Política de privacidade

Quenes somos

Mundo Escénico é a entidade que xestiona este sitio web que está orientado a dinamizar unha Comunidade online no ámbito das Artes Escénicas. O noso enderezo web é: https://mundoescenico.gal e podes contactar connosco a través do correo electrónico info@mundoescenico.gal. Podes atopar información de contacto máis detallada e tamén información legal da empresa na páxina de Aviso Legal.

Que datos personais recollemos e por que os recollemos

Usuarios

Cando te rexistras neste sitio web, solicítanseche algúns datos persoais (algúns deles opcionais) que son necesarios para que os servizos ofrecidos sexan adecuados para o teu perfil:

  • Correo electrónico: requirido para poder activar a conta. É un dato necesario para evitar que se podan crear contas anónimas de forma indiscriminada das que non se poda identificar a un responsable.
  • Nome completo: requirido para que podas presentarte ante a Comunidade.
  • Data de nacemento: é un dato opcional que nos permite ofrecer contidos e servizos máis adecuados a cada rango de idade.
  • Provincia: requirido para poder agrupar aos membros xeográficamente á hora de ofrecerlle mellores contidos e servizos (como a axenda cultural).
  • Localidade e código postal: son datos opcionais que pode permitir aos membros buscar outros membros da súa mesma área xeográfica, por exemplo para establecer amizades, asociacións ou alianzas profesionais.
  • Teléfono: é un dato opcional que pode permitir ofrecerche servizos adicionais, como mellorar a seguridade ó acceso á conta engadindo máis factores de autenticación (por exemplo un código que se envía ó teléfono móbil para validar).

Ó rexistrate en Mundo Escénico das o teu consentimento para que os teus datos persoais podan ser procesados para proporcionar servizos de valor relacionados coas Artes Escénicas. Estos datos e toda a actividade e contidos (incluindo ficheiros) xerados polo usuario dentro da comunidade poderán ser empregados por Mundo Escénico para mellorar os servizos ofrecidos e tamén con fins divulgativos ou promocionais, incluso no caso de que deixe de ser usuario dese sitio web. Ademáis, consintes que che podan enviar notificacións de novidades e información da actividade da comunidade, sempre coa opción de poder cancelar ditas notificacións no caso de non estar interesado.

Podes modificar ou eliminar a información de perfil en calquera momento indo ó teu perfil (facendo clic no teu nome de usuario) e despois indo a Perfil > Editar. Tamén podes escoller que visibilidade lle queres dar a cada un destes datos dentro da Comunidade (público, so ti, so membros, so ós teus amigos). Os administradores de Mundo Escénico sempre terán acceso a eses datos, pero nunca se utilizarán fora do marco da Comunidade de Mundo Escénico.

Grupos

Este sitio conta cunha base de datos de grupos que poden ser creados polos propios usuarios, previa solicitude a través dun formulario ou ben poden estar xa creados a partir de datos básicos e públicos obtidos de fontes de Internet. No caso de estar xa creados os usuarios poden solicitar responsabilizarse da súa administración tamén a través dun formulario específico. Desta forma poden completar e corrixir os datos que consideren oportunos ou incluso solicitar a eliminación o grupo.

Actividade

Este sitio rexistra certas accións do usuario, en forma de datos de “actividade”. A actividade inclúe actualizacións e comentarios publicados directamente nos muros de actividade, así como descricións de outras accións realizadas durante o uso do sitio, como novas amizades, grupos recén incorporados e actualizacións de perfís.

O contido dos elementos da actividade obedece ás mesmas regras de privacidade que os contextos nos que se crean os elementos da actividade. Por exemplo, as actualizacións de actividade creadas no perfil dun usuario son visibles públicamente, mentres que os elementos de actividade xerados nun grupo privado so son visibles para os membros dese grupo. Os administradores do sitio poden ver todas as actividades, independentemente do contexto.

Os elementos da actividade poden ser eliminados en calquera momento polos usuarios que os crearon. Os administradores do sitio poden editar todas as actividades.

Comentarios

Cando os visitantes deixan comentarios no sitio web, recollemos os datos mostrados no formulario dos comentarios e tamén a dirección IP do visitante e o user agent do navegador para axudar a detectar spam.

Ademáis, tamén pode ser proporcionado ao servizo Gravatar unha cadea de texto anónima que se xera a partir do teu correo electrónico, para saber se o estás usando. A política de privacidade de Gravatar está dispoñible aquí: https://automattic.com/privacy/. Despois de aprobar o teu comentario, a túa foto de perfil móstrase públicamente no contexto do comentario.

Multimedia

Se subes imaxes ao sitio web, deberías evitar subir imaxes que conteñan información de xeolocalización (EXIF GPS). Os visitantes poden descargar e extraer a ubicación das imaxes que se mostran no sitio web.

Formularios de contacto

Dentro do sitio web de Mundo Escénico existen varios formularios de contacto para facilitar a comunicación entre os usuarios e os administradores do sitio en determinadas seccións. Estos formularios, que poden levar algúns datos persoais como o correo electrónico ou teléfono, son enviados por correo electrónico á info@mundoescenico.gal, conta onde se almacenan durante un certo período con fins de proporcionar un servizo ao cliente dentro do marco de Mundo Escénico.

