Marzo 2021
XXI Mostra de Teatro Clásico de Lugo
A XXI Mostra de Teatro Clásico, conta este ano con 9 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade no mes de marzo. O evento contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas e este ano case un 50% das obras son de compañías de traxectorias contrastadas como Chévere, Producións Teatrais Excéntricas ou Elefante Elegante. Ademáis esta edición conta coa estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón, que forma parte da oferta para público familiar. ...
Singular 2021. VI Festival Internacional de Monólogo Teatral
Singular, Festival Internacional do Monólogo Teatral de Narón, A Coruña, celebra a súa sexta edición do 6 ao 28 de marzo cunha programación de dez espectáculos (dúas estreas) que serán representados maioritariamente no Pazo da Cultura de Narón. Tódalas obras teñen en común ser unipersonais, símbolo de identidade deste festival que naceu co obxecto de potenciar as propostas dramáticas cun único intérprete sobre o escenario. O festival compleméntase con tres actividades paralelas: unha mesa redonda e dous cursos. ...
Abril 2021
Festival Primavera en Danza (XIX Edición)
Primavera en Danza volve do 9 ao 23 de abril coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza (29 de abril). Nesta 29º edición, o Festival regresa á súa estación habitual cun programa único en Galicia que inclúe 5 espectáculos entre os que haberá unha estrea do espectáculo “Mocap”, do creador Matías Daporta. ...
Atopémonos bailando 2021
Atopémonos bailando é o proxecto de reactivación de Colectivo Glovo en colaboración co Concello de Lugo e o apoio de Agadic, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia no que se reúnen varias artistas emerxentes da danza de Galicia a través dun programa de residencia, formación, mediación e exhibición na cidade de Lugo no 2020 e 2021: Elahood (Julia Laport e Sabela Domínguez), Alejandra Balboa, Alba Fdez Cotelo + Estefi Gómez · Cía Exire, Cris Vilariño, Colectivo Glovo e a cronista cultural: Nieves Neira. ...
XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo (MITEU)
A Universidade de Vigo retoma a súa programación cultural cunha aposta renovada polas creadoras e creadores locais. Baixo o lema Cultura Segura, o teatro e a música volven á UVigo da man de dous dos seus grandes emblemas: a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, que acada así a a súa XXIII edición, e o Festival Sonora, rebautizado como Sonora 2.1, xa que nesta ocasión o concerto contará cunha única actuación. ...
XII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos
Nova edición do Encontro de Teatro Afeccionado que terá lugar na vila de Bentazos. Tódolos asistentes a este evento cultural poderán gozar durante os días 24 e 25 de Abril e o 8 e 9 de maio na Aula de Cultura Xulio Cuns a partir de las 20.00 horas de catro entretidas obras de teatro. A entrada será de balde. ...
Xuño 2021
Galicia Escena PRO 2021
Galicia Escena PRO (GEP) será en 2021 máis profesional ca nunca. O mercado galego de artes escénicas volve do 7 ao 10 de xuño para recuperar a súa posición como escaparate destacado na compra-venda de espectáculos e punto de encontro para todo o sector, seguindo co seu esquema de organización compartida entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega). ...
uscénica 2021 – Festival de artes escénicas
O festival de artes escénicas da Universidade de Santiago, USCénica, inicia o martes día 22 unha nova edición con máis de unha vintena de propostas. Ata o día 10 de xullo programa teatro, danza, música e proxecións en diferentes espazos da cidade, como o Salón Teatro, o Principal, a Igrexa da USC e a Sala Roberto Vidal Bolaño. O complemento serán catro cursos formativos. Ao longo de tres semanas, a programación permitirá achegarse a parte da creación escénica de Galicia xa que participarán compañías como Glovo Danza, Cámara Negra, The Swinging Flamingos, Pablo Seoane, Diego Anido, Javier Martín, Lorena Conde, Iago Mourinho Trío, Ana Gesto, entre outros. ...
Xullo 2021
26ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU)
A Mostra de Teatro é a culminación da actividade da Aula de Teatro Universitaria e un factor dunha intervención social e cultural de grande importancia na cidade de Ourense. Trátase, en definitiva, de potenciar o intercambio artístico e humano entre actores universitarios e profesionais galegos, da Península Ibérica e de fóra dela. E, a carón disto, nun tempo concentrado entre a inauguración e a clausura, achegar historias e xeitos de contalas diversos a Ourense e á súa Universidade. Que os cidadáns viaxen por este o noso mundo co billete que inclúe a entrada e coa equipaxe do seu maxín. ...
XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC 2021)
Este ano a MITCFC ofrecerá vinte espectáculos entre o 1 e o 10 de xullo. Haberá catro estreas absolutas, das cales tres están coproducidas pola propia Mostra, como son os casos das obras Isolada, Abradacaver e Cantingio. A peza teatral Espécies Lázaro será unha estrea nacional, mentres que outras nove propostas serán estreas en Galicia. Son os casos de Xirgu, Secretos de alcoba, La señorita doña Margarita, El viento es salvaje, Al otro lado, Comando señoras, Ritos de amor y guerra, Water falls e A Contenda do Río Miño. ...
Morrasound Rock Fest 2021
O Morrasound Rock Fest volve a Moaña tralo parón do ano pasado por mor da pandemia. Este ano como novidade, o evento se divide en dúas localizacións para achegalo máis ao casco urbano. Así, o vernes 2 de xullo celebrarase no Parque de Samertolameu un concierto punk a cargo de Enxeito e outro de rock da man do conxunto vigués Zalomon Grass. Pola tarde haberá animación para os máis pequenos a cargo de Peter Punk Pallaso. E o plato forte será o sábado 3 de xullo no Mirador da Fontenla, onde actuarán The Broke, Anarchiks, Bala e os dous grupos que encabezan el cartel: Immaculate Fools e Los Enemigos. Entremedias haberá espectáculos a cargo de Cirkompacto e Asacocirco e tamén se instalará unha carpa con talleres para os máis pequenos. ...
Programa PROPulsa (Danza+Paisaxe+Patrimonio)
Co obxectivo de poñer en valor e unir a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia coa danza e artes do movemento, a Xunta de Galicia, no marco do Xacobeo 21-22, pon en marcha PROPulsa.Danza+Paixase+Patrimonio 2021, programa que mestura danza, patrimonio e paisaxe en espazos singulares de 27 localidades galegas durante os meses de xullo e agosto, buscando novas experiencias e achegando ao público unha nova forma de ver a danza. ...
37 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT Ribadavia)
Do 15 ao 25 de xullo bota a andar unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Será a 37ª edición, cunha imaxe renovada e refrescante, que se afronta retomando o impulso e a vocación internacional, con espectáculos de calidade de diversas disciplinas das artes escénicas baixo o lema ‘A arte marca a diferenza’. Esta edición pretende ser una clara expresión de recuperación cultural, económica e turística, apostando pola calidade e a coherencia dun programa con catro coproducións galegas, varias estreas nacionais e internacionais, obradoiros e foros. ...
Rúa EXTcénica – V Festival de Artes Escénicas na rúa
Do 16 ó 18 de xullo terá lugar a quinta edición do Festival de Artes Escénicas na Rúa, un evento con espectáculos para o público familiar e adulto. As prazas, xardíns, paseos e outros espazos singulares do Concello servirán de escenario para os diversos espectáculos de danza, circo, teatro e música que terán lugar eses días. ...
6º Festival de Títeres Tradicionais – TITIRIBERIA 2021
O VI Festival Titiriberia organizada pola Asociación Morreu o Demo e o Concello de Rianxo conta este ano con oito compañías galegas: Larraitz Producións Artísticas, Seisdedos, Trécola, Paporrubio, Micromina, Indignati, Alakrán e Babaluva. Ademais hai unha catalá (La Fábrica Fantástica) e unha internacional, con integrantes de Portugal e Exipto (Habib e Valeria). Esta edición estará máis descentralizada cunha oferta que se poderá ver en: Araño, Isorna, Taragoña, Leiro, Asados e o propio Rianxo. ...
XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo
O XXXVII Festival Intercéltico do Morrazo, organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 30, 31 de xullo e 1 de agosto de 2021. Nesta edición poderemos gozar dos concertos de 3 agrupacións galegas e unha asturiana: Xosé Lois Romero e Aliboria, Xisco Feijoó, Susana Seivane e Felpeyu.
Esta 37ª edición do FIM será emitida en directo en streaming aberto a través da canle de Facebook do Festival e da plataforma Tolemias. ...
Agosto 2021
XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño
A 43º edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño ofrecerá a primeira semana espectáculos para público infantil e familiar (Mamá Cabra, Barafundo, Talía Teatro, Ghazafelhos, Pedras de Cartón...) e a segunda semana contará cunha programación para adultos da man de compañías como Malasombra, Redrum Teatro, Sarabela ou Culturactiva. Os espectáculos representaranse polas rúas do municipio, en espacios ao aire libre nas parroquias, así como no auditorio municipal e también na Praza do Campín, onde non haberá que pagar entrada, ainda que fará falta reservar. ...
Festival Manicómicos 2021
A XX edición do Festival Manicómicos comezará este xoves en A Coruña no marco das festas de María Pita. A asociación con sede en O Castrillón rescata parte da programación pensada para o ano pasado e os cidadáns poderán gozar cos espectáculos do circo contemporáneo e das artes da rúa integramente no parque de Santa Margarita ...
