Dona Barriga Verde en Dombate

Sinopse:

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás encarando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.

Dona Barriga Verde integra elementos do Barriga Verde galego, creado por José Silvent a principios do século XX, con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas como son o Dom Roberto portugués, o Pulcinella italiano ou o Punch&Judy inglés entre outros.

EQUIPO ARTÍSTICO E TÉCNICO

  • Actriz/titiriteira: Larraitz Urruzola
  • Dirección: Santi Prego
  • Deseño do retablo, caracterización pictórica dos títeres: Kukas
  • Talla en madeira e atrezzo: Borja Insua
  • Vestiario: Bety Busto
  • Fotografía: Kukas
  • Vídeo: Pixelín Photo
  • Deseño gráfico: Heitor Real
  • Colaboración atrezzo: Pepe Penabade
  • Colaboración palleta: Monica Fraga e Che Vazquez.
  • Agradecementos a Malvela e a Chouteira polas cancións O pirimpimpim e o Ghai Ghai.


Medidas do retablo:
Ancho 1m/Fondo 1m. Alto: dependendo do espazo. 1,65m/2,40m/2,70m


ESTREA FESTIVAL TITIRIBERIA 11/11/2018
https://praza.gal/cultura/o-festival-titiriberia-revisa-este-ano-o-rol-feminino-nos-monicrequesCoa colaboración da A. C. Morreu o Demo, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ESAD, do Centro Sociocultural de Conxo en Santiago.

 PRAZA 19/11/18/ Montse Dopico https://praza.gal/cultura/titiriberia-ou-como-renovar-non-sen-dificultades-e-algunha-contradicion-a-tradicion-do-teatro-de-cachaporra

“Dona Barriga Verde non permite que ninguén lle diga que debe facer coa súa vida. Nin o namorado que di “non poder separarse” dela “nin un segundo”. Nin o crocodilo que pretende papala. Nin a morte. Nin o xuíz. A todos despacha a porradas, como sempre fixo o seu referente masculino, o tradicional personaxe de Barriga Verde. Así é a monicreque que a titiriteira Larraitz Urruzola presentou na III edición do festival Titiriberia. Unha Dona Barriga Verde que lle dá a volta aos estereotipos sobre as mulleres que reflectía o teatro tradicional de cachaporra. “

 14 – XORNAL RAIGAME núm. XV 17 de Maio de 2019 http://www.raigame.gal/wp-content/uploads/xornais/xornal-raigame-2019-.pdf

Larraitz Urruzola, artista e creadora de propostas escénicas para público familiar dende 1989, leva trinta anos de percorrido por varias compañías profesionais de títeres de Galicia, onde amosou gran versatilidade artística e capacidade de conexión e comunicación co público, así como o seu dominio de varias técnicas de manipulación de monicreques.

PARTICIPACIÓN EN FESTIVAIS:

  • Estrea Festival Titiriberia –Teo (A Coruña) 11/11/2018
  • Fest Etnolóxico Raigame-Vilanova dos Infantes (Ourense)- 17/05/19
  • FIT Redondela (Pontevedra)-  19/05/19
  • MITCF Cangas (Pontevedra)- 4 e 5/07/19
  • MIT Ribadavia (Ourense)-22 e 23/07/19
  • Festival titeres de O Carballiño (Ourense)- 20/08/19
Público: Tódolos públicos

Data

26 Set 2020
Caducado!

Hora

18:00

Máis Información

Ler máis

Etiquetas

Contacontos,
Monicreques,
Teatro infantil,
Teatro profesional,
Títeres

Localización

Cabana de Bergantiños - Dolmen de Dombate
15119 Dombate, A Coruña, España
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!