Cavort Teatro

Webhttp://cavorteatro.blogspot.com/
Compoñentes
  • Cristina Andreetti (actriz)
  • Brian Reyes (actor)
  • Margarita Castro (actriz)
  • Reyes López (actor)
  • Ricardo Jiménez (actor)
  • Beatriz Lorenzo (actriz)
  • Sandra Martínez (actriz)
  • Borja Salgado (dirección)
  • Pablo David Villar (dramaturxia)
Historia

Cavort teatro nace o 7 de Xullo de 2017 por unha idea xurdida do corazón e a cabeza dos actores Cristina Andreetti e Brian Reyes. Desde o comezo únense ao proxecto Margarita Castro e Reyes López como actrices e Pablo David Villar como dramaturgo. 

A súa primeira obra foi unha versión de "...e din que chove" realizada en A regadeira de Adela en 2017. En 2018 únense ao equipo Carlos Cao e Ricardo Jiménez como actores. E realizan a obra propia "Baixa tempada" na sala Agustín Magán e no CSC do ensanche. A finais de 2018 actúan coa mesma obra na programación de Boas noites do concello de Santiago de Compostela.

En 2019 únense ao equipo Beatriz Lorenzo e Sandra Martínez como actrices e Borja Salgado como director asociado. E realizan outra obra propia titulada "Güeiting for CV", actuando na sala Agustín Magán, en A regadeira de Adela, no festival Pataca minuta do Matadoiro e no centro cultural de boimorto. A compañía actualmente está formada polos actores Bea, Cristina, Marga, Reyes, Ricardo e Sandra coa colaboración na dirección de Borja e de Pablo na dramaturxia.
   
O día 15 de febreiro del 2020 actúan dentro do festival San Pedro sen paredes coa súa nova obra "ausencias" escrita por todo o grupo de actores e actrices sobre unha idea de Pablo David Villar.

O vernes 31 de xullo de 2020 fan dúas sesións da obra "ausencias" dentro dos XX años de FEGATEA. 
 
Ahora este equipo de 6 actores avanzan cara a novos retos e proxectos. Cunha gran ilusión e amor polo teatro.
Facebookhttps://www.facebook.com/cavorteatro
Instagramhttps://www.instagram.com/cavort.teatro/
YouTubehttps://www.youtube.com/channel/UC8oW…Rjsg/
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!