V Festival de Jazz de Moaña
O jazz e os seus ritmos chegan a unha nova edición do Festival de Jazz Moaña. O evento, organizado pola Asociación de Jazz de Moaña, o Concello e Moaña Son de Mar, pretende achegar aos veciños e visitantes este estilo de música. O cartel deste año está composto por Raynald Colom, Juzz e Quarteto Açaí. ...
Festaclown 2021
Baixo o lema "Volven as risas", esta nova edición apostará, ...
9º edición Danza no Claustro
Do 19 ao 21 de agosto, Danza no Claustro preséntase nos claustros de Santo Estevo de Ribas de Sil, Santa María de Melón e Santa María de Xunqueira de Espadanedo (provicia de Ourense) nunha 9ª edición que acolle ás y ós artistas Arnau Pérez (Cataluña), Colectivo Sin Par (Andalucía), Cía No Bautizados (Madrid) e Clara Ferrao (Galicia). ...
XI Festival de Danza e Artes do Corpo – C(A)T // 2021
Despois de 10 anos de Corpo(a)terra, esta XI edición está máis deslocalizada e pasa de Ourense a Allariz e Gondomar. Nesta undécima edición o festival reinvéntase nunha nova etapa denominada c(a)t, unha versión máis curta do nome e tamén da programación, dada a situación provocada pola COVID-19. ...
XXII Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei
A Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei-Teatro no Camiño de Santiago é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de 250 compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia. Nesta vixésima segunda edición participarán dez grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. ...
Setembro 2021
XXII Festival Internacional de Títeres de Redondela – FIT Redondela 2021
A XXII edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) contará con máis de 25 compañías de Galicia, Castela e León, Madrid, Valencia, Cataluña, Francia e Rusia, que desenvolverán máis de 40 actividades de sala e de rúa en diferentes localizacións de Redondela. Entre as compañías participantes están Larraitz Urruzola, Moving Compass, Bambalina Teatre Practibable, Teatro Saco de Huesos, Tanxarina Títeres, The Fifth Wheel, Alauda Teatro, Micromina Teatro de Títeres, Le Guignol Orthopédique, Uxía Lambona e a Banda Molona, Spaguetti Títeres, Cachirulo Títeres, Cazando Gamusinos Teatro, As Efémeras, Opakar, Les Grandes Personnes, Paporrubio Cía, Fanfarria Taquikardia, Los Dixie Kings. ...
II Festival Comediártiko
A Sala Ártika de Vigo comeza a tempada de programación coa segunda edición do festival de comedia, Comediártiko. Nesta ocasión poderanse ver obras tanto de compañías galegas como outras de ámbito nacional, coas que podremos apreciar as diferentes formas de facer comedia. Tarambana Espectáculos (Madrid) con “ChispisWoman, la Heroína del Barrio”, Tanxarina (Galicia) con “Trogloditas”, StudiZeroTeatre (Illas Balears) con “La Cantante Calva” e Isabel Risco junto con Fran Rei con “DuoVaguedades” serán as compañías e obras encargadas de encherr Vigo e o teatro de risas. ...
32º Festival de Teatro Galego (FETEGA 2021) “Celso Parada”
Na XXXII edición do Festival de Teatro Galego “Celso Parada” (FETEGA) estrenarase unha nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) titulada “Serva me, serbato te”. O Festival ofrecerá tamén os espectáculos "Bailar Agora" de Marta Alonso e "O Premio" de La Quintana Teatro así como outras actividades paralelas e espectáculos de rúa a cargo de Barafunda. ...
XX Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán
O FESTIVAL DE TEATRO AFECCIONADO AGUSTÍN MAGÁN organizado pola FEGATEA celébrase en Santiago como ven sendo habitual, pero este ano para celebrar o 20 aniversario, amplíase o número de espectáculos (participan 8 compañías) e de espazos onde terán lugar as mesmas: Teatro Principal, Sala Magán do CSC de Sta. Marta e Salón Teatro. Para finalizar as actividades desta vixésima edición levarase a cabo o día 3 de octubre a partir de las 19.30 unha homenaxe á figura do teatro amador que lle da nome ao Festival de Teatro Aficionado, don Agustín Magán, coa presencia da súa familia, do grupo que formou e dirixiu durante tantos anos, Ditea así como de distintas persoas representantes das administracións. ...
