Escola Galega de Teatro Musical

O Candil. Un musical galego.

Data de estrea: 24/01/2020
Puntuación: 4.25/5 (2 valoracións)
TeatroDanza
O Candil. Un musical galego. - Escola Galega de Teatro Musical

Presentación

A obra “O Candil”, xira arredor do cancioneiro galego. Sabidas por todos, as cancións de comezo do século XX, agochan grandes historias do momento, e pasarán a converterse no primeiro Jukebox (musical de temas existentes) integramente galego. “O Candil”, como espectáculo de cuplé, é unha comedia musical interactiva, sobre tres mulleres moi distintas, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio da mentalidade global. Estamos en 1918, o fin da Gran Guerra deixa a Europa en ruínas. O mundo cambia, a reflexión sobre os erros do pasado revoluciona o mundo laboral, o artístico, o feminino… Cidades como A Coruña, pasan a ser núcleos políticos, artísticos e sociais brillantes. Chega o momento de falar desa Galicia moderna e atrevida, obreira, culta e innovadora, que non tiña medo ó futuro e daba a mellor acollida ás máis diversas personalidades.

Sinopse

Carmela, tras unha longa xornada cargando peixe no porto da Coruña, consegue colarse nunha sala do Pabellón Lino, un famoso teatro de variedades. Vai acompañada da súa amiga Marica, unha atolada tabaqueira. Alí coñecerán a Elvira, sofisticada cupletista que organiza festas clandestinas para as grandes personalidades do momento. Esta, ve nas dúas mulleres boas calidades artísticas e invitaas a participar no seu show. Carmela e Marica acaban aceptando, case perdendo de vista, o propósito oculto que as levou ó teatro.

Ficha técnica/artística

  • Autoría: Sara Fandiño e Lucía Sá
  • Dirección: Rosa Puga Davila e Sara Fandiño
  • Produción: Escola Galega de Teatro Musical
  • Espazo escénico e deseño de atrezzo: José Expóxito Ortiz
  • Deseño de vestiario: María Vázquez
  • Realización de vestiario: Jevaso S.L
  • Espazo sonoro: Lucas López
  • Deseño de iluminación: Antón F. Arias Marsal
  • Técnico de luces e son: Daniel Pais
  • Cartel: Alberto Álvarez
  • Elenco:
    • Sara Fandiño: Elvira Andeira- A Lavandeira
    • Lucas López López / Klaus Martínez- Lolito (Pianista)
    • Lucía Sá: Carmela – A Perricholi
    • Iria Lamas: Marica _ Marica Chus Chus
Duración: 80 minutos
Idiomas: Galego
Público: Tódolos públicos (12+)


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos


Mostrar actuacións pasadas

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!