A Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo (MOTESMO) convoca o VI Premio de Teatro Breve Testeatro, correspondente á XXIV edición de 2020. O premio está aberto a todo o alumnado de secundaria e bacharelato entre 12 e 18 anos que concursará en dúas categorías:
- Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO
- Alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e ciclos.
As obras estarán escritas en galego e terán unha extensión mínima de 2 e máxima de 5 páxinas. O tema do texto presentado é libre. Os tres mellores traballos de cada categoría serán premiados cun agasallo conmemorativo e a súa publicación conxunta nun caderno editado pola organización da Mostra en colaboración da erregueté (Revista Galega de Teatro). Ademáis, as obras gañadoras poderán ser representadas polos grupos de teatro participantes na Mostra na edición seguinte á do premio.
Os textos faranse chegar, ben individualmente, ben a través do centro ao que o alumno/a pertenza, a través de correo postal ou electrónico, ao centro organizador da mostra:
IES Plurilingüe A Paralaia
O Redondo s/n. 36950 Moaña, Pontevedra.
Telf: 886 120 354
teatroparalaia@gmail.com
O prazo para presentar os textos no IES A PARALAIA remata ás 24 h do día 27 de marzo de 2020.