VI Concurso de Teatro Breve TESTEATRO

Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo

A Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo (MOTESMO) convoca o VI Premio de Teatro Breve Testeatro, correspondente á XXIV edición de 2020. O premio está aberto a todo o alumnado de secundaria e bacharelato entre 12 e 18 anos que concursará en dúas categorías:

  • Alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO
  • Alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e ciclos.

As obras estarán escritas en galego e terán unha extensión mínima de 2 e máxima de 5 páxinas. O tema do texto presentado é libre. Os tres mellores traballos de cada categoría serán premiados cun agasallo conmemorativo e a súa publicación conxunta nun caderno editado pola organización da Mostra en colaboración da erregueté (Revista Galega de Teatro). Ademáis, as obras gañadoras poderán ser representadas polos grupos de teatro participantes na Mostra na edición seguinte á do premio.

Os textos faranse chegar, ben individualmente, ben a través do centro ao que o alumno/a pertenza, a través de correo postal ou electrónico, ao centro organizador da mostra:

 IES Plurilingüe A Paralaia 
O Redondo s/n. 36950 Moaña, Pontevedra.
Telf: 886 120 354
teatroparalaia@gmail.com

O prazo para presentar os textos no IES A PARALAIA remata ás 24 h do día 27 de marzo de 2020.

XXXV Festival Intercéltico do Morrazo

O festival, organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 25, 26 e 27 de xullo, e contará nesta edición co patrocinio de Mahou e da Deputación de Pontevedra.

O FIM comezará o xoves 25 de xullo ás 19.30 h. co desfile e posterior actuación dos grupos folclóricos de Moaña: Gaiteiros de Moaña, Acf Solaina Moaña, Breogán de Moaña, Moañesa de Música e Danza, Asociación Cultural e folclórica Charaviscas e a AFCX Meiramar-Axóuxeres.

O xoves 25 ás 22.30 h. subirá ao escenario Habelas Hainas, un exemplo do novo trad e folk galego, onde as mulleres van ocupando, cada vez máis, o protagonismo que lexítimamente lles corresponde, inaugurando unha edición cunha alta presenza de artistas femininas. Será entón o turno da banda escocesa Talisk, Banda Folk do Ano 2017 nos BBC Alba Scots Trad Music Awards e o premio BBC Radio 2 Folk, entre outros galardóns.

O venres 26 de xullo ás 22.00 h. será o turno das tamén escocesas Kinnaris Quintet, que o pasado ano cautivaron ao público co lanzamento do seu álbum debut, Free One. A continuación actuarán Tanxugueiras, que con máis de 50 concertos no 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, xa son un referente da música tradicional galega.

O sábado 27 ás 22.00 h. Anxo Lorenzo, recentemente premiado como mellor artista nos Premios Opinión da música de raíz, presentará o seu novo álbum Vortex, un concerto con moitas sorpresas onde o gaiteiro moañés tamén fará un percorrido polos seus anteriores traballos discográficos. Pechará esta XXXV edición, Sharon Shannon, a revelación da música tradicional irlandesa dos últimos tempos: a que máis discos ten despachado codeándose nas listas de éxitos con fenómenos do pop e do rock e alzándose con todo tipo de galardóns para a súa música e a súa carreira.

Non faltará nesta edición a Mostra de instrumentos tradicionais, cunha morea de actividades, na carpa do paseo marítimo.

Morrasound Rock Fest 2019

📅 12 e 13 xullo 2019
Dous días de boa Música Rock, espectáculos de artes escénicas, deportes alternativo, e moito máis… nun espazo natural privilexiado (Mirador da Fontenla) con vistas abertas á Ría de Vigo:

🎶 Música
The Brew + The Limboos + O’funk’illo (página oficial) + Los Vinagres + Kings Of The Beach + Lou Reyes official + Arrhythmia + Familia Caamagno + Yo Diablo + Spoonful Rock + The Lelli Kelly’s

🎭 Artes escénicas
Píscore + Patty Diphusa

🤹 Animación
Peter Punk Pallaso (pallaso oficial 🙌 Morrasound)

🚴 Bikes – Competición aberta Speed & Style

+ + +
🚌 buses lanzadeira ida/volta (Morrazo-Vigo-Pontevedra)
🏕 zona acampada habilitada e gratuita
🎨 obradoiros e actividades para rapazada
🍽 zona restauración e food trucks 🚚
🛍 mercado variado + carpas 🎪 + …

Todo para desfrutar dunha fin de semana memorable con colegas, familia e amizades…

🎟 bit.ly/_ENTRADAS
Promo 15€ (+gx) > ESGOTADAS
Anticipada – abono xeral – 20€ (+gx) > ACTIVA
Anticipada – día solto – 15€ (+gx) > ACTIVA
Taquilla – abono xeral > 28€
Taquilla – día solto > 20€

Reservade os días, pillade as entradas e vinde desfrutalo !!!

