Datos da empresa
A plataforma web de MUNDO ESCÉNICO (mundoescenico.gal, mundoescenico.es, mundoescenico.com) é titularidade de DANIEL AMÓS RODRÍGUEZ SILVA (en adiante DARS), N.I.F.: , domicilio social e teléfono . O correo electrónico a efectos de comunicación é: info@mundoescenico.gal. Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e MUNDO ESCÉNICO considéranse eficaces, a tódolos efectos, cando se realicen a través do correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.
Condicións de acceso e utilización
O presente Aviso Legal regula o uso do sitio web mundoescenico.gal, do que é titular DARS.
A navegación polas páxinas de MUNDO ESCÉNICO atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluidas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacions.
O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuito salvo que se indique o contrario de forma explícita. Pode requerirse unha conta de usuario e estar identificado cun perfil válido para poder acceder a algúns dos servizos (ainda que sexan gratuitos).
As contas de usuario de MUNDO ESCÉNICO danse de alta sobre a base da información facilitada polos usuarios, se ben DARS non pode garantir a veracidade da mesma. Queda terminantemente prohibida a utilización de identidades alleas e, en particular, a suplantación de personalidades. Polo anterior, advírtese expresamente que, no momento que DARS teña indicios de que se puido suplantar a personalidade ou cargo dun terceiro, suspenderase a conta en cuestión mentres realiza a comprobación da identidade. Se unha vez realizadas as debidas comprobacións se comprobase que efectivamente se producira unha suplantación dunha identidade ou cargo alleo ou non se puidese certificar adecuadamente a identidade ou cargo do usuario, DARS procederá á cancelación definitiva do perfil presuntamente infractor. Comprobada a existencia da suplantación de identidade e cancelado o perfil, DARS poderá poñer en coñecemento e colaborar oportunamente coas autoridades policiais e xudiciais competentes se considerase que a suplantación de identidade puidera supoñer a comisión dun delito.
Todos os contidos orixinais do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra propiedade de DARS, sen que podan entenderse cedidos ó usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis alá do estrictamente necesario para o correcto uso da web.
O usuario garantiza a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a MUNDO ESCÉNICO e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
O usuario está obrigado a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a DARS ou fronte a terceiros, dos danos e prexuizos que puideran causarse como consecuencia do incumprimiento de dita obrigación.
Política de ligazóns e exencións de responsabilidades
DARS non se fai responsable do contido das páxinas web ás que ó usuario poda acceder a través das ligazóns establecidas en MUNDO ESCÉNICO e declara que en ningún caso procederá a examinar o exercitar ningún tipo de control sobre o contido de outras páxinas da rede. Asimesmo, tampouco garantizará a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas a súa propiedade ás que se poda acceder por medio das ligazóns.
DARS declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar danos que, ós usuarios de MUNDO ESCÉNICO, puideran derivarse da navegación polas súas páxinas web. En consecuencia, DARS non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que puidera sufrir o usuario navegando por Internet trala visita de MUNDO ESCÉNICO.
Uso de cookies e datos estatísticos
Este sitio web pode recoller datos personais dos seus visitantes, co fin de mellorar os servizos ofrecidos, facendo uso de cookies e outras ferramentas de terceiros. Consultar a Política de Cookies e a Política de Privacidade para coñecer máis información.
O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, puidendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso ó sitio web de MUNDO ESCÉNICO non será preceptiva a instalación de cookies.
Protección de datos
Infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente a través dos distintos formularios de MUNDO ESCÉNICO, serán incorporados en ficheiros titularidade de DARS, que cumple coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 do 21 de decembro. A finalidade de dito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que DARS poda efectuar nun futuro.
Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza a que se lle poda enviar información e comunicacións comerciais a través de correo postal, correo electrónico e teléfono móbil dos produtos e servizos de MUNDO ESCÉNICO.
Asimesmo, DARS cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou xa non sexan necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
O usuario poderá revocar o consentemento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a MUNDO ESCÉNICO, no seguinte enderezo , ou ben a través do seguinte correo electrónico info@mundoescenico.gal, identificándose debidamente e indicando de forma visible e concreta o dereito que se exerce.
MUNDO ESCÉNICO adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demáis normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuizos derivados de alteracións que terceiros podan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheros do usuario.