O folclore tradicional galego (I)

A cultura é a tradición viva e operante dun pobo. En España nace en 1881 tomando o nome de folclore por iniciativa do galego Manuel Machado Álvarez. En Galicia, a primeira que promove e da a coñecer a cultura popular galega ou folclore é a escritora galega, Emilia Pardo Bazán. A cultura galega ou folclore de Galicia está determinada pola súa terra coas súas circunstancias xeofísicas, pola idiosincrasia de xentes, pola súa estrutura económica social, pola súa mitoloxía e pola súa relixión cristiana católica.

Baile tradicional galego

Bailar é mover acompasadamente, so ou acompañdao, o corpo, pes e brazos ó son da música. Danzar é mover o corpo seguindo as regras da danza. O baile faise acompasadamente, pero sen seguir ninguna norma, so ó son da música. Trátase dun movemento espontáneo e aberto que permite a liberdade individual de estilos e a libre creación. A danza é ríxida, segue as normas establecidas con anterioridade polo mestre, que normalmente as estudiou antes. Os motivos das danzas, desde a antigüidade, eran rituais, relixiosos, guerreiros, etc.

Galicia ten un rico patrimonio folclórico de danzas populares, sendo a muiñeira máis representativa e un dos ritmos máis coñecidos e utilizados en Galicia. O seu nome procede dos bailes que os campesiños facían nos muíños mentres agardaban para recoller a fariña. Co tempo pasou a ser unha danza festiva que se bailaba en círculo. Posteriormente creouse unha coreografía co ritmo 6/8 pasando a ser un baile en espello. A pandeirada garda grande similitude coa muiñeira e algúns incluso cren que podería ser a precursora desta. Soen executarse cantadas co acompañamento do pandeiro, tendo o pandeiro un compás ternario e a melodía binario. A xota está escrita en compás ternario e utilizábase moito en festexos populares para bailar, cantar e tocar. De feito cando se celebraba a finalización das faenas agrícolas, aproveitábanse os propios utensilios de labranza para levar o ritmo, mentres que outros bailaban. O fandango é unha xota de ritmo máis lento. A forma de bailalo evoca os tempos da ilustración, con pasos ben arrastrados ou andados e con voltas elegantes e valseadas. É un baile de parella, ainda que poden bailar varias xuntas.

Cantos tradicionais galegos

O cancioneiro galego, como todo cancioneiro popular, é un cancioneiro da tradición oral. Non se comenza a recoller, recopilar e catalogar ata a segunda metade do século XIX, coa aparición do Cancionero Popular Gallego de José Pérez Ballesteros.

A alborada son doces melodías. Crese que proceden dos primitivos cantos do amencer. Hoxe en día é principalmente instrumental cunha métrica binaria. Os alalás están considerados como os cantos máis simples e primitivos de Galicia (crese que podería ter orixe celta). O seu tempo é lento, escrito en compás binario, ternario e cuaternario. As folíadas son as cancións propias das festas do mesmo nome, reunións nocturnas nas que se facía bastante barullo. É un canto derivado do ritmo da xota. A regueifa é un canto que se fai para agradecerlle ó novo matrimonio á invitación ó convite. Por último, tamén existe o aturuxo que é un grito agudo e estraño. Bótase polo xeral, ó final das cancións e de modo especial cando comezan as romerías e diversións.

Referencias:

Deixa un comentario

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!