SAÚDE !!! 🍻🍻🍻
PAZ, AMOR E ROCK´N´ROLL !!! 🤘🤟🤘

#Morrasound #Morrasound19 #MorrasoundRockFest #Festival
#Rock #ArtesEscénicas #BIkes #DirtJump #Animación #Obradoiros #Buses #Acampada #Comida #FoodTrucks #Mercado
#Domaio #Moaña #Morrazo #Pontevedra #RíasBaixas #Galicia

https://www.facebook.com/events/1255925564564951/

Generación Why

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Tres actrices procedentes de España, Reino Unido e Italia, enfróntanse sobre o escenario a unha simple pero controvertíbel pregunta: Que queres para o teu futuro? O xogo de imaxinar futuros posibles (ou imposibles) convértese nunha invocación para desentrañar soños e expectativas.

Compañía: Teatro en Vilo
Procedencia: Madrid
Dirección: Andrea Jiménez
Autoría: Creación colectiva
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2018

El desguace de las musas

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Alegoría dunha cultura apontoada, que espera a súa derruba, situada nun antro lóbrego, infestado polas ratas que asoman aos nosos traballos, onde un núcleo de artistas illados e contracorrente resisten, esgotados, entre a resignación e o rancor, sen ningún heroísmo.

Compañía: La Zaranda
Procedencia: Madrid
Dirección: Paco de la Zaranda
Autoría: Eusebio Calonge
Destinado a: Público adulto
Estrea: Estrea en Galicia
Presentación: 2019

 

Arlequina

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Espectáculo dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor coa animación de marionetas, a maxia e a música en directo nun espazo escénico suxerente no que todos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe de Arlequina, unha peculiar marioneta de papel.

Compañía: Os Monicreques de Kukas
Procedencia: Galicia
Dirección: Isabel Rey Pousada, Marcelino de Santiago (Kukas)
Autoría: Marcelino de Santiago (Kukas)
Tipo: Monicreques
Destinado a: Público familiar
Presentación: 2019

Vacas, guerras, porcos e cregos

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un home bo coa familia, pacífico e bo viciño. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos.

Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
Procedencia: Galicia
Dirección: Quico Cadaval
Autoría: Quico Cadaval
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2019

 

Carpe Diem

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Unha muller e un home coñecense nunha festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita. A súa rotina consiste en cinema de barrio e motel barato. No palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o affaire.

Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
Procedencia: Galicia
Dirección: Quico Cadaval
Autoría: Rubem Fonseca
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2019

La gran ofensa

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

“La gran ofensa” interpela ao espectador, preguntándolle se existen límites no humor. ¿Hai que procesar a alguén por contar un chiste?, ¿Debemos censurar a comedia?, ¿Pódese facer humor de calquera tema?

Dous cómicos, demandados por un chiste, buscan evitar o cárcere e o ataque da opinión da pública.

Compañía: La bendita compañía
Procedencia: Cataluña.
Dirección: Oriol Pérez, Serapi Soler
Autoría: Dani Amor, Oriol Pérez, Serapi Soler, Cristian Valencia
Destinado a: Público adulto
Estrea: Estrea absoluta

Comedia Aquilana

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

O escudeiro Aquilano e a princesa Felicina son amantes; o Rei Bermudo, o seu pai, ao saber dos seus amores ordena a morte de Aquilano, pero o criado Faceto revela entón que en realidade Aquilano é fillo do rei de Hungría, isto enche de ledicia ao rei e autoriza a voda.

Compañía: Nao d’amores. Coproduce Compañía Nacional de Teatro Clásico
Procedencia:Segovia
Dirección: Ana Zamora
Autoría: Bartolomé de Torres Naharro
Destinado a: Público adulto
Estrea: Estrea en Galicia
Presentación: 2018

Comedia Aquilana foi seleccionada para os MAX 2019 nas seguintes candidaturas:

  • Mellor adaptación ou versión de obra teatral e Mellor dirección de escena: Ana Zamora
  • Mellor composición musical para espectáculo escénico: Alicia Lázaro
  • Mellor deseño de vestiario: Deborah Macías
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!