HELENA Xuízo a unha lurpia – Teatro do Atlántico

Nese espazo no que a nosa memoria a converte en INMORTAL, atopámonos con Helena de Troia, “a bela Helena”, a filla de Zeus e Leda, a esposa de Menelao, a amante de Paris. Estamos no século XXI. Helena xa non é “a bela Helena”, senón unha muller con certos signos que nos falan do implacable paso do tempo; malia iso mantense posuidora dunha enerxía desbordante, habitando nunha especie de tobogán emocional transitado polos intensos episodios da súa travesía vital, na que se mesturan a dor da nena violada por Teseo coa dor da esposa obrigada por Menelao; a paixón da amante namorada do fermoso Paris, co desafío e o rancor para con Zeus, o seu divino pai; a ironía ao redor de moitos dos seus contemporáneos –Aquiles, Ulises–, coa impotencia diante da crueldade da guerra…….

Ficha técnica

Autor: Miguel del Arco
Tradución: Inma L.Silva
Escenografía Antonio F.Simón
Vestiario: Susa Porto
Música e espazo sonoro Anxo Graña
Deseño de Iluminación: Xúlio Lago
Fotografía e deseño cartel Tino Viz/Margen fotografía
Profesora de canto Pilocha
Axudante Dirección Lucía Regueiro
Dirección Xúlio Lago

Helena é interpretada por María Barcala

Público: Adultos

Data

01 Out 2020
Caducado!

Hora

20:30

Localización

Santiago - Salón Teatro
Rúa Nova, 34, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!