28 Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT Carballo)

Desde o vernes 27 de setembro ao vernes 1 de Novembro Carballo será a capital do teatro de Galicia gracias á celebración do Festival Internacional Outono de Teatro, que este ano chega a súa vixésima oitava edición.

O evento, que terá lugar en diferentes espazos da vila, como o Pazo da Cultura, rúas, prazas ou locais comerciais e hosteleiros de Carballo, reunirá a compañías como La Zona, que representará a obra La Golondrina interpretada pola actriz Carmen Maura e o actor Dafnis Balduz, Contraproducións e Focus, que estrenará en exclusiva a obra O Electo, a compañía Kamikaze Producciones que levará a escena a peza Jauría ou Undodez Producións que presentará a obra Fariña, cun elenco formado por Xosé Antonio Touriñán, María Vázquez, Cris Iglesias, Marcos Pereiro e Sergio Zearreta.

Entre os moitos actos paralelos do festival que terán ao teatro como protagonista indiscutible, destaca o Ciclo OTNI, destinado ás novas propostas escénicas, unha nova edición de la Rúa dos Contos, o Teatro de Rúa, que encherá as rúas e prazas da localidade de espectáculos para público de tódalas idades, a iniciativa infantil “O Fiotiño”, as charlas e coloquios cos elencos das compañías no espazo Café con…, unha nova edición do certame de microteatro denominado Metro Cadrado, onde obras experimentais serán representadas en espazos inusuais, e unha nova edición do denominado Fioteen, que reúne propostas específicas para os adolescentes.

 

AXENDA DE PROGRAMACIÓN E ACTIVIDADES DO FIOT 

 

Xoves 26 de setembro

10.00 horas. IES Alfredo Brañas – Por unha peseta, de Apatacón (función escolar)
12.00 horas. IES Monte Neme – Por unha peseta, de Apatacón (función escolar)
16.30 horas. IES Parga Pondal – Por unha peseta, de Apatacón (función escolar)

 

Venres 27 de setembro

18.00 horas. Biblioteca Rego da Balsa – Estrea absoluta de Un conto de michos, de Pedro Brandariz.
19.30 horas. Pazo da Cultura – Noite branca no teatro.
20.00 horas. Praza do Concello – Só, de Xampatito Pato.
21.00 horas. Café Valle Inclán – Estrea absoluta de O océano de dentro, de Xurxo Souto.
22.30 horas. Casino 1889 –  Chola a it girl, de ArtesaCía.
00.00 horas. Pub O Patacón –  Concerto de Blues do País.

 

Sábado 28 de setembro

21.00 horas. Cafetería Colón –  Premios Darwin, de Carmen Conde.
22.30 horas. Cervexaría Beos – Vida e milagres do zume de laranxa, de Tito Rober.
00.00 horas. Mesón do pulpo – Anecdoloxía, de Oswaldo Digón.

 

Domingo 29 de setembro

20.00 horas. Mercado municipal – Os mellores monólogos, de Carlos Blanco.

 

Venres 4 de outubro

10.00h – IES Alfredo Brañas: Acción teatral de Galeatro no instituto
11.00h – Colexio Artal: Acción teatral de Galeatro no centro escolar
12.00h – IES Monte Neme: Acción teatral de Galeatro no instituto
20.00h – Pazo da Cultura: Inauguración da exposición 30 anos de Teatro do Morcego. Homenaxe a Celso Parada.
20.00h – Praza do Concello. OhLimpiadas, de Compañía Sincronacidas
21.00h – Pazo da Cultura. Medida x medida (estrea absoluta), de Producións Teatrais Excéntricas
00.00h – Stars Café Bar: Sexo seguro. Seguro? Seguro!, de Patty Diphusa

 

bado 5 de outubro

12.00h – A Barra Bar: Escola do Espectador. De que falamos cando falamos de crise. Teatro de intervención/teatro de testemuña. Teatro Político, con Camilo Franco
19.30h – Praza do Concello: Calor, de Jean Philippe Kikolas
20.30h – Pazo da Cultura: Medida x medida, de Producións Teatrais Excéntricas
23.00h – Mercado municipal: Trópico de Covadonga (estrea en Galicia), de Rodrigo Cuevas

