IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER - Compañía Humana

IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER

Presentación

O espectáculo é un monólogo que obtivo varios premios tanto en Reino Unido como en España (mellor texto, mellor espectáculo revelación, mellor actriz protagonista). O título é IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER, unha crítica aos recortes nos servizos públicos, sobre todo na sanidade, que fai un paralelismo entre o mito clásico de Iphigenia e unha rapaza de barrio actual.

Sinopse

Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos.. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

Ficha técnica/artística

  • Interpretación: ALBA CANEDA
  • Dirección escénica: SARA REY SEOANE
  • Espazo escénico: AS DÚAS E PUNTO
  • Iluminación: AS DÚAS E PUNTO
  • Vestiario: COMPAÑÍA HUMANA
  • Espazo sonoro: MARCOS GRANDAL
  • Texto orixinal: GARY OWEN
  • Tradución ó galego: COMPAÑÍA HUMANA
  • Adaptación: FRAN PELETEIRO e ALBA CANEDA
Duración: 75 minutos
Idiomas: Galego
Público: Adultos (12+)

Data

01 Xuñ 2023
Caducado!

Hora

16:30

Máis Información

Ler máis

Etiquetas

Teatro cómico,
Teatro contemporáneo,
Teatro dramático,
Teatro interactivo,
Teatro profesional,
Teatro tráxico

Localización

Santiago - Teatro Principal
Rúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!