Festivais, mostras e feiras de artes escénicas de Galicia 2020

Xaneiro 2020
Cartel de Lugo en Danza (LED) 2020

Lugo en Danza (LED) 2020

LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao ...
10 Xan - 29 Mai
20:30 - 23:55
Lugo - Auditorio Municipal Gustavo Freire
Auditorio Municipal Gustavo Freire, Avenida de A Coruña, Lugo, España
Cartel Escenas do cambio 2020

Escenas do cambio 2020

O Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio regresa con 10 espectáculos na súa sexta edición, marcada polos grandes nomes da escena contemporánea actual. ...
31 Xan - 08 Feb
Todo o día
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, A Coruña, España
Febreiro 2020
Cartel EsceNoia IV

EsceNoia IV

Cuarta mostra de teatro breve organizada pola Sociedade Recreativa Liceo ...
02 Feb
19:00
Noia - Sociedade Liceo de Noia
Rúa Fray Lois Rodríguez, 15200 Noia, A Coruña, España
Cartel Festival San Pedro Sen Paredes

Festival San Pedro Sen Paredes

A veciñanza do Barrio de San Pedro abre as súas portas para vivir un roteiro interactivo cheo de teatro, maxia, circo e poesía. Sete espazos, sete propostas e catro pases coa oportunidade de elixir que casas visitar, que disciplina explorar e achegarte ás artes escénicas de intervención doméstica! ...
15 Feb
16:30 - 20:00
Santiago - Barrio de San Pedro
Barrio de San Pedro, 15703 Santiago de Compostela
Marzo 2020
XX Mostra de Teatro Clásico de Lugo

XX Mostra de Teatro Clásico de Lugo

A XX Mostra de Teatro Clásico, que acollerá o Auditorio Municipal ...
06 - 22 Mar
20:30
Lugo - Auditorio Municipal Gustavo Freire
Auditorio Municipal Gustavo Freire, Avenida de A Coruña, Lugo, España
V Festival Singular de Narón

Singular 2020. V Festival Internacional de Monólogo Teatral

O "Festival Singular, Festival Internacional de Monólogo Teatral", nace co obxecto de potenciar as propostas dramáticas unipersoais. O soliloquio forma parte da historia do teatro desde os seus inicios, xeralmente en accións dramáticas que formaban parte de propostas corais. A mediados do século XX, desenvólvense monólogos dramáticos asociados á vangarda teatral. A finais do século XX, explota como fenómeno de masas o monólogo cómico que conta cunha popularidade que fai habitual o desexo do cartel de non hai localidades. ...
07 - 28 Mar
20:00
Narón - Pazo da Cultura
Urbanización Ciudad Europa, Calle Holanda, 15570 Narón, A Coruña
Xuño 2020
Xullo 2020
Cartel uscenica 2020 - festival de artes escénicas

USCénica 2020 – Festival de artes escénicas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta o festival USCénica 2020 onde se poderá gozar dunha proposta de 13 fantásticos espectáculos galegos en diferentes localizacións de Santiago (Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, terraza do Auditorio da Universidade e Salón Teatro), respectando sempre as normas da nova normalidade. ...
01 - 18 Xul
20:30
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cartel 25 MITEU Ourense

25º MITEU de Ourense

Programa da XXV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense Xoves ...
02 - 15 Xul
21:00
Ourense - Teatro Principal
Rúa da Paz, 9, 32005 Ourense, España
Cartel XVI Zona da Zanfona

XVI Zona da Zanfona

Zona da Zanfona é un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumple dezaseis anos neste 2020. ...
03 - 05 Xul
Todo o día
Rianxo
Rianxo, España
Cartel TradFest 2020 Compostela

Compostela TradFest 2020

Música, canto, baile, cursos, feira,… das tradicións renovadas nun punto de encontro e escaparate da música galega como arma de distracción masiva e ferramenta para construir unha identidade propia e un sentimento colectivo. ...
26 Xul
Todo o día
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, A Coruña, España
Agosto 2020
Cartel da XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño

XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño

Nesta edición da mostra, daranse cita un ano máis as mellores compañías teatrais de público infantil e adulto que actuarán durante dúas semanas en diferentes espazos do municipio: o auditorio municipal, a Praza do Campín, o local social da casa do concello e de modo itinerante polas rúas do municipio. Ademáis faranse talleres e obradoiros do 30 ao 6 de agosto. ...
09 - 21 Ago
Todo o día
Cariño
Cariño, A Coruña, España
Cartel do IV Festival de Jazz de Moaña

