XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

37 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

A 37 edición da MITCFC conta con 10 espectáculos galegos (3 estreos), 6 de fóra e actividades paralelas, con novas localizacións ao aire libre.

Presentación

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas abre unha nova edición sentir o latexo do públic. De nenos e nenas, das familias, das persoas maiores, das que viviron soas o desastre da pandemia, da xente de Cangas, do Morrazo, de Galicia, de calquera rincón da terra que se achegue a este pobo acolledor e festivo, de luz, mar e area, a este pobo que leva no seu sangue o BICHO DO TEATRO.

Ábrese esta edición co corazón posto nas xentes do teatro. Amor eterno e gratitude por ser un exemplo de solidaridade, polo seu encomiable traballo de servizo público. Xogaron un papel extraordinario e xeneroso durante o confinamiento, regalándonos textos, teatro infantil, xogos e contos, óperas, espectáculos en liña… Entraron nas nosas casas, entretiveron as nosas nenas e nenos, a toda a sociedade, fixeron moito máis agradable a nosa vida confinada e non recibiron aplausos. Artistas que viven en constante intermitencia, que non teñen e non terán un salario mensual que lles tranquilice a vida. Cómicas e cómicos que, como o público, levan no seu ADN o bicho do teatro, recibirán agora o merecido aplauso.

Ábrense as portas e o corazón de Cangas ao teatro, ese arte vivo e único, onde os artistas e o público respiran ao unísono, creando un so corpo, un so corazón.

Programa

Xoves 9 de Xullo

  • 21:00 – Pregón inaugural por Paula Carballeira (Naves de Ojea)
  • 21:00 – “COMMEDIA” de Contraproducións (Naves de Ojea)

Venres 10 de Xullo

  • 20:00 – Mundo Escénico: plataforma dixital das artes escénicas galegas (Salón de plenos do Concello)
  • 21:00 – “DOLCE SALATO” de Circo Carpa Diem (Naves de Ojea)
  • 22:30 – “NAPOLEÃO OU O COMPLEXO DE ÉPICO” de Chapitô (Auditorio Municipal)

Sábado 11 de Xullo

  • 11:30 – Cinco años de cine comercial español: ¿dónde están las mujeres? (Salón de plenos do Concello)
  • 18:30 – Irmandiñas (Salón de plenos do Concello)
  • 19:15 – Cómplices, a violencia machista institucional (Salón de plenos do Concello)
  • 21:00 – “TONBOLA” de Hika Teatroa (Naves de Ojea)
  • 22:00 – “CIRCO DE LUME” de Asacocirco (Cruceiro de Hío)

Domingo 12 de Xullo

  • 21:00 – “PUNTO Y COMA” de El Cruce (Naves de Ojea)CANCELADO

Luns 13 de Xullo

  • 21:00 – “HELL BROTHERS” de Cirkompacto (Naves de Ojea)
  • 22:30 – “GUERRA DE IDENTIDADE” de Deuve (Auditorio Municipal)

Martes 14 de Xullo

  • 19:30 – IV Torneo de Dramatruxia de Galicia (Sala Exposicións Auditorio Municipal)
  • 21:00 – “HELL BROTHERS” de Cirkompacto (Naves de Ojea)
  • 22:30 – “LIBERTO” de Rebordelos (Auditorio Municipal)

Mércores 15 de Xullo

  • 10:30 – Teatro y eduación (Salón de plenos do Concello)
  • 16:30 – Nueva realidad (Salón de plenos do Concello)
  • 21:00 – “SÓ” de Xampatito Pato (Naves de Ojea)
  • 22:30 – “PYKA” de Cinema Sticado (Auditorio Municipal)

Xoves 16 de Xullo

Venres 17 de Xullo

  • 20:30 – “AS BOAS ACTRICES” de 3 (Sala Exposicións Auditorio Municipal)
  • 22:30 – “THE PRIMITALS” de Yllana & Primital Brothers (Auditorio Municipal)

Sábado 18 de Xullo

  • 20:30 – “AS BOAS ACTRICES” de 3 (Sala Exposicións Auditorio Municipal)
  • 22:30 – Premio Mulleres en Acción 2020 (Auditorio Municipal)
  • 22:30 – “AS VIRXES SALVAXES” de Teatro do Noroeste (Auditorio Municipal)

FTMC – Boletín #1

Boletín 1 Fondo Teatra María Casares

Comezamos este boletín do Fondo Teatral María Casares informando sobre algúns libros de teatro que poden interesar tanto ao profesorado de ensino primario como secundario.

Este boletín será un escaparate que convide  entrar no Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas. Alí poderanse descubrir moitos máis.

Este nº 1 do boletín -e outros que seguirán- estarán dedicados a libros de teatro para a infancia e a mocidade porque, xa o sabemos, todo agroma nestes primeiros anos da vida. E o TEATRO, así con letras maiúsculas, é un recurso pedagóxico fundamental.

Durante este ano 2020 a súa periodicidade será mensual -a última semana de cada mes- e despois de comentar os libros de teatro para a infancia e a mocidade, farémolo cos libros máis interesantes para profesionais e xente amadora do teatro.

No Fondo Teatral María Casares (FTMC) hai máis de mil libros e tamén revistas de teatro para todos os gustos!

Nesta ocasión tócalle a quenda a Acariñando os desexos de Xoán Carlos Riobó, Somos os monstros de Paula Carballeira, Fabulaciones en azul de Luis María García González e El juego dramático en la escuela. Fichas de ejercicios de Gérard Faure e Serge Lascar.

Ler máis

X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!