Primeiros pasos en Mundo Escénico

A web de Mundo Escénico ten moitas seccións abertas que non requiren rexistrarse como usuario, pero o rexistro é gratuíto e ten moitas vantaxes, a máis importante: formar parte da Comunidade.

Como me rexistro?

Para rexistrarse podes premer o botón “Únete á comunidade!” que aparece na portada ou ir á ligazón: https://mundoescenico.gal/rexistro

O formulario de rexistro ten campos obrigatorios e opcionais. Ademáis se pode escoller o grao de privacidade para cada campo: se desexas que estea oculto, que o vexan so os teus amigos, etc.

Unha vez cuberto o formulario e enviado, chegarache un correo cunha ligazón de activación que tes que abrir para finalizar o proceso de rexistro. Se non che chegou o correo, é posible que puidera estar na carpeta de “Correo non desexado” ou “Spam”.

Vale, xa estou rexistrado/a, agora que?

A primeira vez que entras co teu usuario e contrasinal, ábrese a páxina do perfil do usuario para que podas completar a información que consideres necesaria. Para iso tes que premer onde pon Editar e despois escoller as diferentes seccións: Datos de usuario, Datos artísticos / profesionais e Redes sociais.

Unha vez completado o perfil podes buscar membros na comunidade para engadir amigos ou grupos para unirte e facer un seguemento da súa actividade. E por suposto podes consultar toda a actividade da comunidade ou a da túa categoría preferida seleccionando o menú correspondente.

Pero eu teño un grupo, como teño que facer?

Se tes un grupo o primeiro que tes que facer é utilizar o buscador de grupos para ver se xa existe. Se o grupo non existe, debes premer no botón “Crear grupo”.

A continuación deberás cubrir un formulario cos datos básicos do grupo e unha vez validados por Mundo Escénico, crearase o grupo e faráseche administrador para que engadas os datos do seu perfil.

No caso de existir xa o grupo no directorio é posible que non teña información porque ninguén solicitou ser o seu administrador. Para solicitar administrar un grupo que xa existe debes entrar no grupo e premer o botón “Administrar” na barra da esquerda.

A continuación debes cubrir un formulario que Mundo Escénico validará antes de facerte administrador do grupo. A partir dese momento xa podes completar os datos de perfil do teu grupo.

Xa son administrador do grupo, que información podo meter?

Existen tres tipos de información que podes introducir para un grupo:

  • Os Detalles do perfil do grupo e as redes sociais
  • A Ubicación do grupo para que apareza no mapa
  • As páxinas de Espectáculos (serviría tamén para actuacións, xiras, discografías…)

Para os datos de perfil, hai que facer clic en Xestionar no menú da esquerda e completar a información desexada.

Escollendo a pestana “Axustes” pódese modificar as categorías do grupo e escoller opcións de privacidade.

Para a Ubicación, basta con seleccionar a pestana correspondente e introducir o enderezo do grupo.

Para validar que o enderezo é correcto, pódese facer clic en “Ubicación” no menú da esquerda e mostrarase un mapa con un marcador no lugar introducido.

Por último para engadir páxinas de Espectáculos hai que facer clic en “Espectáculos” na barra da esquerda e despois premer no botón “Crear páxina de espectáculo”.

Unha vez creada e gardada a páxina do espectáculo poderá verse facendo clic en Espectáculos na barra da esquerda. No caso de querer engadir máis páxinas ou modificalas, hai que entra na opción “Xestionar” na barra da esquerda e despois facer clic na pestana “Extras”. Unha vez aí hai dous botóns, un para ver todas as páxinas (para editalas, reordenalas ou borralas) e outro para engadir unha nova páxina de espectáculo.

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!