IV Festival de Jazz de Moaña

Venres 14 de agosto 22:00h - SumrráManuel GutiérrezXacobe Martínez AnteloL.A.R. Legido23:00h ...
14 - 15 Ago
22:00
Moaña - Arboredo da Xunqueira
Parque da Xunqueira, Avenida Xunqueira, Moaña, España
Cartel Festiclown Vilagarcía 2020

FestaClown Vilagarcía 2020

FESTICLOWN é unha forma de ser e de entender o ...
15 - 22 Ago
Todo o día
Vilagarcía - Auditorio Municipal
Avenida da Mariña, 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, España
Cartel Canjazz 2020

XXIII Festival Internacional de Jazz de Cangas – Canjazz 2020

Esta nova edición do Festival Internacional de Jazz de Cangas, Canjazz 2020, terá lugar entre o 23 e o 26 de agosto nas naves de Ojea, cun cartel de oito concertos nocturnos. O festival abandona o escenario habitual do Eirado do Costal para poder manter un aforo dunhas 400 personas e cumprir con todas as medidas de seguridade esixidas actualmente. Os concertos das sesiones vermú tamén se trasladan á noite, xusto antes do inicio das jam session. ...
23 - 26 Ago
22:00
Cangas - Naves de Ojea
Rúa Peirao de Ojea, 36940, Cangas, Pontevedra, España
Cartes Festival Corpo (a) Terra 2020

10º Festival de Danza e Artes do Corpo – Corpo (a) terra 2020

Este Festival reivindica un novo uso do espacio urbán que apela á participación cidadá a través da danza. Na súa primeira edición foron xs cidadanxs, convertidxs en espectadorxs, xs encargadxs de propoñerlle un nome co que marcar a súa identidade, finalmente: Corpo(a)terra. Cada ano, todas e todos: cidadanxs, artistas, espectadorxs, espazos urbáns, asociacións… formaremos parte das distintas edicións de algún modo particular. ...
26 - 30 Ago
19:00
Allariz
Allariz
Cartel da XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei

XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei

Nesta vixésima primeira edición participarán sete grupos de Galicia, un de Villalpardo (Cuenca) e outro de Madeira (Portugal). A Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei é actualmente un referente dentro do panorama de teatro amador galego nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de duascentas cincuenta compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia... ...
27 Ago - 06 Set
21:00
Palas de Rei - Casa da Cultura
Avenida de Lugo, 23, 27200 Palas de Rei, España
Cartel Xironsa punto e aparte 2020

Festival Xironsa – Punto e aparte…

Nestes tempos complicados a Asociación Cultural Xironsa conseguiu unha vez máis realizar a súa función principal que é por en valor a Cultura Galega e presenta a versión "Punto e Aparte" do Festival Xironsa, un pequeno gran de area dentro deste momento que nos toca vivir, eso si, cumprindo as normativas sobre seguridade e distanciamento social. ...
28 - 30 Ago
Todo o día
Cambados - Pazo Torrado
Rúa Príncipe, 10, 36630 Cambados, Pontevedra, España
Cartel Sons da Canteira 2020

Sons da Canteira

O próximo 29 de agosto, na Canteira de Vilafría (O ...
29 Ago
18:30
O Porriño - Canteira de Vilafría
Lago Canteras Vilafria, O Porriño, España
Setembro 2020
Cartel 21 FIT Redondela

XXI Festival Internacional de Títeres de Redondela

O Festival Internacional de Títeres de Redondela é o reflexo do esforzo colectivo dunha vila por aportar e comprometerse nesta situación histórica a través do teatro de monicreques. Nesta edición mantense a vocación internacional do Festival, presentando traballos e espectáculos de compañías profesionais de: Arxentina e tamén de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e un feixe de sorpresas. ...
01 - 06 Set
Todo o día
Redondela
Redondela, Pontevedra, España
Cartel do V Festival herDanza

