Entradas esgotadas na era COVID-19

Entradas esgotadas polo coronavirus

Non podo deixar de ter unha sensación agridulce cada vez que vexo un cartel de “Entradas esgotadas” ou “Aforo completo” nestes últimos meses.

Por unha banda penso, xenial!, a cultura está a ter demanda, a xente quere e necesita sentir e gozar os espectáculos en vivo! A pesar das mascarillas, a pesar do distanciamento social, o público acude e enche os lugares nos que teñen lugar as actuacións, con sentidiño, con precaución, sen perigo. As probas están aí, a cultura é segura porque a xente que a consume é responsable.

Ler máis

Nova funcionalidade: notificacións por correo electrónico

Notificacions de correo de Mundo Escénico

Estamos moi contentos de poder anunciar que xa está funcionando o sistema de notificacións por correo electrónico para a actividade que ten lugar na plataforma. Así é máis doado non perderse publicacións relevantes da comunidade Mundo Escénico. O sistema ten en conta as preferencias dos usuarios para que a información recibida sexa sempre o máis personalizada posible e encaixe cos intereses do usuario . Polo momento, o sistema ten en conta o tipo de usuario (artista, espectador/a, xestor cultural, profesional) e os ámbitos de interese escollidos no perfil (Teatro, Música, Danza, Folclore, Outros).

Ler máis

FTMC – Boletín #8

Boletín 8 Fondo Teatra María Casares

Nova entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, o último que publicará Mundo Escénico, xa que a partir de agora será un dos impulsores do Fondo, a Revista Galega de Teatro, quen se encargará da publicación periódica de recursos do FTMC na súa web erreguete.gal. Neste oitavo boletín falamos da obra Rottweiler de Guillermo Heras (con tradución de Alexandra Moreira da Silva), de Música en escena de Tomás Marco, onde se tratan as relacións da música e o teatro en diferentes ámbitos, da publicación que homenaxea 25 anos de Sarabela Teatro (1980-2005) e da revista ADE, teatro (Revista de la Asociación de directores de escena de España).

Ler máis

Convocatoria aberta do “Certame de creación de dúos e solo” (Festival SóLODOS en Danza Ourense 2020)

Convocatoria Certame SoLODOS en Danza 2020

BASES PARA O CERTAME DE CREACIÓN de DÚOS E SOLOS

  • DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS: 2 de outubro 2020
  • DATAS FESTIVAL E CERTAME: Do 3 ao 5 de decembro de 2020
  • LUGAR: Ourense, Galicia, España. 

PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS:

1. Poden participar todas aquelas coreografías (dúos e solos) de creadores iberoamericanos, residentes en España maiores de 18 anos. Os intérpretes das obras tamén deben ser maiores de 18 anos

2. Poderán presentarse solos e dúos de danza contemporánea. As pezas estarán interpretadas por un ou dous artistas. É indispensable que o creador (tanto nos solos como nos dúos) sexa intérprete na obra.

Ler máis

FTMC – Boletín #7

Boletín 7 Fondo Teatra María Casares

Sétima entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, onde descubrimos recursos relacionados cos títeres tradicionais (Morreu o demo, acabouse a peseta con realización da Asociación Cultural Morreu o demo, co teatro afeccionado (Vinte obras de teatro afeccionado de Pepe Peinó con prólogo de Manuel Lourenzo e Ilustracións de Pepe Blanco, coa mecánica da carne do poder (105 PASOS o la mecánica de la carne de Pedro Fresneda con prólogo de Julio Fernández Peláez) e coa obsolescencia programada (O Fim do Fim de Joâo García Miguel).

Ler máis

FTMC – Boletín #6

Boletín 6 Fondo Teatra María Casares

Nesta entrega do boletín presentamos recursos nos idiomas galego, castelán, francés e portugués, mostra da diversidade que se pode atopar dentro do fondo. En particular, falamos de A casa de Grey Gardens de Manuel Roman (tradución ao galego de Antela Cid), Tadeusz KANTOR – Photographies de Caroline Rose, Fiestacultura, revista especializada en teatro de calle y fiesta (verán 2020 nº 83) e Aquilo que os olhos vêem ou Adamastor de Manuel António Pina.

Ler máis

FTMC – Boletín #5

Boletín 5 Fondo Teatra María Casares

Aínda que o estado de alarma sanitaria polo Covid 19 segue vixente, nós “resistiremos” mantendo a periodicidade mensual informando sobre os libros e revistas de teatro que integran o Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.

Nesta entrega falamos dos Cadernos da Escola de Imaxe e Son de A Coruña, da versión de Manuel Guede Oliva e Eduardo Alonso de Tagen Ata (de X.L. Méndez Ferrín), de En el hoyo de las agujas de José Luis Miranda e Recreo de Manuel Veiga, gañadora e finalista respectivamente dos Premios Lope de Vega de 1995 e Artez, la revista de las artes escénicas nº 233 (Marzo-Abril de 2020).

Ler máis

“Farsa das Zocas” de A Quinta do Cuadrante polas Letras Galegas

Imaxe da Farsa Das Zocas de A Quinta do Cuadrante

Día das Letras Galegas

Para celebrar o Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Calvalho Calero, A Quinta do Cuadrante preparou para o Consello da Cultura Galega unha lectura dramatizada da obra do homenaxeado “Farsa das Zocas” (escrita en 1948) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. A interpretación corre a cargo de Melania Cruz, María Vázquez e Tito Asorey, este último tamén encargado da dramaturxia e dirección. Rosa Moledo ocupouse da asesoría lingüística.

Ler máis

FTMC – Boletín #4

Boletín 4 Fondo Teatra María Casares

Estamos xa no mes de abril e aínda estamos confinados nas nosas casas pola pandemia do Coronavirus. Mais xa se albisca o remate do túnel e mentres tanto continuamos resistindo e agardando pola vida que se agocha nos libros de teatro.

Na entrega deste cuarto boletín seguimos informando dalgúns libros especialmente dedicados para a infancia e a mocidade. En particular Teatro por y para niñ@s de Dant Bont, Xogando con gatos de Antón Cortizas (ilustracións de Leandro Lamas) e O Rei Lear. Romeo e Xulieta de William Shakespeare e a versión de Eduardo Alonso/ Cándido Pazó.

Ler máis

FTMC – Boletín #3

Boletín 3 Fondo Teatra María Casares

Publicar o número 3 deste Boletín Informativo  nestes días de confinamento nas nosas casas debido a pandemia do Coronavirus, é un xeito de resistencia, de afirmación da vida e de esperanza.

Algún día, que non está lonxe, poderemos de novo visitar o Fondo Teatral María Casares (FTMC) da Biblioteca Pública de Cangas para ler e representar xuntos TEATRO!  

Nesta ocasión comentamos as pezas Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela de Manuel María, Sueño de una noche de verano de William Shakespeare (adaptación de Aurora Díaz Plaja), Sin vergüenzas / Sen vergonzas de Felipe Loza e Garbiñe Losada ( tradución de Heitor Mera) e Práctica del teatro para niños de Claude Vallon.

Ler máis

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!