Que é Mundo Escénico?
Mundo Escénico é unha plataforma dixital aberta que nace co fin de modernizar, democratizar e impulsar o sector das artes escénicas e musicais en Galicia. Deste xeito, dase soporte a unha comunidade que conta con ferramentas e servizos de valor engadido no ámbito do teatro, a música, a danza e o folclore.
A plataforma Mundo Escénico caracterízase por ser:
- Aberta: calquera pode formar parte da comunidade para participar e colaborar
- Social: os contidos son xestionados polos propios usuarios que teñen sempre o control da información
- Innovadora: a plataforma irá creando servizos que cubran ás necesidades da comunidade
Cales son os obxectivos de Mundo Escénico?
Os obxectivos principais da iniciativa son:
- Difundir información de grupos, compañías, bandas e dos seus espectáculos.
- Conectar os diferentes axentes e ámbitos das artes escénicas e musicais para facilitar a procura de sinerxias.
- Dispor dun espazo para a oferta e demanda de servizos profesionais e formacións específicas das artes escénicas e musicais.
- Facilitar a programación aos xestores culturais fomentando a igualdade de oportunidades.
- Recopilar e divulgar información e recursos de interese no eido escénico.
A quen está dirixido Mundo Escénico?
Mundo escénico está dirixido principalmente a catro perfís de usuario:
- Os artistas, membros de grupos, bandas e compañías, que necesitan un espazo específico e organizado onde divulgar o seu traballo e conectar co público e con outros artistas e profesionais.
- Os xestores e programadores culturais, que buscan un directorio con tódolos grupos e espectáculos en carteleira e ferramentas para poder deseñar e divulgar de forma máis efectiva as súas axendas, e tamén para xestionar os aforos.
- Os profesionais do sector (directores/as, coreógrafos/as, escenógrafos/as, actores, actrices, bailaríns, técnicos de luces/son…), que precisan un canal específico para ofrecer os seus servizos vinculados as artes escénicas e musicais.
- Os espectadores, que buscan unha axenda completa e actualizada de espectáculos con valoracións da Comunidade e tamén seguir e interactuar cos seus grupos favoritos.
Que servizos ofrece Mundo Escénico?
Actualmente a plataforma web de Mundo Escénico ofrece:
- Unha axenda centralizada e aberta para a divulgación de eventos que conta cun mapa e a posibilidade de xestionar entradas
- Un directorio de grupos, compañías, bandas (cun mapa) e tamén dos seus espectáculos, con valoracións da comunidade.
- Unha rede social sectorial para facilitar a comunicación entre os distintos membros da comunidade
- Unha sección “Ágora” na que se ofertan formacións e servizos profesionais
- Un blog aberto a colaboracións con artigos e recursos de interese no eido escénico
- Próximamente… unha ferramenta para facilitar a programación aos xestores culturais
Como podo formar parte da Comunidade Mundo Escénico?
Tan so hai que rexistrarse gratuitamente premendo no seguinte botón.
Teño un grupo, compañía de teatro ou banda de música, en que me beneficia Mundo Escénico?
Por unha banda, rexistrándote como usuario tes a posibilidade de poder conectar con outros usuarios artistas ou profesionais de calquera disciplina das artes escénicas que estean na Comunidade.
Por outra banda, podes xestionar a ficha do teu grupo, compañía ou banda no directorio, así como os teus espectáculos para darlle máis difusión e visibilidade. Tan so tes que buscar o grupo no directorio e solicitar administralo ou ben crealo se non existe.
Mundo Escénico difunde periódicamente información dos grupos e dos seus espectáculos na axenda, en redes sociais e no seu boletín. Ademáis, formar parte do directorio de Mundo Escénico terá máis vantaxes a medida que se vaian construindo servizos específicos como pode ser a ferramenta de xestión cultural (actualmente en desenvolvemento) a través da que se poden recibir propostas de actuacións.
Quen está detrás de Mundo Escénico?
Mundo Escénico é unha iniciativa que nace ao abeiro do programa de emprendemento Go2Work (organizado pola Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial – EOI) na primavera de 2019. O seu fundador, Daniel Amós, é Enxeñeiro de Telecomunicacións e gran apaixoado das artes escénicas. Esta combinación fai posible que a plataforma se poda adaptar ás necesidades que van xurdindo na Comunidade e ofrecer así cada vez máis servizos de valor engadido que permitan impulsar a cultura escénica e musical galega.
Tes máis dúbidas ou queres colaborar con Mundo Escénico para axudar a impulsar esta plataforma galega de artes escénicas?