V Festival herDanza

O festival herDanza busca a dinamización e promoción da danza contemporánea nalgúns dos espazos máis representativos e fermosos da cidade. HerDanza é unha proposta diferente que tódolos públicos poderán disfrutar. Este ano o festival desenvolverase durante tres días en espazos máis limitados para cumprir con tódalas medidas de seguridade e ofrecerá diversas actividades en torno á danza contemporánea: talleres formativos, charlas con profesionais da danza e espectáculos de pequeno e mediano formato. O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) colabora co Festival HerDanza na súa V edición cunha residencia de creación dirixida polo bailarín/intérprete Mikel Aristegui. ...
03 - 05 Set
Todo o día
Santiago - Auditorio CGAC
Rúa de Ramón del Valle Inclán, Santiago de Compostela, España
Cartel do XIX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

XIX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán

A FEGATEA presenta en Santiago o XIX Festival de Teatro Afeccionado AGUSTÍN MAGÁN, un festival do máis variado con novidades importantes: un primeiro día adicado ao micro teatro e unha actuación o domingo ás 12 para publico familiar. ...
04 - 06 Set
Todo o día
Santiago - Salón Teatro
Rúa Nova, 34, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña
Cartel I Festival Comediártiko

I Festival Comediártiko

A sala viguesa Ártika reabre as súas portas cun novo ciclo de teatro da man dalgunhas das mellores compañías da escena galega. Baixo a premisa de “un pouco de comedia para estes tempos confusos”, os responsables da sala, Fernanda Barrio e Marcos Alonso retoman a actividade co I Festival Comediártiko que será o punto de partida da nova programación que contará con Talia Teatro, Chevere, Mofa e Befa e as compañías viguesas Teatro Avento Producións e Enconarte Producións. ...
05 Set - 04 Out
18:00
Vigo - Sala Ártika
Sala de teatro Ártika, Avenida da Beiramar, Vigo, España
Cartel Revenidas en conserva 2020

Revenidas 2020 (en conserva)

O Revenidas de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa, converteuse nunha referencia no noso país pola súa aposta na música feita en galego xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente. Este ano contará entre outros con De vacas, Peter Punk, Cuernicornios, Sés, Zeltia, Quico Cadaval, Gramola, Ortiga, Dakidarría, Aldaolado e Perseguidor. ...
10 - 13 Set
Todo o día
Vilagarcía de Arousa - Parque de Dona Concha
Parque de Doña Concha, Vilagarcía de Arousa, España
Cartel Festival Plataforma

Plataforma – Festival de artes performativas

Plataforma é un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade de Compostela para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social. ...
10 - 18 Set
Todo o día
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cartel Festa da Cultura de Vigo 2020

Festa da Cultura de Vigo 2020

Un ano máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza a Festa da Cultura 2020 en Vigo no que se recollen actuacións de música tradicional e concertos tanto dos grupos federados como doutros grupos locais. A entrada será gratuíta e con aforo limitado, respectando todas as medidas de seguridade e hixiene. ...
11 - 12 Set
Todo o día
Vigo - Praza de Compostela
Praza de Compostela, Vigo, España
Cartel Camino Escena Norte 2020

Camiño Escena Norte 2020 – Galicia

Camiño Escena Norte é un proxecto promovido polas asociacións Escena Galega, EscenAsturias, ACEPAE e Eskena articulado arredor dun novo itinerario de intercambio cultural que toma a ruta histórica do Camiño de Santiago do Norte como referencia para unha intensa programación escénica, expandida ademáis nos campos das sinerxias sectoriais, a mediación co público ou a reflexión. ...
13 Set - 11 Out
Arzúa - Capela da Madalena
Rúa Cima do Lugar, Arzúa, España
Cartel XVII Revoltallo

XXVII Revoltallo

Unha nova edición de Revoltallo, un dos festivais máis lonxevos de Galicia que este ano aposta forte pola música emerxente galega. O cartel está encabezado polo “merengue espacial” de Ortiga, o reggae/roots de High Paw, que estará presentando los temas de su recién estrenado álbum “Solid As The Clock“, e as particulares covers de De Vacas. ...
18 - 20 Set
Todo o día
Vigo - Carballeira do Pedregal
Carballeira do Pedregal, Valadares, España
Cartel FETEGA 2020

31º Festival de Teatro Galego (FETEGA 2020) “Celso Parada”

