Cartel de Casa O'Rei de Ibuprofeno Teatro

Casa O’Rei de Ibuprofeno Teatro

Un espectáculo escrito e dirixido por Santiago Cortegoso con Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Teté García, Víctor Mosqueira e Xosé M. Esperante.

Sinopse: Manolo Rei, vello e enfermo, prepara un cocido e reúne a familia. A comida sempre é unha escusa. Desta vez para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sáelle cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, acedo e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e adobada con fel. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes axeitados para elaborar as receitas da súa vida.

Con “Casa O’Rei”, Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía gastronómica, xunto con “O furancho” e “Raclette”. Este texto de Santiago Cortegoso propón un xogo escénico e dramatúrxico a partir do “Rei Lear” de W. Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega.

Premios: Mellor Montaxe (escenografía, vestiario, luz e espazo sonoro) no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro 2018, Mellor Actor Protagonista (Miguel Borines) XIII Premios de Teatro María Casares, Mellor Música Orixinal (Alonso Caxade) XIII Premios de Teatro María Casares

Data

07 Mar 2020
Caducado!

Hora

20:30

Localización

Ponteareas - Auditorio Reveriano Soutullo
Rúa Doctor Fernández Vega, s/n, 36860 Ponteareas, Pontevedra
Categoría
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!