Cartel Crónicas dunha heterosexual insatisfeita

Crónica dunha heterosexual insatisfeita – Verdeverás Expresións Artísticas

Unha creación de María Ángeles Iglesias producida por Verdeveras Expresións Artísticas en coprodución co Centro Dramático Galego.

Sinopse

Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais en ningún libro de historia, descobre que se está a facer vella, e que se non muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento. Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro, para recoñecer cales son os seus desexos e as súas motivacións nunha etapa de balances vitais; pero logo verémola transformarse, como unha eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e se bota a voar, espléndida, por primeira vez.

“Crónica dunha heterosexual insatisfeita” convídanos a reflexionar sobre normas ou parámetros pre establecidos que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas. Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías dunha muller que se anima a probar algo diferente, a “ser” da maneira máis completa e diversa posible reivindicando o seu dereito ao pracer.
En tanto creación artística, a intención é poñer luz sobre iso que está oculto, conmover e xerar espazos para a reflexión coa contundente ferramenta do humor.

Equipo

  • Anabell Gago (asistencia de dirección)
  • Octavio Mas Ibañez (escenografía e iluminación)
  • Tato Lopez (música orixinal)
  • Deseño gráfico: Lorena Conde
  • Fotografía: Inés Salvado Gontad
  • Ilustradoras: Xoana Alvarez Martin, Raquel Germade, Alejandra Lorenzo Lorena, Rebe Cierto, Cristiana G.Cao
Duración: 60 minutos
Idiomas: Galego
Público: Adultos

Data

19 Mar 2021
Caducado!

Hora

20:30

Etiquetas

Teatro profesional

Localización

Narón - Pazo da Cultura
Urbanización Ciudad Europa, Calle Holanda, 15570 Narón, A Coruña
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!