Día das Letras Galegas
Para celebrar o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Calvalho Calero, A Quinta do Cuadrante preparou para o Consello da Cultura Galega unha lectura dramatizada da obra do homenaxeado “Farsa das Zocas” (escrita en 1948) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. A interpretación corre a cargo de Melania Cruz, María Vázquez e Tito Asorey, este último tamén encargado da dramaturxia e dirección. Rosa Moledo ocupouse da asesoría lingüística.
Teatro audiovisual polo COVID-19
Como era de esperar, pola situación de confinamento que estamos a vivir polo Coronavirus, o resultado desta peza, que máis que unha lectura dramatizada case case é unha posta en escea, únicamente se pode ver en formato audiovisual. A operadora de cámara, editora de vídeo e son é Lucía R. Regueiro e o resultado da produción, xunto coa calidade da interpretación e dirección, é moi espectacular.