Despois das ondas – Butacazero

Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.

A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?

Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.

EN ESCENA: Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is.
ESPACIO ESCENICO: Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega
TALLER E CONSTRUCCIÓN: José Faro “Coti”
VESTIARIO: Carlos Pinilla
ILUMINACIÓN: Javier Quintana
CINEMA EN DIRECTO: Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo)
DRAMATURXIA: Ernesto Is
GUIÓN ADAPTADO: Xavier Castiñeira e Ernesto Is
DESEÑO GRÁFICO: Esmera Marketing Dixital e Alltogether Desing
PRODUCCIÓN: Esther F. Carrodeguas
AXUDANTE DE DIRECCIÓN: Ernesto Is
DIRECCIÓN : Xavier Castiñeira

Data

03 Out 2020
Caducado!

Hora

22:00

Localización

Tomiño - Auditorio de Goián
Av. Pío Troncoso, 90, 36750, Pontevedra, España
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!