Teatro do Noroeste

As Virxes Salvaxes

Data de estrea: 14/02/2020
Puntuación: 3/5 (1 valoracións)
Teatro



    As virxes salvaxes é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden. Non sempre foi así. Nas culturas rurais, os maiores tiveron sempre unha función, unha ocupación que daba sentido as súas vidas até o final. Máis chegaron as présas e os apuros da cultura urbana e nela, os maiores non teñen cabida, son un estorbo, é preciso desfacerse deles amoreándoos en institucións concibidas para iso. Nunha destas institucións, varias internas realizan, mesmo sen sabelo nin pretendelo, a súa propia revolución. Aproveitando a entrada dunha nova interna que é levada alí pola súa filla que non pode atendela, varias internas comezan a cuestionar a institución non deixando nada en pe. A modo de metáfora da propia sociedade, as xentes de ben revélanse contra as imposicións absurdas e desmedidas. O caos que xeran pon a realidade contra as súas propias contradicións, creando situacións tremendamente divertidas. A comedia como factor de crítica ante unha realidade que cada vez se amosa máis pechada en si mesma. De algún xeito, este espectáculo é unha homenaxe, se cadra un algo irreverente, aos nosos maiores máis revoltosos.

    REPARTO:

    • Elina Luaces (01.- Actriz no papel de Maruxa)
    • Luma Gómez (02.- Actriz no papel de Lourdes)
    • Rosa Álvarez (03.- Actriz no papel de Carmiña)
    • Imma António (04.- Actriz no papel de Doutora)
    • Ana Santos (05.- Actriz no papel de Adela)
    • Manuela Varela (06.- Actriz no papel de filla)
    • Miguel Pernas (07.- Actor no papel de Saturio)
    • Fernando González (08.- Actor no papel de Bernardo)
    • Equipo Taetro (09.- Deseño de escenografía e vestiario)
    • Eva Alonso (10.- Produción e deseño gráfico)
    • Eduardo Alonso (11.- Iluminación e dirección)
    Idiomas: Galego
    Público: Adultos


    Próximas actuacións

    Non se atoparon eventos


    Mostrar actuacións pasadas

    Publicar unha valoración

    Debes iniciar sesión para enviar valoracións.


    Deixa un comentario

    X

    Únete á Comunidade!

    Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!