 

Domingo 6 de outubro

13.00h – Cervexaría La Bombonera: Casandra, concerto de MJ Pérez
20.30h – Pazo da Cultura: Control freak (estrea en Galicia), de Kulu Orr

 

Venres 11 de outubro

21.00 horas. Pazo da Cultura – Juguetes rotos, de Producciones Rokamboleskas

 

bado 12 de outubro

13.00 e 13.30 horas. Casino 1889. Sorpresa, de Enconarte Producciones
13.00 e 13.30 horas. Estudio de arte Garabaro. Invisíbel, de Catro Gatos Teatro
19.00 e 19.30 horas. Casino 1889. Sorpresa, de Enconarte Producciones
19.00 e 19.30 horas. Estudio de arte Garabaro. Invisíbel, de Catro Gatos Teatro
19.30 horas. Praza do Concello. DistanS, de Vol’eTemps
21.00 horas. Café bar Ranqui. A volta dos contos, de María da Pontragha
22.30 horas. Bulevar Music Café. Comedia improvisada, de 3 Patas
00.00 horas. A Barra Bar. Monólogo, de Federico Pérez.

 

Domingo 13 de outubro

20.30 horas. Pazo da Cultura. Jauría, de Kamikaze Producciones

 

Xoves 17 de outubro

19.00 horas – Pazo da Cultura. Pase gráfico e presentación á prensa de Chicas y chicos, de El Sol de York.
21.00 horas – Pazo da Cultura. Café con… Chicas y chicos. Encontro co público no auditorio.

 

Venres 18 de outubro

21.00 horas – Pazo da Cultura. Chicas y chicos, de El Sol de York (estrea absoluta).

 

bado 19 de outubro

12.00 horas – A Barra Bar. Escola do espectador: Documentos teatrais, teatro documental.
13.00, 13.30 horas, 19.00 e 19.30 horas – Mercado municipal. Corazón, de Iria Sobrado (estrea absoluta).
18.00, 18.30, 19.00 e 19.30 horas – Beni Barbería e Perruquería. Margarita, de Teatro en punto.
20.30 horas – Pazo da Cultura. Todas hieren y una mata, de Ay Teatro (estrea en Galicia).

 

Domingo 20 de outubro

20.30 horas – Pazo da Cultura. La Golondrina, de LaZona.

 

Venres 25 de outubro

19.00 horas – Pazo da Cultura. Presentación e lectura dramatizada de Habitada, de Olivia Pena.
21.00 horas – Pazo da Cultura. O electo, de Contraproducións, Focus e FIOT (estrea absoluta)

 

bado 26 de outubro

12.00 horas – A Barra Bar. Escola do espectador. Vida común. A memoria non é un documento, con Camilo Franco.
13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas – Lavadoiro municipal. Soas lavan, de Tumkumpás teatro (estrea absoluta).
13.00, 13.30, 19.00 e 19.30 horas – Mercería e paquetería Pilar María. O silencio das tartarugas, de María Dobronich (estrea absoluta).
20.30 horas – Pazo da Cultura (salón de actos). Conservando memoria, de El Patio Teatro (estrea en Galicia).
20.30 horas – Pazo da Cultura (auditorio). O electo, de Contraproducións, Focus e FIOT.

 

Domingo 27 de outubro

20.30 horas – Pazo da Cultura. Hamlet, da Companhia do Chapitô (estrea en Galicia).

 

Xoves 31 de outubro

21.00 horas – Pazo da Cultura. A.K.A (Also Known As), de Flyhard Produccións

 

Venres 1 de novembro

21.00 horas – Pazo da Cultura.
Entrega do galardón Xograresa de Outono a Patricia de Lorenzo.
De seguido, inicio da representación de Fariña, de Undodez Producións.

Data

27 Set 2019 - 01 Nov 2019
Caducado!

Hora

Todo o día

Máis Información

Máis Información

Etiquetas

Animación de rúa,
Contacontos,
Teatro absurdo,
Teatro cómico,
Teatro interactivo

Localización

Carballo
Carballo, A Coruña, España
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!