Nelson Quinteiro Producciones

Barullo

Data de estrea: 07/08/2021
Non se atoparon valoracións
TeatroMúsicaDanza
Barullo - Nelson Quinteiro Producciones

Presentación

En Barullo! achegámonos á linguaxe do clown creando un “gaiteiriño” moi cómico, que mestura as artes do paiaso co vestiario, identidade e recursos da música galega. E con moito ritmo! Pois non faltan os ritmos esenciais da tradición musical galega como a xota, o pasodoble, a rumba, a pandeirada e, como non, a muiñeira. Cantando, tocando, bailando e facendo participar ao pequeno respetable dende o minuto cero. Con unha escenografía moi especial, cunha liña gráfica moi marcada, e un vestiario espectacular, deseñando un traxe tradicional “vintage” pero feito en telas vaqueiras denim de diferentes cores. Ata a monteira! Con moitos botóns, penachos e mais pompóns!!! Un espectáculo cociñado a lume lento a través de moitos clips de vídeo publicados nas redes sociais durante o confinamento e escollendo e adaptando os mellores recursos e momentos.

Sinopse

Nesta aventura Nelson Quinteiro convértese no Señor Patajullo, unha divertida personaxe que chámase así porque fai moito barullo. O obxectivo do espectáculo comeza coa teima de axudar ao seu amigo Pepe, un lindo porquiño, a atopar o instrumento que mellor vaia coa súa personalidade, estilo e tamaño. Trazaremos, entón, un divertido percorrido moi interactivo, divertido e visual por todos os tipos de instrumentos da música tradicional galega non escatimando en materiais: gaitas, pandeiros, pandeiretas, pitos, peitoques, triángulos, kazoos, ukeleles, axóxeres, claves, cunchas… Instrumentos de corda, vento ou percusión. Instrumentos grandes, pequenos, medianos, moi pequeniños. Instrumentos cadrados, instrumentos redondos, instrumentos rectangulares ou con forma de hexágono. Con formas regulares ou irregulares. Instrumentos de madeira, instrumentos de metal, instrumentos de pel ou instrumentos mixtos. E todo co apoio dos pedais de loop como ferramenta sobre a que montar ritmos complexos aglutinando un feixe de intrumentos rítmicos e melódicos.

Ficha técnica/artística

  • Intérpretes: Nelson Quinteiro

 

Duración: 50 minutos
Idiomas: Galego
Público: Tódolos públicos


Próximas actuacións

Non se atoparon eventos

Publicar unha valoración

Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!