Cartel 4 segundos de Compañía IO

Catro segundos de Compañía IO

4 segundos foi o tempo que lle levou a ese montón de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se convertiron en minutos. Uns segundos que, nesta ocasión, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluíuse para deixar o protagonismo a un corpo áxil e resolutivo. Esta peza fala de accidentes, de risco, de vida e de autocoñecemento4 segundos recórdanos o animal que todos levamos dentro. Ese animal que, en ocasións, pode chegar a salvarnos a vida.

Sobre o escenario e no medio dunha néboa densa aparécensenos dúas figuras humanas. Ela tumbada sobre él, no chan. Pouco a pouco ambos recuperan a súa vitalidade e con ela aparece o movemento. Sen embargo hai algo extraño nas súas miradas. Xa nunca volverán ser os mesmos. Acaban de vivir sen dúbida unha experiencia trascendental que lles cambiará a vida.

A peza, que fala de risco, de vida e de autocoñecemento a través das linguaxes da danza e a acrobacia está representada polos actores Bea Rubio e Álvaro Reboredo Fitinho e o músico Javier Lemus.

 

Data

06 - 08 Mar 2020
Caducado!

Hora

20:30

Etiquetas

Acrobacias,
Danza contemporánea,
Música electrónica,
Novo circo

Localización

Santiago - Salón Teatro
Rúa Nova, 34, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!