32 m2 - Unha traxicomedia confinada - Butacazero

32 m2 – Unha traxicomedia confinada – ButacaZero

Presentación

32m2 é unha peza de teatro do absurdo: do absurdo no que comezamos a vivir no mes de marzo de 2020 que cambiou as nosas vidas xa para sempre. Un absurdo no que as Curvas, o Medo e a Morte ocupan cada vez máis espazo entre as paredes das nosas vidas. “32m2 é un enredo co que todo o público se poderá sentir identificado, pois todos mercamos un chisco máis de papel hixiénico do habitual , todas aplaudimos puntuais ás 20h, e finalmente acabamos por descubrir a merda que tiñamos debaixo das propias alfombras”.

Sinopse

Xan e Mar viven tranquilamente a súa vida antisistema no seu pequeno piso de 32m2. Mar traballa todo o día fóra da casa e Xan limpa, cociña, frega, vai ao supermercado, e, de tanto en tanto, le o seu xornal favorito: un do 2003. Pero un día, o mundo esmendréllase. Xan fica atrancado na claraboia e no supermercado non hai papel hixiénico. A xente di que é todo culpa dun Virus. Pero quen se fía da xente? É todo tan raro que non lles queda máis remedio que poñer a tele, agochada quen sabe onde dende quen sabe cando. Nada máis prendela, o Presidente dá unha nova inclasificable: está prohibido ir a traballar. Mar non dá creto: por fin un Presidente que entende á clase traballadora! Xan non dá creto: dende cando á súa muller lle gusta o que di o Presidente? E sobre todo: por que agora lle gusta o Presidente?

Ficha técnica/artística

  • Texto: Esther F. Carrodeguas
  • Dirección: Xavier Castiñeira e Esther F. Carrodeguas
  • En escena: Nuria Gullón e Xurxo Cortázar
  • Música orixinal: Rodrigo Cuevas
  • Escenografía e iluminación: Beatriz de Vega
  • Vestiario: Alicia Root
  • Coreografía: Beba Gayoso
  • Axudante de dirección: Anxo Outumuro
  • Construción: José Faro “Coti”
  • Comunicación: The Office Comunicación

Unha produción de ButacaZero co apoio da: Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta de Galicia (Agadic)
Coa colaboración especial de: Gadis e Reizentolo

 

Duración: 80 minutos
Idiomas: Galego
Público: Tódolos públicos

Data

09 Abr 2021
Caducado!

Hora

20:30

Etiquetas

Teatro absurdo,
Teatro cómico

Localización

O Barco de Valdeorras - Teatro Lauro Olmo
Avenida da Estación 2, O Barco, España
Categoría

O Tempo

Possible Light Rain
12 °C
Vento: 4 KPH
Humidade: 1 %
Visibilidade: 15 KM
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!