Feminíssimas – De Ste Xeito Producións
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo.
Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven.
Tres amigas que teñen 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Este é o punto de partida da creación colectiva na que estamos a traballar Esther F: Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira, tentando meter altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira –tamén– de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo –ademáis– para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.
En resumo: unha comedia negra… moi violeta.
Director: XAVIER CASTIÑEIRA
Actriz e dramaturga: ESTHER F. CARRODEGUAS
Actriz: STEPHY LLARYORA
Actriz: NOELIA BLANCO