Nova funcionalidade: notificacións por correo electrónico

Estamos moi contentos de poder anunciar que xa está funcionando o sistema de notificacións por correo electrónico para a actividade que ten lugar na plataforma. Así é máis doado non perderse publicacións relevantes da comunidade Mundo Escénico. O sistema ten en conta as preferencias dos usuarios para que a información recibida sexa sempre o máis personalizada posible e encaixe cos intereses do usuario . Polo momento, o sistema ten en conta o tipo de usuario (artista, espectador/a, xestor cultural, profesional) e os ámbitos de interese escollidos no perfil (Teatro, Música, Danza, Folclore, Outros).

Que son as notificacións por correo electrónico?

As notificacións por correo electrónico son mensaxes que chegan ao correo co que te rexistraches na plataforma Mundo Escénico con información de interese para ti relacionada coas artes escénicas e os grupos que sigues.

Que tipo de información vou recibir por correo?

A información que vas recibir está sempre vinculada a grupos de Mundo Escénico que estás seguindo. Por defecto, tódolos usuarios cando se rexistran siguen aos grupos especiais [NOVAS], [EVENTOS] e [ÁGORA]:

  • [NOVAS]: Actividade relacionada coa plataforma (novas funcionalidades, novas compañías, espectáculos, membros destacados….)
  • [EVENTOS]: Eventos publicados na Axenda de Mundo Escénico que coincidan coas túas preferencias.
  • [ÁGORA]: Información da sección Ágora: servizos profesionais e cursos, talleres, obradoiros relacionados coas artes escénicas e que coincidan coas túas preferencias.

Ademáis existen outros grupos que se siguen por defecto segundo as categorías escollidas no perfil: [TEATRO], [MÚSICA], [DANZA], [FOLCLORE], [OUTROS].

Aparte destes grupos especiais, están os grupos propios das compañías, agrupacións, bandas… que podes seguir sempre que queiras. Nestes grupos publicaranse espectáculos, actuacións, novas, curiosidades e todo o que os seus membros consideren interesante compartir.

Con que frecuencia vou recibir as notificacións por correo?

Por defecto recibirás un resumo diario coa actividade dos grupos que sigues (se non hai actividade, non recibirás nada). As opcións que hai son:

  • Todo no momento: recibes un correo cada vez que haxa algunha actualización nos grupos que sigues.
  • Resumo diario: recibes un correo co resumo da actividade do día dos grupos que sigues.
  • Resumo semanal: recibes un correo cada xoves co resumo da actividade dos últimos 7 días dos grupos que sigues.
  • Sen notificacións: non recibes notificacións por correo.

Para cambiar a frecuencia podes ir a “Os meus grupos” (no teu perfil) e hacer clic no botón de cada grupo para escoller a frecuencia desexada.

Podo darme de baixa para non recibir estes correos?

Por suposto! Este é un servizo totalmente opcional. Existen moitas formas para darse de baixa:

  • Darse de baixa nun grupo concreto: podes facer clic na ligazón directa que aparece nos correos que recibes (debaixo do nome de cada grupo) ou podes ir á lista dos teus grupos e facer clic no botón de cada un onde podes escoller a opción “Sen notificacións”. Tamén podes deixar de seguir ao grupo e xa non recibirás máis notificacións del.
  • Darse de baixa de tódolos grupos: podes facer clic na ligazón directa que aparece nos correos (abaixo de todo) ou podes ir a “Axustes” (no teu perfil) e na sección “Correo electrónico”, abaixo de todo, hai unha ligazón para deshabilitar todas as notificacións.

Estou seguindo varios grupos e non recibo notificacións por correo

Nalgúns casos pode ocorrer que os correos fosen clasificados como “Correo non desexado” polo cliente de correo. Por favor, revisa esa carpeta por se os correos están aí e márcaos como correos válidos ou engade notificacions@mundoescenico.gal como remitente confiable.

Tes máis dúbidas?

Contáctanos a través deste formulario e estaremos encantados de aclarar calquera cuestión.

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!