EM·NA – Colectivo Glovo (ESTREA)

EM·NA - Colectivo Glovo

Presentación

A peza EM·NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro.

A relación entre os intérpretes pasa por diferentes estados: comprimindo, estirando, cambiando o ritmo da súa propia vibración, e todo isto partindo da súa fisicalidade individual.

A composición escénica dos corpos mostra os diferentes estados e espazos dunha mesma vibración a través dunha fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotidiana.

A forte presenza do mundo e espíritu xaponés crea unha estética chea de detalles significativos e contundentes.

A duración de cada movemento e acción case parece a dun pensamento, propósito ou reflexión. A peza busca entretexer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante.

Un “momentum” sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio.

EM·NA profundiza na nosa realidade animal, instintiva e intuitiva.

EM·NA fala do que o corpo entende. Auto-piratería.

Corpo sensible
Corpo casa
Corpo enigma
Corpo social
Corpo habitado

Sinopse

“Onde comeza o noso toque, estamos.
Estou
Estás
Estamos?
É unha ocupación da realidade, unha conquista.
Procura os rostros coñecidos.
Titubeas carente de roce e aceptas, en ocasións sen suceso.
O corpo habitado.
O corpo enigma.”

Ficha técnica/artística

  • Creación e interpretación: Esther Latorre e Hugo Pereira
  • Espazo sonoro: BABYKATZE
  • Deseño iluminación: Pedro Fresneda
  • Vestiario: Jandro Villa
  • Deseño de imaxe: Marcia Vázquez
  • Vídeo: Adrián González e Dani Rodríguez
  • Fotografía: Chus Varela

Apoio en xestión: Manu Lago · Galicia Danza Contemporánea
Axuda á creación: Agadic · Xacobeo 21 · Xunta de Galicia
Co apoio de: Teatro Ensalle, Galicia Danza Contemporánea, INAEM · Ministerio de Cultura · Gobierno de España, Concello Lugo
Colabora: Escola Palimoco

Público: Tódolos públicos

Estrea da ópera galega “A amnesia de Clío” na TVG2

Cartel de Amnesia de Clio, unha ópera galega de Voadora

O vindeiro sábado 16 emitirase por primeira vez en televisión a estrea desta ópera galega que tivo lugar no Auditorio de Galicia de Santiago en novembro de 2019. A ” Amnesia de Clío” (do compositor Fernando Buíde, texto dramático de Fernando Epelde e dirección escénica de Marta Mazos) é unha coprodución da compañía Voadora co Consorcio da Música de Santiago a través da Real Filharmonía de Galicia, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o Centro Dramático Galego, ademais da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.

Escena da Ópera galega "A amnesia de Clío"
Escena da Ópera galega “A amnesia de Clío”

O espectáculo xira entorno a personaxe de Clío, a musa da Historia, encarnada na ópera por unha muller forte, unha artista plástica cunha vida chea de matices que a levan a desembarcar na vida política e sobre unha extraña galería de políticos, como George W. Bush e Angela Merkel.

Pódese transmitir o achegamento e afecto cara á ópera desde a distancia, compartindo en redes fotos durante a súa emisión etiquetando co cancelo #AMiñaNoiteNaÓpera

Coro Orfeón Terra a Nosa

  • Director: Miro Moreira
  • Sopranos: Aida López Carrera, María Jesús Sánchez Brunete Alija, María Dolores Crespo Abuín, Isabel Pereiro Raposo, Isabel Lapido Silva, Chelo López Federico, Sara Moreno Hermida.
  • Mezzosopranos: María Dolores Pampín Iglesias, Mariola González García, Sonia Rohrer Sobrino
  • Tenores: Chema Ares Pérez, Ismael Arias Melón, Javier Blanco Blanco, Óscar Mato Collazo, Marcos Mato Collazo, Miguel Fontenla Portas.
  • Baixos: Pablo Nieves Fuentes, Fernando Fernández González, Alfredo López Moure, Antonio Javier Pérez Estévez
  • Bailarines: Diego Buceta, Fran Martínez


Real Philamonía

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) refuerzo

VIOLINES I
James Dahlgren
(concertino)
Adriana Winkler
(ayuda de concertino)
Anca Smeu **
Daniel Kordubaylo
Ilya Fisher
Ildikó Oltai
Claudio Guridi
Yulia Petrushevskaya
Michal Ryczel
Anna Alexandrova

VIOLINES II
Grigori Nedobora *
Nikolay Velikov **
Gyula Vadaszi
Elina Viksne
Helena Sengelow
Samira Ajkic
Irina Gruia
Enrique Roca
Kiyoko Ohashi

VIOLAS
Tilmann Kircher *
Natalia Madison **
Iriana Fernández
Ionela Ciobotaru
Anne Schlossmacher
Oxana Bakulina
Timur Sadykov

VIOLONCELLOS
Plamen Velev *
Ailsa Lewin **
Millán Abeledo
Carlos García
Thomas Piel
Alexandre Llano (R)

CONTRABAJOS
Carlos Méndez *
Alfonso Morán **
Oriol Xicart
FLAUTAS
Laurent Blaiteau *
Luis Soto **
ÓBOES
Esther Viúdez *

CLARINETES
Beatriz López *
Vicente López **

FAGOTES
Manuel Veiga *

TROMPAS
Jordi Ortega *
Alfredo Varela *
Xavier Ramón **

TROMPETAS
Javier Simó *

TROMBÓN
Arturo Centelles (R)

TIMBAL
José Vicente Faus *

PERCUSIÓN
Gonzalo Zandundo (R)
Isabel Diego (R)

ARPA
Alba Barreiro (R)

Ficha técnica

  • Iluminación: José Alvaro Correia
  • Coreografía: Rut Balbís
  • Vestiario: Pier Paolo Álvaro
  • Caracterización: Fany Bello
  • Rexidor / Asistente de Dirección: Franco Orsini
  • Axudante de escenografía e Vestiario: Carmen Triñanes
  • Construción: Centro Dramático Galego
  • Técnico de sobretítulos: Iván Núñez Casal
  • Asistente de Produción: Liza G. Suárez
  • Produción técnica: Hugo Torres
  • Produción: Jose Díaz

O Mozo da Última Fila de Redrum Teatro [ESTREA]

Cartel O Mozo da ultima fila de Redrum Teatro

Versión en galego do afamado texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos.

Sinopse

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non falta, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase faiselle máis insoportable ata que Xermán o profesor de Lingua e Literatura manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Autor: Juan Mayorga
Dirección e adaptación: Alex Sampaio
Intérpretes: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado e Rubén R. Porto
Escenografía e iluminación: José Manuel Faro “Coti”
Vestiario e caracterización: María Illobre
Espazo sonoro: Davide González
Vídeos: Alex Sampaio
Axudante produción: Rubén R. Porto

Idades recomendadas: adultos

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!