunidade

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional e/ou xestor cultural!