De Ste Xeito Producións

Neura

Data de estrea: 19/04/2024
Non se atoparon valoracións
Teatro
Neura - De Ste Xeito Producións

Presentación

A saúde mental é a primeira preocupación sanitaria da poboación, por diante do cancro, da covid ou do estrés. Pasamos sen decatarnos da ocultación á exhibición.

Medicámonos con ansiolíticos, té matcha, herbas diversas ou pílulas homeopáticas. Acudimos a terapias de todo tipo: saltamos da psicanálise aos cuncos tibetanos, coaches motivacionais, constelacións familiares ou retiros espirituais. Todo vale para acadar a paz mental. Hai mesmo quen lle
colle o gusto ao asunto e remata por converterse tamén en terapeuta.
Os trastornos mentais democratizáronse: Todos estamos tolos. Pero de que nos preocupamos exactamente? Depresión, esquizofrenia, neurose? Son nomes que asustan e esixen un tratamento serio. Pero a miúdo non é iso o que nos aflixe, senón algo máis cotiá: As nosas pequenas neuras. Esas coas que convivimos e que xa son da familia,, que nos amargan a existencia, pero nos resistimos a perder porque sen elas deixariamos de ser quen somos.

Poderiamos chamalas enfermidades? Onde está o límite? Doutra banda, por que debería tratarme a miña pulsión por evitar as escaleiras e os gatos negros mentres Iberia elimina a fila 13 dos seus avións?
Neuras, teimas, manías… nosas e dos seres da nosa contorna: eliximos presentalas neste espectáculo coma unha celebración das diferenzas, nunca como un estigma social.

Sinopse

Neura é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos.
Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras.

Ficha técnica/artística

  • Dirección e dramaturxia: Manuel Pombal
  • Elenco: Sergio Macías y Stephy Llaryora
  • Deseño de escenografía y e vestiario: Carlos Alonso
  • Deseño de iluminación e técnico en xira: Jorge Ramos
  • Axudante de produción: Anxo Fernández
  • Asesoramento: María Teresa González Mallo
  • Vídeo: Deica Audiovisual
  • Foto: Serxo Photo
  • Exposición: MJ DC TerraSabi Atelier Creation
  • Produción: De Ste Xeito, Stephy Llaryora, Steve Domínguez y Sergio Macías

 

Duración: 75 minutos
Idiomas: Galego, Castelán
Público: Mocidade (12+)


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!