Doce Uvas, dúas mulleres e unha oliva - Olivas Negras

Doce Uvas, dúas mulleres e unha oliva – Cía. Olivas Negras (ESTREA)

Sinopse

Chegan as próximas badaladas de fin de ano. Atopámonos ante un espello no que mirarse, cuestionarse, quererse… Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino. Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica – subversiva, no que o espectador terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva que queda no prato.

Ficha técnica/artística

  • Autoría e dirección: Marián Bañobre
  • Axudante de dirección: Laura Porto
  • Escenografía e deseño de iluminación: Beatriz de Vega
  • Deseño de son: Marián Bañobre, Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez
  • Vestiario: Cecilia Vázquez
  • Confección de vestiario: Marcos Carrera
  • Música: VV.AA.
  • Coreografía: Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez
  • Elenco artístico: Sonsoles Cordón e Cecilia Vázquez
Duración: 80 minutos
Idiomas: Galego
Público: Adultos

Data

21 Nov 2020
Caducado!

Hora

20:30

Etiquetas

Teatro contemporáneo

Localización

Vigo - Auditorio Municipal
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra, España
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!