LEIRA – Nova Galega de Danza
PREMIO DO PÚBLICO MIT RIBADAVIA 2020
O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.
Ficha técnica
- Unha produción de: Nova Galega de Danza
- Dirección artística: Jaime Pablo Díaz
- Coreografía: Iker Gómez
- Bailaríns: Ivan Villar, Estefanía Gómez, Inés Vieites, Pablo Sánchez (Covers: Ricardo Fernández, Uxía Rivas e Cesar Louzán)
- Escenografía: Jaime Pablo Diaz
- Composición musical:
- Sergio Moure de Oteyza
- Voz e música en directo: Rosa Cedrón
- Voces: Aida Tarrío
- Percusións: Miguel Anxo López
- Deseño e iluminación: Antón Cabado
- Vestiario: Erica Oubiña
- Son: Alberto Beade
- Fotografía dossier: Rubén Marta Ruso
- Prensa e distribución: Kandengue Arts
- Patrocinador: Vegalsa Eroski
Duración: 60 minutos