Cargando...
Ordear por:
Público:
« Anterior 1 2 3 4 … 14 Seguinte »
Dreaming Juliet (2020)
Actualizado o 11/11/2021Dreaming Juliet é un espectáculo da compañía Elefante Elegante dirixido a público adulto que se inspira na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare onde se aborda a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor.- PROTeatro do NoroesteAdultos
Gloria Nacional (2021)
Actualizado o 11/11/2021O encontro de tres mentalidades, a de Uxio, na crise existencial de non retorno, a de Marivel, a xuventude executiva da nova realidade, e a de Carmiña, a sabedoría popular xeran, nesta obra, unha comedia de profundo contido social. Os nenos da varíola (2020)
(2)Actualizado o 11/11/2021Trátase dunha adaptación da novela de María Solar. A cadea humana de nenos expósitos que levaron a vacina da varíola a ultramar lévase a escena por primeira vez da man da Compañía Pérez&Fernández.Nina Ninette (2021)
Actualizado o 11/11/2021Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. Poderá conseguilo?Quixote (2021)
Actualizado o 11/11/2021Un Velocípedo no que vai montado Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que irá montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza. No fondo colgará un pano azul que cubrirá todo o escenario e sobre o que se xogarán as escenas de día ou noite.Feminíssimas (2020)
(1)Actualizado o 11/11/2021Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen 3 maneiras moi distintas de entender o “feminismo”. Unha obra sobre a creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma.Bailar agora (2020)
Actualizado o 01/11/2021Bailar agora é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente social e persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.Libre coma os paxaros (2021)
Actualizado o 01/11/2021"O meu pensamento é libre. El é a lei que rexe o meu destino". "Nada máis que cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos". Rosalía de Castro- PROSésT.P.
Xira "Liberar as arterias" (2020)
Actualizado o 01/11/2021Sés non só segue mantendo a súa valente mensaxe, se non que neste novo traballo poténciaa. Neste novo álbum Liberar as Arterias, Sés percorre América de norte a sur, como non podía ser doutra forma pasado polo seu propio filtro. O Premio (2020)
(1)Actualizado o 01/11/2021O Premio é unha comedia aceda que fala da situación das persoas nun futuro aproximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social é tal, que se ven obrigadas a caer no “Premio” como única fórmula de conseguir a felicidade.