BASES PARA O CERTAME DE CREACIÓN de DÚOS E SOLOS
- DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS: 2 de outubro 2020
- DATAS FESTIVAL E CERTAME: Do 3 ao 5 de decembro de 2020
- LUGAR: Ourense, Galicia, España.
PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS:
1. Poden participar todas aquelas coreografías (dúos e solos) de creadores iberoamericanos, residentes en España maiores de 18 anos. Os intérpretes das obras tamén deben ser maiores de 18 anos
2. Poderán presentarse solos e dúos de danza contemporánea. As pezas estarán interpretadas por un ou dous artistas. É indispensable que o creador (tanto nos solos como nos dúos) sexa intérprete na obra.
3. A duración da obra presentada será de entre 8 a 10 minutos, se a creación non chega a 8 minutos ou excede de 10 minutos, a peza non poderá participar no concurso.
4. A peza que se envíe na grabación para a preselección, será a mesma que se presente o día do concurso. Non se admitirán cambios substanciais. Os vídeos poderán mostrarse con todos os seus elementos, ou simplemente unha grabación de ensaio. A grabación debe de ser en plano fixo, sen editar, onde se vexa a totalidade da obra.
5. SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2020 celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense. Para o Certame unicamente se contará con necesidades técnicas imprescindibles, como son equipo de son, chan de danza e iluminación básica.
6. As obras que se presenten teñen que ser flexibles para ser bailadas en rúa ou en teatro, indistintamente. A xira en Costa Rica realízase en espazos non convencionais, parques, prazas, rúas, escolas.
7. Un mesmo creador pode presentar varias obras a concurso, nese caso só unha poderá ser seleccionada.
8. Realizarase unha preselección por video de dúos e solos, que se presentarán en SóLODOS EN DANZA / Ourense / 2020. Os artistas finalistas teñen que participar en todas as actividades do FESTIVAL SóLODOS os días 3, 4 e 5 de Decembro.
9. Documentos para enviar a túa proposta:
- a) Video da Coreografía: mediante un link a youtube, vimeo ou outro portal de internet no que se poidan subir vídeos e poidan visualizarse publicamente. O título do link do vídeo aparecerá da seguinte maneira: Título da peza…………. / Nome do Creador……………………
- b) Ademáis terás que adxuntar no email a seguinte información:
- Pequeno texto onde expliques por que queres participar en SóLODOS EN DANZA Ourense 2020.
- Título da Peza / Nome do Creador.
- Pequeno texto sobre o traballo presentado (máximo 5 liñas) e link ao vídeo.
- Creador/es: Nome e Apelidos, Nacionalidade, Cidade de Nacemento, Cidade de Residencia, idade, nº DNI, email e contacto telefónico.
- Intérprete/s: Nome e Apelidos, Nacionalidade, Cidade de Nacemento, Cudade de Residencia, idade, nº de DNI, email e contacto telefónico
- CVs do Creador e dos intérpretes. Máximo unha páxina por cada artista!!
Toda esta información, link de video e info requerida, será enviada ao seguinte enderezo de email solodosendanza@gmail.com
10. Un equipo de profesionais avaliará os vídeos e seleccionará aqueles que considere oportunos. O venres día 2 de Outubro de 2020 será o último día para recibir as propostas e a documentación requerida.
11. O Venres 9 de Outubro de 2020 publicarase na web e redes sociais de Sólodos En Danza, as obras seleccionadas. A organización porase en contacto unicamente cos seleccionados.
12. SóLODOS EN DANZA non asumirá ningún gasto dos semifinalistas (correspondentes a traslados, manutención) unicamente SóLODOS asumirá a estancia dos artistas participantes na cidade de Ourense.
13. O Festival SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 realizarase do 3 ao 5 de Decembro na cidade de Ourense, Galicia, España. Un espazo para o intercambio profesional, clases maxistrais, actuación para escolares e obradoiros. É requisito indispensable para os semifinalistas participar neste Encontro. As actividades realizadas son creadas e pensadas exclusivamente para os participantes semifinalistas. Todos os artistas semifinalistas deberán estar en Ourense desde o día 3 de Decembro ata o 5 de Decembro.
