VI Concurso de Teatro Breve TESTEATRO

Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo

A Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo (MOTESMO) convoca o VI Premio de Teatro Breve Testeatro, correspondente á XXIV edición de 2020. O premio está aberto a todo o alumnado de secundaria e bacharelato entre 12 e 18 anos que concursará en dúas categorías:

  • Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO
  • Alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e ciclos.

As obras estarán escritas en galego e terán unha extensión mínima de 2 e máxima de 5 páxinas. O tema do texto presentado é libre. Os tres mellores traballos de cada categoría serán premiados cun agasallo conmemorativo e a súa publicación conxunta nun caderno editado pola organización da Mostra en colaboración da erregueté (Revista Galega de Teatro). Ademáis, as obras gañadoras poderán ser representadas polos grupos de teatro participantes na Mostra na edición seguinte á do premio.

Os textos faranse chegar, ben individualmente, ben a través do centro ao que o alumno/a pertenza, a través de correo postal ou electrónico, ao centro organizador da mostra:

 IES Plurilingüe A Paralaia 
O Redondo s/n. 36950 Moaña, Pontevedra.
Telf: 886 120 354
teatroparalaia@gmail.com

O prazo para presentar os textos no IES A PARALAIA remata ás 24 h do día 27 de marzo de 2020.

Aberto o prazo para a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2020

Auditorio Manuel María do Carballiño

Como tódolos anos Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a XIII edición da Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” a celebrar no Carballiño entre o abano dos días 3, 10, 17, 24, 31 de Outubro e 7 de Novembro de 2020, ás oito e media da tarde.

Cada grupo seleccionada percibirá a cantidade de 700 euros pola súa actuación, e os socios da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), 800 euros.

Seguirá existindo o Premio Tiruleque, que se outorgará -a criterio da organización- ó mellor grupo teatral participante. Este premio, que non ten contido económico, consiste na contratación directa do grupo gañador para a futura XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2021, sen ter necesidade de pasar pola escolma do Xurado cualificador.

As obras presentadas deben estar interpretadas no idioma galego e ter unha duración de 60 minutos como mínimo, e de 90 minutos como máximo.

As Bases teñen novidades con respecto ás do pasado ano, e o prazo para presentar os traballos remata o 10 de xuño de 2020.

Primeiros pasos en Mundo Escénico

A web de Mundo Escénico ten moitas seccións abertas que non requiren rexistrarse como usuario, pero o rexistro é gratuíto e ten moitas vantaxes, a máis importante: formar parte da Comunidade.

Como me rexistro?

Para rexistrarse podes premer o botón “Únete á comunidade!” que aparece na portada ou ir á ligazón: https://mundoescenico.gal/rexistro

O formulario de rexistro ten campos obrigatorios e opcionais. Ademáis se pode escoller o grao de privacidade para cada campo: se desexas que estea oculto, que o vexan so os teus amigos, etc.

Ler máisPrimeiros pasos en Mundo Escénico

36ª Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC)

Do 28 de xuño ao 6 de xullo terá lugar en Cangas do Morrazo unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro que este ano conta cunha veintena de obras, cinco estrenos e máis formatos e escenarios. De feito aparte de representacións na rúa, tamén está previsto que a praia nudista de Barra sexa un escenario innovador para os espectáculos. Todo isto e outras moitas actividades paralelas converterán a Cangas no epicentro cultural e turístico da zona durante nove días.

Quico Cadaval será o encargado de dar pistoletazo de saida á Mostra na que se estrenarán as obras “A Illa das Matriarcas”, unha coproducción anglogallega de las compañías Aporia Escénica e Theatre of Ancients; “Crunch”, coproducción da compañía galega Muuu e da Mostra; “La gran ofensa”, de Bendita Compañía e El Terrat (Cataluña); “Proxecto Cuco. Cultura contra o cambio climático”, outra coproducción da Mostra con Teatro Tío Teixo; e “C’est pas possible”, de Sempre Arriba, coproducida pola Mostra. Tamén se estrenarán en Galiza outras cinco obras: “Comedia Aquilana”, de Nao de Amores & Cia; “Donna Quixota”, de Pina Polar (Polonia); “La mujer perdida”, de Teatro del Norte; “El desguace de las musas”, de La Zaranda; e “Tentación Divina”, da compañía Artlequín (Arxentina/España).