Cookies

Se tes unha conta e te identificas neste sitio web, establecerase unha cookie temporal para determinar se o teu navegador acepta cookies. Esta cookie conten datos non persoais e é eliminada cando se pecha o teu navegador.

Cando te identificas, tamén se establecen varias cookies para gardar a información de usuario e a súas preferencias de pantalla. As cookies de autenticación duran dous días, e as cookies de preferencias de pantalla duran un ano. Se escolles a opción “Recordarme”, o teu nome de usuario se gardará durante dúas semanas. As cookies de autenticación serán eliminadas se se pecha a sesión.

Utilizamos unha cookie para mostrar mensaxes de éxito e fracaso ós usuarios rexistrados, en resposta a certas accións, como unirse a un grupo. Estas cookies non conteñen datos persoais e se borran inmediatamente después da seguinte carga da páxina.

Utilizamos cookies en directorios de grupos, membros e actividades para facer un seguemento das preferencias de navegación do usuario. Estas preferencias inclúen os últimos valores seleccionados dos despregables de ordenación e filtro, así como a información de paxinación. Estas cookies non conteñen datos persoais e se borran ó cabo de 24 horas.

Cando un usuario que iniciou sesión crea un novo grupo, utilizamos unha serie de cookies para realizar un seguemento do proceso de creación do grupo. Estas cookies non conteñen datos persoais e bórranse cando se crea o grupo ou después de 24 horas.

Se editas ou publicas un artigo, gardarase unha cookie adicional no teu navegador. Esta cookie non contén datos persoais e simplemente indica o identificador do artigo que se está a editar. Esta cookie caduca despois de un día.

Se deixas un comentario neste sitio poderían almacenarse en cookies algúns datos como o nome, o correo electrónico e a páxina web. Isto faise por facilitar a navegación, xa que permite non ter que volver a introducir esos datos cando se vai escribir outro comentario ou entrada de actividade. Estas cookies teñen unha duración de un ano.

Podes consultar máis información sobre as cookies deste sitio web na nosa Política de Cookies.

Contido incorporado de outros sitios web

Os artigos deste sitio web poden incluir contidos incrustados (por ex. videos, imaxes, artigos, etc.). Os contidos incrustados de outros sitios web teñen o mesmo comportamento que se o usuario visitase o sitio web de onde proveñen.

Estos sitios web poden recoller datos sobre ti, usar cookies, incrustar contidos adicional de seguemento de terceiras partes e monitorizar a túa interacción co mencionado contido incrustado, incluindo seguemento da interacción do usuario co contido incrustado no caso de ter conta no sitio web externo e estar identificado nel.

Analítica

Actualmente lévase a cabo una analítica web con fins estatísticos desde as ferramentas da empresa que proporciona o hosting de Mundo Escénico. Pódese consultar a súa política de privacidade aquí. Tamén é posible que se leve a cabo un procesamento e/ou seguemento da actividade dos usuarios co fin de mellorar os servizos de Mundo Escénico a través de ferramentas de Google Analytics ou Facebook. Podes consutar aquí a Política de Privacidade de Google, aquí a Política de datos de Facebook e aquí a na nosa Política de Cookies ou tratamento de cookies. Ademais é posible que se faga uso do servizo Recaptcha de Google para protexer á web contra usos abusivos. Podes consutar aquí a súa Política de Privacidade.

Con quen compartimos os teus datos

Actualmente non compartimos os teus datos persoais con terceiras partes, salvo ás analíticas mencionadas anteriormente.

Canto tempo se reteñen os teus datos

Dos usuarios que se rexistran no sitio web, almacenamos a información persoal que eles proporcionan no seu perfil de usuario. Tódolos usuarios poden ver, modificar ou eliminar a súa información persoal en calquera momento. Os administradores do sitio web poden tamén ver e modificar esa información.

Se deixas un comentario, ese comentario e os seus metadatos serán retidos indefinidamente. Isto é así para poder recoñecer e aprobar posteriores comentarios en lugar de mantelos nunha cola de moderación.

Que dereitos tes sobre os teus datos

Se tes unha conta neste sitio ou deixaches comentarios, podes solicitar a exportación nun ficheiro dos teus datos persoais e os relacionados coa conta. Tamén podes solicitar que se eliminen todos os datos persoais que se foron almacenando sobre ti. Isto non inclúe calquera dato que esteamos obrigados a entregar á administración ou a outras entidades por temas legais ou por motivos de seguridade.

Onde enviamos os teus datos

Os comentarios dos visitantes poida que os revise un servizo de detección automática de spam. O resto de datos mantéñense en servidores dentro da Unión Europea, en particular en centros de datos de 1&1 IONOS España S.L.U (ver a súa Política de Privacidade).

Información de contacto

No caso de querer realizar o acceso, rectificación, supresión e portabilidade de datos persoais, así como oposición e limitación ó seu tratamento, podes utilizar o correo electrónico: info@mundoescenico.gal, indicando de forma visible o dereito específico que se exerce.

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!