A XXXI edición do Festival de Teatro Galego-FETEGA "Celso Parada" desenvolverase no Carballiño do 23 ao 26 de setembro a súa co apoio da Xunta de Galicia e cunha carteleira moi completa de compañías do páis, con espectáculos de sala, animación de rúa e unha Escola do Espectador como principal novidade das súas actividades paralelas. ...
23 - 26 Set
20:30
O Carballiño - Auditorio Municipal
30, Av. do Balneario, 28, 32500 O Carballiño, Ourense
Outubro 2020
Cartel do XI Festival Galego de Cabaré

XI Festival Galego de Cabaré

Mostra única que mestura comedia, danza, maxia, circo ou teatro envoltos nun fío conductor de picardía, elegancia, sensualidade e provocación. Formato de gran teatro, con espectáculos únicos e irrepetibles nos que abarcará xeneros como cabaré, o burlesque e o swing, e con propostas de carácter internacional. ...
02 - 04 Out
21:00
A Coruña - Teatro Colón
Teatro Colón, Avenida Marina, A Coruña, España
Cartel 2 Festival Jazz da Rúa Nova

II Jazz da rúa nova

azz da Rúa Nova é un programa que se desenvolverá nas marxes do Jazz habitual valorizando o patrimonio musical local ao redor deste estilo. Para a II edición apóstase por sacar o Jazz do confinamento en bares, salas e teatros e levalo de forma natural e lúdica ás parroquias, deseñando actividades lúdicas e integradoras pensadas para contar, ademais do público incondicional do xénero, coa participación de público familiar e interxeracional. ...
03 Out
Todo o día
Santiago - Rúa Nova
Rúa Nova, Santiago de Compostela, España
Cartel do I Congreso Internacional de Teatro Galego

I Congreso Internacional de Teatro Galego

O teatro desde as súas orixes, e as artes escénicas en xeral, teñen esa capacidade transformadora da sociedade, porque nacen en, de e para a sociedade desde o amplo espectro do desenvolvemento humano. Este congreso pretende a posta en común da situación actual e problemática do teatro galego coa situación e problemática doutros modelos internacionais de creación, produción, xestión e distribución; para, con esas conclusións, contribuír así á transformación social da nosa contorna inmediata e daquelas sociedades que desexen poñer a súa mirada neste proxecto que servirá de guía para profesionais, xestores e público desde aquí e agora e co 2030 no horizonte. ...
07 - 09 Out
Todo o día
Santiago - Cidade da Cultura
Monte Gaiás s/n, 15707, Santiago de Compostela
Corufest 2020

Corufest 2020: 3º Festival de Artes Escénicas pola diversidade afectivo-sexual

Danza, música, artes plásticas, teatro e narración oral danse cita na tercera edición do festival Corufest, que terá lugar entre o 8 e o 11 de outubro en diferentes espacios de A Coruña: Teatro Colón, Teatro Rosalía de Castro, Centro Ágora, Fórum Metropolitano, Casa Casares Quiroga e Bibliotecas Públicas Municipales de A Coruña. ...
08 - 11 Out
Todo o día
A Coruña
A Coruña, España
Cartel fiot en pausa 2020

fiot 2020 “en pausa”

Ás veces, para avanzar, é necesario facer unha parada. Este 2020 non se celebrará unha nova edición FIOT, pero durante esta pausa propoñeuse unha programación para gozar do teatro no corazón das artes escénicas en Galicia: Carballo. ...
09 - 18 Out
Todo o día
Carballo
Carballo, A Coruña, España
XXXIII Circuítos Teatrais de Moaña Celso Parada

XXXIII Circuítos Teatrais de Moaña Celso Parada

Volven os Circuítos Teatrais de Moaña, a pandemia non puido cun evento cultural tan consolidado que cumpre este mes a súa 33º edición cun cambio de nome, xa que a partir de agora chamarase "Circuítos Teatrais de Moaña Celso Parada", en homenaxe ao ilustre actor moañés que sempre participou de forma activa neste programa outonal, tanto desde o escenario como axudando na organización. ...
09 - 30 Out
21:00
Moaña - IES As Barxas
As Barxas, Moaña, España
VII Festival Internacional de Poesía en Allariz (POEMAGOSTO 2020)

