uscénica 2021 – Festival de artes escénicas
Presentación
En tempos complexos coma os que vivimos, poucos elementos teñen tanta capacidade de contribuír á dinamización e reforzo das relacións sociais e persoais como a cultura. Por iso a USC, nesta chamada nova normalidade, reforza a súa aposta por aquilo que nos une e nos inspira, por todas e cada unha das súas formas. É a cultura USC.
O festival de artes escénicas da Universidade de Santiago, USCénica, inicia o martes día 22 unha nova edición con máis de unha vintena de propostas. Ata o día 10 de xullo programa teatro, danza, música e proxecións en diferentes espazos da cidade, como o Salón Teatro, o Principal, a Igrexa da USC e a Sala Roberto Vidal Bolaño. O complemento serán catro cursos formativos. Ao longo de tres semanas, a programación permitirá achegarse a parte da creación escénica de Galicia xa que participarán compañías como Glovo Danza, Cámara Negra, The Swinging Flamingos, Pablo Seoane, Diego Anido, Javier Martín, Lorena Conde, Iago Mourinho Trío, Ana Gesto, entre outros.
Programa
Martes 22 de xuño
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
- 20:00h – Encontro: Rodrigo García
Mércores 23 de xuño
Terraza do Auditorio da Universidade
- 21:00h – Glovo Colectivo de danza: EM · NA (30min)
- 22:00h – Concerto: Yago Vázquez Trío (Terraza do Auditorio da USC)
Xoves 24 de xuño
Salón teatro
- 21:00h – Cámara Negra Teatro: Clausura do Amor (120min)
Venres 25 de xuño
Teatro Principal
- 21:00h – Aula de Teatro da USC: A Casa da Forza (2, 52 – 88) (60min)
Sábado 26 de xuño
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
Terraza do Auditorio da USC
- 21:00h, 21:30h e 22:00h – Belén L. Yáñez: Encounters (20min)
- 23:00h – Proxección: Los Limones, La Nieve y Todo lo Demás de Matarile Teatro (59min)
Martes 29 de xuño
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
- 20:00h – Encontro: Baltasar Patiño: Reacciones entre Luz Espacio Sonido
- 22:00h – Concerto: The Swinging Flamingos
Mércores 30 de xuño
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
- 21:00h e 21:45h – David Creus: Insomnio de Calamar (25min)
Xoves 1 de xullo
Salón Teatro
- 21:00h – Diego Anido: O Alemán (45min)
Venres 2 de xullo
Teatro Principal
- 21:00h – Javier Martín: Teorema (70min)
Sábado 3 de xullo
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
Terraza do Auditorio da USC
- 21:00h – Cinema Sticado: Strpts (60min)
- 23:00h – Proxección: Resaca (68min)
Martes 6 de xullo
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
- 20:00h – Encontro: Ana Vallés: Touché! (el tacto y la distancia)
- 22:00h – Concerto: Iago Mourinho Trío
Mércores 7 de xullo
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
- 21:00h – Pablo Seoane: Phármakon (55min)
Xoves 8 de xullo
Igrexa da Universidade
21:00h – Gena Baamonde, Rut Balbís, Cristina Balboa, Sabela Domínguez, Julia Laport, Manu Lago, Verónica Moar, Jas Processor, Andrea Quintana, Paula Quintas: Clásicas Desfeitas, Vol. 3 (50min)
Venres 9 de xullo
Teatro Principal
- 21:00h – A Feroz: Santa Inés (80min)
Sábado 10 de xullo
Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño
Xardín do Auditorio da Universidade
- 21:00h – Ana Gesto: Concerto para Ferreñas e Do de peito (Da Capo al Fine) (30min)
- 22:00h – Concerto peche: Marta Casais & Benjamín Vázquez + Sesión DJ con Jas Processor