BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
METHOD:PUBLISH
CALSCALE:GREGORIAN
PRODID:-//WordPress - MECv6.1.0//EN
X-ORIGINAL-URL:https://mundoescenico.gal/
X-WR-CALNAME:Mundo Escénico
X-WR-CALDESC:A túa comunidade das Artes Escénicas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
X-MS-OLK-FORCEINSPECTOROPEN:TRUE
BEGIN:VEVENT
CLASS:PUBLIC
UID:MEC-70fcb77e6349f4467edd7227baa73222@mundoescenico.gal
DTSTART:20190725T000000Z
DTEND:20190728T000000Z
DTSTAMP:20190709T000000Z
CREATED:20190709
LAST-MODIFIED:20190709
PRIORITY:5
TRANSP:OPAQUE
SUMMARY:XXXV Festival Intercéltico do Morrazo
DESCRIPTION:\nO festival, organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 25, 26 e 27 de xullo, e contará nesta edición co patrocinio de Mahou e da Deputación de Pontevedra.\n\n\nO FIM comezará o xoves 25 de xullo ás 19.30 h. co desfile e posterior actuación dos grupos folclóricos de Moaña: Gaiteiros de Moaña, Acf Solaina Moaña, Breogán de Moaña, Moañesa de Música e Danza, Asociación Cultural e folclórica Charaviscas e a AFCX Meiramar-Axóuxeres.\n\n\nO xoves 25 ás 22.30 h. subirá ao escenario Habelas Hainas, un exemplo do novo trad e folk galego, onde as mulleres van ocupando, cada vez máis, o protagonismo que lexítimamente lles corresponde, inaugurando unha edición cunha alta presenza de artistas femininas. Será entón o turno da banda escocesa Talisk, Banda Folk do Ano 2017 nos BBC Alba Scots Trad Music Awards e o premio BBC Radio 2 Folk, entre outros galardóns.\n\n\nO venres 26 de xullo ás 22.00 h. será o turno das tamén escocesas Kinnaris Quintet, que o pasado ano cautivaron ao público co lanzamento do seu álbum debut, Free One. A continuación actuarán Tanxugueiras, que con máis de 50 concertos no 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, xa son un referente da música tradicional galega.\n\n\nO sábado 27 ás 22.00 h. Anxo Lorenzo, recentemente premiado como mellor artista nos Premios Opinión da música de raíz, presentará o seu novo álbum Vortex, un concerto con moitas sorpresas onde o gaiteiro moañés tamén fará un percorrido polos seus anteriores traballos discográficos. Pechará esta XXXV edición, Sharon Shannon, a revelación da música tradicional irlandesa dos últimos tempos: a que máis discos ten despachado codeándose nas listas de éxitos con fenómenos do pop e do rock e alzándose con todo tipo de galardóns para a súa música e a súa carreira.\n\nNon faltará nesta edición a Mostra de instrumentos tradicionais, cunha morea de actividades, na carpa do paseo marítimo.\n
URL:https://mundoescenico.gal/eventos/xxxv-festival-interceltico-do-morrazo
ORGANIZER;CN=Concello de Moaña:MAILTO:
CATEGORIES:Folclore,Música
LOCATION:Palco da Música de Moaña, Moaña, España
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://mundoescenico.gal/wp-content/uploads/2019/07/FIM_2019.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR
