Festas do Nadal – Moaña

Un ano máis o Concello de Moaña organiza actividades para as Festas do Nadal. Todo tipo de eventos para gozar en familia destas datas tan sinaladas.

Xoves 5 de decembro

18h – Praza do Concello
Concerto de acendido das luces do Nadal – Alumnado da Escola Municipal de Música

Sábado 14 de decembro

19h – Auditorio do Centro Cultural Daniel Castelao
Certame Cantos de Nadal do Coro Ondas da Ría

Venres 20 de decembro

18h – IES As Barxas
Festival de Nadal da Escola Municipal de Música

Sábado 21 de decembro

18h – Praza do Concello (se vai mal tempo, no patio cuberto do colexio de Reibón)
Rechouchío musical “Alegría!” – Rebumbio Producións e Sérgio Tannus

Domingo 22 de decembro

17-18:30h – Alto da praza de abastos
Actividades para a rapazada: maquillaxe, obradoiros de adornos de Nadal e xogos

18:30 – CEIP Reibón
Concerto Panxoliñas coa Coral Moañesa e Orfeón Moaña

Luns 23 de decembro

17h- Parque infantil da praza de abastos
Chegada do Apalpador desde O Caurel con landras e música

Martes 24 de decembro

16:30-19h – Alto da praza
Recepción de Papá Noel: actividades infantís, photocall, xogos e nevada de Nadal

18:30h – Centro urbano
Ruada de Noiteboa da Charanga Moita Marcha

Venres 27 de decembro

18h – Praza do Concello (se vai mal tempo, no patio cuberto do colexio de Reibón)
Rechouchío musical – Concerto de Nadal de Chuches Amil

Domingo 29 de decembro

17:30h – Carpa do adro da Peregrina
Festa de Fin de Ano para rapazada con música e xogos

Luns 30 de decembro

19h – Salón de Plenos da Casa do Concello
Cine familiar de Nadal: Dumbo

Martes 31 de decembro

11:00-13:00h – Praza do Concello
Prebadaladas de Fin de Ano e actividades para a rapazada

Xoves 2 de xaneiro

19h – Salón de Plenos da Casa do Concello
Cine familiar de Nadal: El Grinch

Venres 3 de xaneiro

18h – Praza do Concello (se vai mal tempo, no patio cuberto do colexio de Reibón)
Rechouchío musical – Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc

Domingo 5 de xaneiro

17h – Saída do peirao da Mosqueira
Gran cabalgata dos Reis Magos

19h – Praza do Concello (se vai mal tempo, no pavillón da Xunqueira)
Recepción das súas maxestades con inchables e cabalos de Adoc para a rapazada

 

 

Data

03 - 05 Xan 2020
Caducado!

Hora

Todo o día

Localización

Moaña
Moaña, Pontevedra, España
X
Código QR

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!