Máis información: http://www.mostrateatrocangas.gal

Vigo Danza 2019

Este sábado 18 de maio a Danza ten unha cita no Auditorio Mar de Vigo onde 21 escolas de baile da cidade representarán os seus espectáculos a partir das 20:00. As escolas participantes son As Vagalumes Danzas do Mundo, Escuela de Danza Miriam Pino, Media Punta, Club Deportivo Pasos – Baile de Galicia, Conservatorio Coppelia, Escuela de Danza Pasiños, Escuela de Danza Esperanza Arrondo, Danza Academy, Escuela de Danza Essens, Escuela de Danza Inés Núñez, Centro de Danza Allegro, Escuela de Ballet Kiap, New Era, Escuela de Baile Bambalina, Danza Susana Castro, Itacas Escuela de Danza, Teresa Ngundi Dance Studio, Escuela de Flamenco María Rial, Ballerina Coliseum, Escuela de Baile Artes & Danza y Escuela de Baile Unidance.

A entrada é de balde mediante invitación e os pases poderanse recoller na taquilla do auditorio a partir das 19:00 (máximo 2 entradas / persoa).

XVII Primavera en Danza en Carballo

A danza volverá un ano máis ao escenario do Pazo da Cultura de Carballo grazas a Primavera en Danza, un programa que se desenvolverá do 26 de abril ao 12 de maio e que ofrecerá un total de cinco espectáculos:

  • 23 abril: Entresoños, de Fran Sieira (Galicia)
  • 27 de abril: Pink Unicorns, de La Macana (Galicia)
  • 3 de maio: Plastic, de Paula Quintas (Galicia)
  • 4 de maio: La desnudez, de Daniel Abreu (Madrid)
  • 5 de maio: Gaia, de Entremans (Galicia)

Como peche especial, o 12 de maio terá lugar unha gala de baile tradicional a cargo da agrupación coruñesa Xacarandaina, que está a celebrar os seus corenta anos de historia. . Primavera en Danza incluirá tamén actividades complementarias como a exposición Voantes, un taller de danza e a presentación pública dalgunhas das funcións.

X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR)

O martes 2 de abril arrinca no Auditorio Municipal de Cangas o X Ciclo de Teatro Afeccionado do Morrazo (CITEAMOR) cun programa que, agás o 16 de abril, se desenvolve todos os martes ata o 4 de xuño.

O pregón inaugural correrá a cargo da actriz moañesa Antía Costas ás 20.15 horas para continuar coa actuación de Avelaíña Teatro que presenta A ópera de a patacón, de Roberto Vidal Bolaño.

Nesta nova edición do CITEAMOR participan doce grupos de teatro, once deles da comarca. Do total, catro pertencen a distintas asociacións culturais (Grupo de Teatro Charaviscas, Os deslinguados, Petanaporta Teatro e Grupo de Teatro da Asociación Mulleres de Moaña), seis aos diferentes institutos (IES Johan Carballeira, IES María Soliño, Colexio Eduardo Pondal, IES Rodeira, IES As Barxas e IES Paralaia), un de integración DOA Furafollas Teatro mais o grupo convidado, Avelaíña Teatro de Pontevedra. Dentro da programación, a organización destaca o feito de que a metade dos espectáculos están escritos polos mesmos grupos tanto desde a creación colectiva como individual, algo que pon de relevo “a gran afección que hai no Morrazo non só pola interpretación senón tamén pola dramaturxia”.

Máis información:
https://erreguete.gal/2019/04/02/comeza-cangas-x-ciclo-de-teatro-afeccionado-morrazo/

23ª Mostra de Teatro Universitario (MITEU)

A Mostra de Teatro Universitario (MITEU) volve na súa vixésimo cuarta edición, onde se aposta pola diversidade cultural, con piezas de países como México, Chile, Holanda, Costa Rica, Portugal ou Nicaragua, e pola inclusión social, coa obra “A pele que há en mim”, da compañía lusa Armazém Aério.

Nesta nova edición, A MITEU adentrarase na cidade con espectáculos de calle onde se mistura o circense coa danza e a interpretación. O primeiro fin de semana do ciclo (27-28 de abril), a praza de San Martiño acollerá diversas representaciones de circo.

As pezas teatrais non so son de carácter universitario, senon tamén profesional -aproximadamente, un tercio da programación- para que os novos actores podan convivir con eles e incluso ver os seus procesos. As creacións galegas terán unha ampia representación, como en cada edición. Ademáis da Aula Universitaria de Ourense, na Miteu tamén participan a de Vigo, Santiago e Lugo, aparte de outras compañías da comunidade. No referente aos estilos, haberá pezas clásicas, así como apostas máis “arriscadas”.

Máis información:
https://www.laregion.es/articulo/ourense/la-miteu/20190401212013863532.html

X

Únete á Comunidade

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional e/ou xestor cultural!