Redes e programas culturais
Rede Cultural da Deputación da Coruña
https://www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural/
- ESCENA AO VIVO. Programación profesional de teatro, monicreques e danza para concellos.
- VISIÓNS. Programación profesional de cinema e contidos audiovisuais para concellos
- ALICERCE. Programación de música, danza e teatro non profesional para concellos e entidades.
- LINGUA AO VIVO! Programa de espectáculos profesionais de artes escénicas e música para concellos, especializado en contidos relacionados coa dinamización social da lingua galega.
Prazos 2021:
- Primeira fase: inscrición de espectáculos
- Inicio: o día seguinte ao de publicación desta convocatoria no BOP
- Fin: 26 de febreiro de 2021, ás 14:00 h
- Segunda fase: inscrición de espectáculos
- Inicio: 5 de abril de 2021, ás 00:00 h
- Fin: 20 de abril de 2021, ás 14:00 h
Subvencións e Programas de Axudas da Deputacíón de Lugo
http://cultura.deputacionlugo.gal/gl/subvencions_programas_axudas_cultura
Rede Provincial de Espazos Culturais de Ourense
Sen actualizar: https://www.depourense.es/index.php/actualidade/1827-rede-de-espazos-culturais-para-os-concellos-da-provincia-de-ourense
Programa Pontegal da Deputación de Pontevedra
https://www.depo.gal/es/pontegal
A Deputación de Pontevedra impulsa e fomenta a cultura popular galega nas súas múltiples e variadas expresións artísticas.
Co fin de dotar as entidades interesadas dunha ampla oferta de grupos créase o Catálogo de grupos Pontegal da provincia de Pontevedra, que se configura como o inventario de grupos, artistas e compañías, nas súas múltiples e variadas expresións artísticas, co fin de favorecer e impulsar a actividade artística e a riqueza da cultura popular existente na provincia de Pontevedra.
Este catálogo pretende ser un instrumento vivo, útil e eficaz para o coñecemento dos diferentes grupos de música, teatro, danza e outras modalidades artísticas da provincia. Nel recollerase información detallada sobre cada un dos grupos ou artistas.
Redes de exhibición
Rede de Auditorios Deputación de Ourense (reaOu)
A Rede de Auditorios Provincial de Ourense naceu co obxectivo de ofrecer unha programación cultural coordinada entre a Deputación e os concellos, fomentando e difundindo a música e as artes escénicas na provincia e levando espectáculos de gran calidade ao rural ourensán, dinamizando así os espazos culturais dos concellos integrantes da Rede.
Información cultural de COVID-19
- Escena galega. https://www.escenagalega.gal/index.php/es/covid-19