14. Todo o material fílmico xenerado por SóLODOS EN DANZA quedará a disposición da organización. A organización resérvase o dereito de quedarse con todo o material enviado, incluidas as obras non seleccionadas para o seu arquivo histórico; así mesmo a organización quedará exenta dos dereitos das imaxes tomadas polo fotógrafo da organización, durante a realización do mesmo. Permitirase ás canles de televisión Local, Rexional, Nacional e Internacional a libre filmación do Evento unicamente con fins informativos, ningún coreógrafo e intérprete poderá impedir a filmación dos Eventos.
15. Calquer outro suposto non recollido nas presentes bases, será resolto pola dirección do Comité Organizador.
16. Estar seleccionado no concurso supón a aceptación das presentes bases. O seu incumprimento poderá deixar á creación premiada sen premio.
17. A programación poderá sufrir cambios debido ás circunstancias provocadas pola COVID-19.
CONTEXTO NO QUE SE CELEBRA SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020:
SóLODOS EN DANZA proxecto de Cooperación Cultural, un proxecto de ámbito artístico-social que xenera intercambio e mobilidade entre artistas iberoamericanos. Utiliza diferentes estratexias de colaboración, para construir unha ponte cultural entre artistas de dous continentes (América / Europa). É un proxecto de cooperación cultural sen ánimo de lucro.
SóLODOS EN DANZA é un espazo de colaboración e intercambio entre institucións públicas, privadas, festivais, organizacións sociais, culturais e artistas. As colaboracións realízanse grazas ao esforzo das persoas involucradas nos diferentes proxectos. A plataforma ofrece bolsas, residencias artísticas, intercambios técnicos profesionais, coaching con académicos especializados en artes escénicas entre outros.
LINK VIDEO SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA / 2020
LINK VIDEO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2019
PREMIO SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020 con XIRA a COSTA RICA
Os obxectivos deste premio son facilitar a mobilidade de creadores novos, propiciar encontros entre profesionais escénicos iberoamericanos, crear un espazo para o intercambio de ideas e proxectos nun contexto único como o é SóLODOS EN DANZA / COSTA RICA / 2021.
SóLODOS EN DANZA premiará unha obra e ao seu creador-intérprete ou creadores-intérpretes, cunha xira por diferentes comunidades Costarricenses. Ademáis o ganador ou os ganadores realizarán coloquios, obradoiros, participarán en diferentes actividades socioculturais durante a xira. Tamén se desenvolverá unha residencia artística en conxunto con outros colegas Iberoamericanos no espazo de Creación e Investigación SóLODOS Costa Rica, a obra premiada formará parte da gala de danza Iberoamericana que viaxará por todo o país. Os ganadores terán encontros cos colaboradores do proxecto, Universidades, escolas de arte, Compañía Nacional de Danza de Costa Rica, plataformas culturais comunitarias, Escolas de Danza estatales e privadas, encontros con artistas locais. Os ganadores terán obradoiros e clases maxistrais gratuitos con diferentes mestres Internacionais.
SóLODOS EN DANZA proporcionará o billete/es de avión saindo desde Madrid a San José, Costa Rica e con regreso a Madrid, á obra ganadora, coordinando os seus traslados, aloxamentos e manutención, durante toda a xira en Costa Rica. A organización fará labores de acompañamento dos artistas durante a súa xira polos distintos lugares.
PREMIO
- Viaxe a Costa Rica (Saída desde Madrid – Costa Rica – Madrid) Datas en Outubro / Novembro 2021 (por concretar exactamente coa organización).
- Xira por diferentes rexións de Costa Rica, en espazos non convencionais.
- Participación na IX Edición de SóLODOS EN DANZA / Costa Rica / 2021.
- Workshops internacionais.
- Coaching e Residencia Artística con profesionais e académicos especializados en artes escénicas.
- Este premio non conleva ningunha remuneración económica.
Máis información: www.solodos.es