Sons da Canteira
O próximo 29 de agosto, na Canteira de Vilafría (O Porriño), música e videomapping sobre unha muralla de pedra nun entorno único.
Programa
▪ DJ / VJ Juanma LoDo
▪ Laura LaMontagne & PicoAmperio
▪ Mercedes Peón
▪ Baiuca
➜🎫 A partir do mércores 5 ás 12h00, venda de entradas en woutick.es
➜👫 Prezo: 16,5 € con descontos para grupos
➜🚌 Autobús gratuíto dende O Porriño coa túa entrada para acceder á canteira
Localización
A canteira de Vilafría está a rematar o seu proceso de restauración. O oco creado pola explotación eliminouse mediante un recheo para facilitar a cobertura vexetal e a reforestación da zona. O festival conta con persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos. Podes consultar a ubicación exacta no mapa.
Como chegar
A chegada ao recinto farase en autobuses que habilitará a organización, de acceso gratuíto ao mercar a entrada. Para quen se desprace en vehículo propio ata O Porriño estará dispoñible aparcamento:
- Aparcamento 1: Rúa do Cando, O Porriño
- Aparcamento 2: Pabellón Municipal de Porriño
Xantar no recinto (Food Trucks): La Pavoneta (opcións para celiacos, sen glute, vexetariana) e La Mariniere.