7º Festival Internacional de Poesía (POEMAGOSTO) en Allariz

O VII Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz celebrarase nunha única xornada con música e poesía da man de Moncho Iglesias Míguez, Charo Lopes, Antón Reixa, Baldo Ramos e Andrea Nunes Brións (Galiza), Sofía Castañón (Asturies), Raquel Lima (Portugal) e Abdul Hadi Sadoun (Irak). ...
10 Out
Todo o día
Allariz
Allariz
Cartel do XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo

XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo

Os días 10 e 11 de outubro terá lugar o XXXVI Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña que contará nesta edición cos concertos de Tiruleque, Pepe Vaamonde Grupo e Leilía. ...
10 - 11 Out
Todo o día
Moaña - Palco Paseo Marítimo
Palco da Música de Moaña, Moaña, España
Cartel do Festival Internacional Galicreques 2020

XXV Festival Internacional Galicreques 2020

O Festival Internacional de Galicreques celebra o seu 25 aniversario con máis de 40 funcións e actividades entre o vindeiro 10 e o 18 de outubro. O Festival creouse en Santiago de Compostela en 1996 pola Asociación Cultural Barriga Verde e nel participan compañías de todo el mundo. ...
10 - 18 Out
Todo o día
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, A Coruña, España
Cartel FITO Ourense 2020

XIII Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Este novo FITO, que cumprirá trece escintilantes edicións, é o resultado do compromiso coas artes escénicas e cos cidadáns de Ourense, un compromiso que se mantén aínda que veñan “mal dadas”. Conscientes das limitacións, a organización busca máis ca nunca a excelencia e a eficacia na programación, pondo ao dispor da realización do Festival todos os recursos da compañía Sarabela Teatro. Procurouse facer unha escolla magnífica coa responsabilidade máxima, crendo firmemente no poder salvífico da cultura. ...
14 - 25 Out
Todo o día
Ourense
Ourense, España
Novembro 2020
Cartel XXX Festival de Jazz de Lugo

XXX Festival de Jazz de Lugo

Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz organizou en colaboración coa Xunta de Galicia un programa que se desenvolverá en tres escenarios da cidade coa participación de catorce agrupacións dedicadas a este xénero musical. ...
05 - 15 Nov
18:00
Lugo
Lugo,españa
Decembro 2020
Cartel Festival SoLODOS en Danza Ourense 2020

5º Festival SóLODOS En Danza Ourense

A Plataforma Cultural SóLODOS presenta a 5ª edición de SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2020, Festival Internacional e Certame de Creación de Dúos e Solos que este ano se celebra online por mor da COVID-19. ...
03 - 05 Dec
20:00
CARTEL FIR-Festival Internacional Rebulir 2020

XV Festival Internacional Rebulir (FIR 2020)

O FIR, é unha mostra internacional de cultura tradicional, que permite abrir unha fiestra a diversidade. O cartel representa a interconexión de Galicia con outras culturas, e tamén por medio das aves como símbolo indica a liberdade que da a cultura e que tanta falta nos fai nestes intres. ...
17 - 20 Dec
Todo o día
Ramirás - Polideportivo O Picouto
Ramirás, Ourense
Cartel 17 Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI 2020)

17ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI 2020)

Este ano o lema diferenciador da Mostra de Teatro Infantil de Ourense será converter a arte nun recurso para respirar e a cultura como refuxio en tempos difíciles. Esta 17 edición, marcada pola "cultura segura", ofrece espectáculos teatrais de 13 compañías (5 estatais), pero cun aforo que se reducirá a menos de un tercio del habitual. ...
22 Dec
Todo o día
Ourense
Ourense, España
Cartel TITIRIBERIA 2020 - V Festival de Títeres Tradicionais

5º Festival de Títeres Tradicionais – TITIRIBERIA 2020

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, celebra a súa quinta edición en Rianxo entre os días 22 e 30 de decembro. En total, unha ducia de funcións conformarán o programa deste ano no que tamén se inclúen mesas redondas, exposicións e obradoiros. Nesta edición de 2020, a primeira que se celebrará en Rianxo tras catro anos no municipio de Teo, o Titiriberia incluirá unha programación cuxo obxectivo principal será, un ano máis, achegarlle ao público a longa tradición do títere tradicional, xénero escénico cun gran arraigamento histórico na cultura galega. ...
22 - 30 Dec
Todo o día
Rianxo
Rianxo, España
Non hai eventos!

2 comentarios en “Festivais, mostras e feiras de artes escénicas de Galicia 2020”

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!