VIII Festival das Núbebes
Tras unha pausa no 2020, chega a Pontevedra unha nova edición do primeiro festival de artes escénicas en Galicia, dedicado a bebés e familias. Serán dous fins de semana cargados de actividades, especialmente pensadas para nenos de 0 a 6 anos, que se farán na rúa e no Teatro Principal de Pontevedra. Este ano o festival vai ter un formato especial, máis pequeno e contido, adaptado ás circunstancias sanitarias. Catro días, catro compañías e 2 pases pases por día nun programa fantástico con espectáculos marabillosos para ti e o teu/túa bebé. ...
30ª Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT 2021 )
Tralo FIOT “En pausa” do ano pasado obrigado pola dura realidade que vivimos, volve unha nova edición do festival que a pesar das dificultades ainda existentes sigue adiante cos folgos e o pulo de sempre, para conseguir un reencontro no que reflexionar e emocionarnos. Mantense o compromisos co teatro, en especial
coa escena galega, que segue a loitar coas graves repercusións desta crise, e recupéranse funcións que foran pospostas. Tamén regresan os clásicos eixos que estruturan o FIOT: o programa de Sala, o Otni, a Rúa dos Contos, o M2, o Teatro de Rúa, e mesmo algunha novidade como “En ruta”. Tamén se retoma a diversidade de actividades “En Paralelo”. Trinta e nove espectáculos, estreas, unha produción propia, diversas colaboracións… Numerosas oportunidades para celebrar este trixésimo aniversario. ...
Outubro 2021
VIII Festival Internacional de Poesía de Allariz (Poemagosto 2021)
Allariz retoma este ano unha nova edición do Festival Internacional de Poesía "Poemagosto" no recinto do Festival Internacional de Xardíns. Trátase dun evento de referencia que este ano contará coa palabra de Manuel Rivas, Helena Villar Janeiro ou Lorena Conde, desde a Galiza, e Samuel F. Pimenta ou Itisha Giri, desde outras latitudes ...
XXVI Festival Internacional Galicreques
Esta 26ª edición do Festival Internacional Galicreques ofrece máis de 50 funcións de 25 compañías para converter Santiago na capital do teatro de títeres. Ademáis, contará con artistas dunha decena de países: Xapón, Polonia, Brasil, Bélxica, Ecuador, Arxentina, El Salvador, Francia, Portugal e España. Este ano haberá sete estreas absolutas de montaxes e como novidades recupéranse as funcións escolares e as actividades estarán máis descentralizadas, chegando tamén aos barrios dos arredores. ...
V Festival de Danza da Rúa da Coruña – Quincegotas
A danza escapa dos seus escenarios habituais e instálase nas rúas e nas prazas da Coruña para se converter nun elemento máis nos espazos de convivencia cotiá da cidade. O Festival Quincegotas leva a danza lonxe das butacas dos teatros e preto da veciñanza para gozar dun festival que logrou agrupar algunhas das mellores compañías de danza de Galicia e de fóra da comunidade. ...
XIV Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)
Volve o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) cunha decimocuarta edición que expande fronteiras ata Barbadás como gran novidade deste ano. Nove espectáculos de compañías galegas de temáticas diversas (teatro, teatro de rúa, danza, clown...) encherán a cidade de cultura durante dez días. Esta edición contará coas actuacións de Compañía Viejas Promesas (Madrid); Imaginart Teatro (Castilla y León); Paula Malik (Colombia); Boca de Cao (Portugal) e Artesacía, Cía Furia Sotelo, Teatro do Atlántico, Producións Teatrais Excéntricas e Marta Alonso de Galicia. ...
Novembro 2021
V Festival de Artes pola Inclusión Cultural – FESTIGUAL
O FESTI= pretende amosar unha cultura sen barreiras, sen trabas: unha cultura para todos e todas. Asociacións e artistas únense por facer unha cidade máis igualitaria e máis diversa, ofrecendo actividades gratuítas durante o FESTI= para garantir a participación e o acceso á cultura a todos os colectivos. Trátase dun festival expandido, con varias citas e proxectos, nas que as entidades sociais da cidade son as protagonistas, e que conta con actividades para todos os públicos, libres de barreiras físicas ou sensoriais. ...
III Festival Teatro Valacar (FTV 2021)
Se queres romper esquemas non te perdas o III Festival Teatro Valacar organizado pola ONCE no que se representarán dúas pezas durante novembro e decembro na Sala de Teatro Intermitente Valacar de A Coruña. ...
Decembro 2021
18ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI 2021)
A Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI) celebra a súa 18º edición con sete espectáculos de compañías galegas que se representarán entre o 27 de decembro e o 2 de xaneiro. Trátase dunha edición máis reducida pola falta de apoio económico por parte do Concello no que participarán Eme2, A Gramola Gominola, Traspediante, O Mago Teto, Pedras de Cartón, Trécola Teatro e Geppetto. ...
Non hai eventos!