Productora artística especializada en servicios de comunicación corporativa, street marketing y animación, danza y teatro en la calle. Dinamizamos eventos con foodtrucks, y somos creadores de festivales relacionados con el mundo del circo, el cabaret y la cultura popular.
Fala-me. Galician Trad Cabaré

Presentación
Unha fusión do cabaré coa música, danza e cultura tradicional con un fío conductor sobre a língua e o empoderamento. Con instrumentos e máscaras ancestrais, himnos, fetichismo, sensualidade e provocación na poesía tradicional. Neste espectáculo Nelson Quinteiro atopa un vehículo no que aglutinar, dar visibilidade e compoñer unha proposta que dá fe dun longo traballo de fondo en múltiples eidos. Unha experiencia emotiva, cómica, festiva, visual, plástica e rachadora a partes iguais. Abarcando a identidade, a estética e o feito de sermos galegos dende o prisma do cabaré.
Sinopse
A composición do espectáculo artéllase como un grande cabaré con cambios de ritmo constantes, música ao vivo e diferentes disciplinas. Até un delicioso momento de “zarzuela galega” enfiando, con música en directo, temas populares como a “Carmiña Carmela”, “A Saia da Carolina” a “Habanera” de Bizet ou composicións propias dun xeito cómico e desternillante.
Ficha técnica/artística
- Bailadorxs/cabareteirxs: Iván Villar, Laura Casas, María Cordeiro, Nelson Quinteiro, Yohel Santos
- Diva trasnoitada: Iria Pinheiro
- Músicos: Brais González (piano), Álvaro Cardalda (acordeón), Xan Pérez (percusión, gaita), Nelson Quinteiro (voz, percusión, ukelele)
- Deseño coreográfico: Nelson Quinteiro e Iván Villar
Publicar unha valoración
Debes iniciar sesión para enviar valoracións.