FTMC – Boletín #8

Boletín 8 Fondo Teatra María Casares

Nova entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, o último que publicará Mundo Escénico, xa que a partir de agora será un dos impulsores do Fondo, a Revista Galega de Teatro, quen se encargará da publicación periódica de recursos do FTMC na súa web erreguete.gal. Neste oitavo boletín falamos da obra Rottweiler de Guillermo Heras (con tradución de Alexandra Moreira da Silva), de Música en escena de Tomás Marco, onde se tratan as relacións da música e o teatro en diferentes ámbitos, da publicación que homenaxea 25 anos de Sarabela Teatro (1980-2005) e da revista ADE, teatro (Revista de la Asociación de directores de escena de España).

Ler máis

FTMC – Boletín #7

Boletín 7 Fondo Teatra María Casares

Sétima entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, onde descubrimos recursos relacionados cos títeres tradicionais (Morreu o demo, acabouse a peseta con realización da Asociación Cultural Morreu o demo, co teatro afeccionado (Vinte obras de teatro afeccionado de Pepe Peinó con prólogo de Manuel Lourenzo e Ilustracións de Pepe Blanco, coa mecánica da carne do poder (105 PASOS o la mecánica de la carne de Pedro Fresneda con prólogo de Julio Fernández Peláez) e coa obsolescencia programada (O Fim do Fim de Joâo García Miguel).

Ler máis

FTMC – Boletín #6

Boletín 6 Fondo Teatra María Casares

Nesta entrega do boletín presentamos recursos nos idiomas galego, castelán, francés e portugués, mostra da diversidade que se pode atopar dentro do fondo. En particular, falamos de A casa de Grey Gardens de Manuel Roman (tradución ao galego de Antela Cid), Tadeusz KANTOR – Photographies de Caroline Rose, Fiestacultura, revista especializada en teatro de calle y fiesta (verán 2020 nº 83) e Aquilo que os olhos vêem ou Adamastor de Manuel António Pina.

Ler máis

FTMC – Boletín #5

Boletín 5 Fondo Teatra María Casares

Aínda que o estado de alarma sanitaria polo Covid 19 segue vixente, nós “resistiremos” mantendo a periodicidade mensual informando sobre os libros e revistas de teatro que integran o Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.

Nesta entrega falamos dos Cadernos da Escola de Imaxe e Son de A Coruña, da versión de Manuel Guede Oliva e Eduardo Alonso de Tagen Ata (de X.L. Méndez Ferrín), de En el hoyo de las agujas de José Luis Miranda e Recreo de Manuel Veiga, gañadora e finalista respectivamente dos Premios Lope de Vega de 1995 e Artez, la revista de las artes escénicas nº 233 (Marzo-Abril de 2020).

Ler máis

FTMC – Boletín #4

Boletín 4 Fondo Teatra María Casares

Estamos xa no mes de abril e aínda estamos confinados nas nosas casas pola pandemia do Coronavirus. Mais xa se albisca o remate do túnel e mentres tanto continuamos resistindo e agardando pola vida que se agocha nos libros de teatro.

Na entrega deste cuarto boletín seguimos informando dalgúns libros especialmente dedicados para a infancia e a mocidade. En particular Teatro por y para niñ@s de Dant Bont, Xogando con gatos de Antón Cortizas (ilustracións de Leandro Lamas) e O Rei Lear. Romeo e Xulieta de William Shakespeare e a versión de Eduardo Alonso/ Cándido Pazó.

Ler máis

FTMC – Boletín #3

Boletín 3 Fondo Teatra María Casares

Publicar o número 3 deste Boletín Informativo  nestes días de confinamento nas nosas casas debido a pandemia do Coronavirus, é un xeito de resistencia, de afirmación da vida e de esperanza.

Algún día, que non está lonxe, poderemos de novo visitar o Fondo Teatral María Casares (FTMC) da Biblioteca Pública de Cangas para ler e representar xuntos TEATRO!  

Nesta ocasión comentamos as pezas Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela de Manuel María, Sueño de una noche de verano de William Shakespeare (adaptación de Aurora Díaz Plaja), Sin vergüenzas / Sen vergonzas de Felipe Loza e Garbiñe Losada ( tradución de Heitor Mera) e Práctica del teatro para niños de Claude Vallon.

Ler máis

FTMC – Boletín #2

Boletín 2 Fondo Teatra María Casares

Nesta segunda entrega do Boletín Informativo continuamos recomendando algúns libros de teatro dirixidos fundamentalmente ao profesorado de ensino primario e secundario que se poderán atopar nos andeis da Biblioteca Pública Central de Cangas onde está ubicado o FTMC.

Os libros comentados son O lobo e a lúa de Andrea Bayer Lloves, III Premio de Teatro Breve Testeatro e Me gusta hacer teatro 1 e 2 de Franco Passatore, Cristina Lastrego e FrancescoTesta

Ler máis

FTMC – Boletín #1

Boletín 1 Fondo Teatra María Casares

Comezamos este boletín do Fondo Teatral María Casares informando sobre algúns libros de teatro que poden interesar tanto ao profesorado de ensino primario como secundario.

Este boletín será un escaparate que convide  entrar no Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Alí poderanse descubrir moitos máis.

Este nº 1 do boletín -e outros que seguirán- estarán dedicados a libros de teatro para a infancia e a mocidade porque, xa o sabemos, todo agroma nestes primeiros anos da vida. E o TEATRO, así con letras maiúsculas, é un recurso pedagóxico fundamental.

Durante este ano 2020 a súa periodicidade será mensual -a última semana de cada mes- e despois de comentar os libros de teatro para a infancia e a mocidade, farémolo cos libros máis interesantes para profesionais e xente amadora do teatro.

No Fondo Teatral María Casares (FTMC) hai máis de mil libros e tamén revistas de teatro para todos os gustos!

Nesta ocasión tócalle a quenda a Acariñando os desexos de Xoán Carlos Riobó, Somos os monstros de Paula Carballeira, Fabulaciones en azul de Luis María García González e El juego dramático en la escuela. Fichas de ejercicios de Gérard Faure e Serge Lascar.

Ler máis

Fondo Teatral María Casares

Qué é o Fondo Teatral María Casares?

O Fondo Teatral María Casares (FTMC) é un fondo que recolle recursos bibliográficos no ámbito teatral e que nace como resultado dun convenio asinado no ano 1995 entre o Concello de Cangas, a Asociación Cultural Entre Bambalinas -editora da erregueté/Revista Galega de Teatro- e a compañía Teatro de Ningures.

Promotores do Fondo Teatral María Casares

Por qué o Fondo se chama María Casares?

A Asociación Cultural Entre Bambalinas quixo nomear así o FTMC en memoria e homenaxe á actriz María Casares (A Coruña 1922 – París 1996), quen ós 14 anos tivo que exiliarse en Francia debido ó golpe militar franquista de 1936. Era filla de Gloria Pérez e Santiago Casares Quiroga, ministro e xefe de goberno da II República.

Ler máis

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!