Cartel de As virxes salvaxes de Teatro do Noroeste

As virxes salvaxes de Teatro do Noroeste

As virxes salvaxes é unha comedia de Eduardo Alonso sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma. De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.

Reparto

  • Elina Luaces (Actriz no papel de Maruxa)
  • Luma Gómez (Actriz no papel de Lourdes)
  • Rosa Álvarez (Actriz no papel de Carmiña)
  • Imma António (Actriz no papel de Doutora)
  • Ana Santos (Actriz no papel de Adela)
  • Manuela Varela (Actriz no papel de filla)
  • Miguel Pernas (Actor no papel de Saturio)
  • Fernando González (Actor no papel de Bernardo)

Deseño de escenografía e vestiario

  • Equipo Taetro

Produción e deseño gráfico

  • Eva Alonso

Iluminación e dirección

  • Eduardo Alonso

Data

29 Feb 2020
Caducado!

Hora

20:30

Etiquetas

Teatro cómico

Localización

Viveiro - Teatro Pastor Díaz
Rúa Constanza de Castro, 19, 27850 Viveiro, Lugo
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!