Dúas donas que bailan – Teatro do Atlántico

Introdución

Dúas donas que bailan imos transitando polas duras paisaxes que conforman a sociedade contemporánea: a soidade na vellez, o
desencontro xeracional, a especulación inmobiliaria, o Alzeimer, o suicidio, a violencia no fogar; a amizade; os soños da infancia….. Todo adobiado cun humor malvado; un humor que mestres como Benet i Jornet adoitan manexar doadamente.
Asuntos e emocións que van conformando a complexa paisaxe na que se desenvolve esta fascinante traxicomedia.
E a tenrura invádenos.

Sinopse

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, para a que só lle falta un exemplar, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos, cos que non mantén moi boa relación, e tamén da axencia inmobiliaria propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda.
A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana.
A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario non ten nada que envexar se o comparamos co da vella, outrora unha muller rebelde e activista.
A presenza desta muller non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces cómico “toma e daca”, que vai evolucionando sorprendentemente a cada instante.

Ficha técnica/artística

Autor: Josep Mª Benet i Jornet
Tradución: Aleixandre Lago
Espacio escénico: Antonio F. Simón
Vestiario: Susa Porto
Deseño de Iluminación: Xúlio Lago/Antonio F. Simón
Fotografía/deseño cartel/grafismo: Tino Viz/Margen
Técnicos de Escena: RTA
Directora Axudante: Esther Carrodeguas
Dramaturxia e Dirección Xúlio Lago

Intérpretes
MARÍA BARCALA / MARÍA ÁNGELES IGLESIAS

Idiomas: Galego
Público: Adultos

Data

20 Nov 2020
Caducado!

Hora

21:00

Localización

Neda - Auditorio Casa Cultura
Avda. Algeciras, 61, 15510, Neda, A Coruña
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!