Monólogo cómico de Xan Veiga para rir a esgalla con temas variados de agora e de sempre!
https://www.facebook.com/gardenmonforte/
Monólogo cómico de Xan Veiga para rir a esgalla con temas variados de agora e de sempre!
https://www.facebook.com/gardenmonforte/
A comedia volve ao Café Pub +Que2 de Moaña dentro da iniciativa “La Risa Va Por Barrios – Hacemos Comedia” coas seguintes actuacións:
David César
Angelito el Largo
Greca
Carlos Ortiz
Maika Jurado
Juan Sinde
Luci Mendoza
Fernando Bernal
Richard Salamanca
Gelo Fuentes
Raúl Fervé
Maratón de Comedia
Culturgal é a feira da actividade cultural en Galicia. Durante 3 días no Pazo da Cultura de Pontevedra ten lugar esta cita, onde os visitantes poden descubrir as novedades no ámbito cultural en Galicia.
Esta é a 12 edición do Culturgal cargada con máis de cen actividades e actos que podes descubrir na seguinte programación.
Xornadas Profesionais Escena Galega. Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: di stintos modelos de xestión. Até as 15:00. Entrada libre, sen inscrición previa. De 10.00 a 10.30. Benvida aos / ás profesionais asistentes. De 10.30 a 10.45. Inauguración das xornadas. Jacobo Sutil (director da AGADIC), Víctor López (presidente da Asociación CULTURGAL) e Belén Pichel (presidenta de ESCENA GALEGA). De 11.30 a 12.15. Un modelo desaparecido: O Centro Andaluz de Teatro. Modelo de xestión, consecuencias para o sector e retos para o futuro. Intervén: Pedro Álvarez-Ossorio, director de La Fundición de Sevilla e ex-director da Unidade de Produción do CAT (Centro Andaluz de Teatro) Modera: Anxo Manoel, tesoureiro de Escena Galega.De 12.15 a 12.45. Pausa Café. De 12.45 a 13.30. O Teatro Arriaga de Bilbao: un modelo de unidade produción pública de artes escénicas a nivel local. Intervén: Andoni Olivares, director de programación do Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao. Modera: Belén Pichel, presidenta de Escena Galega. De 13.30 a 14.00. Conclusións e peche da xornada. De 14.00 a 15.00 Xantar compartido para relatores/as e compañías asociadas a Escena Galega no restaurante do Pazo da Cultura.
Ciencia á Feira. O CSIC Galicia trae a Culturgal a VI Campaña de recollida de dentes do Ratiño Pérez do Grupo de Antropología Dental del Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH, Burgos).
Esta recollida forma parte dun proxecto de investigación para estudar a variabilidade dental da poboación, características, morfoloxía, etc. Familias, estades chamadas a entregar pezas dentais na Feira! Cos obradoiros “Dentes saudables”, en colaboración co 2º curso do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental do IES Manuel Antonio (Vigo), e “Dentes e mandíbulas de animais mariños”.
Os Piñeiriños.
Contacontos con música e bonecos corpóreos para público infantil, entre 3 e 7 anos.Historias de mulleres destacadas na nosa sociedade (Concepción Arenal, Ángeles Alvariño, M.ª Victoria Moreno, etc.) para fomentar valores de igualdade e non discriminación por razón de xénero. Actividade concertada con centros escolares. Xunta de Galicia.
Charla formativa sobre financiamento de coproducións internacionais de cine.
Xunta de Galicia. Estudo do caso práctico de financiamento do filme O que arde, coprodución internacional entre España, Francia e Luxemburgo co soporte de diversas entidades clave no financiamento do cinema europeo impulsado desde Galicia, como a Xunta de Galicia, CRTVG, ICAA, EURIMAGES, CNC, Film Fund e outros. Imparte: Xavi Font, produtor de O que arde e compositor Presentan: Jacobo Sutil, director da Agadic, Jorge Soto, vicerreitor do Campus de Pontevedra (UVigo), e Xavi Font.
Encontro con Ledicia Costas con escolares arredor do libro “Conexión Macarrón”. Xerais. Actividade concertada con centros escolares.
Acto inaugural da 12ª Culturgal.
Performance: A última cea, de Uxía Morán, programa de igualdade “Mulleres en acción. Violencia zero”. Deputación de Pontevedra.
Rede Galega de Salas.
Presentación. Xunta de Galicia. Sala Ártika (Vigo), Sala Gurugú (A Coruña), Sala Ingrávida (O Porriño), Teatro del Andamio (A Coruña) e Teatro Ensalle (Vigo). Son os cinco espazos escénicos de titularidade privada que conforman a Rede Galega de Salas, un circuíto especial de distribución de espectáculos que promove a Xunta de Galicia a través da Agadic e desde o que se está a realizar un interesante e continuado labor de difusión cultural cara ao público. Con Jacobo Sutil, director da Agadic, Fernanda Barrio (Sala Ártika), Carlos Clemente (Sala Gurugú), Pedro Fresneda (Teatro Ensalle), Álex Sobrino (Sala Ingrávida) e Gema Ulloa (Teatro del Andamio). Presentan: Jacobo Sutil, director da Agadic, Fernanda Barrio (Sala Ártika), Carlos Clemente (Sala Gurugú), Pedro Fresneda (Teatro Ensalle), Álex Sobrino (Sala Ingrávida) e Gema Ulloa (Teatro del Andamio).
“Abre os ollos: cultura accesible non é un título de ciencia ficción”. Unha sesión práctica en colaboración co Centro de Recursos Educativos da ONCE Pontevedra. Previa inscrición. Aforo limitado.
Presentación da liña de subvencións a creación escénica 2020. Xunta de Galicia. Con Jacobo Sutil, responsable da AGADIC, e Belén Pichel, presidenta de Escena Galega.
Asemblea Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM)
Diario Cultural. Radio Galega ao vivo. CRTVG
I Xornada do Videoxogo.
Xunta de Galicia. Xornada de posta en común de experiencias e coñecemento relacionados coas últimas tendencias do sector desde unha perspectiva profesional e técnica. Profesionais das diferentes áreas de traballo desta industria comparten cos asistentes experiencias e coñecemento de utilidade sobre diferentes aspectos técnicos, empresariais e legais do desenvolvemento dos videoxogos. Presentan: Jacobo Sutil, director da Agadic, e Fernando Javier Prieto Prado, presidente de Videoxogo.gal 17.40 h: mesa redonda «O videoxogo ás portas de 2020», coa participación de Miguel Areán, representante de Gato Salvaje Estudio, Antonio Seoane, coordinador do máster de Deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos da Universidade da Coruña, e a xornalista Rebeca Escribano.18.45 h: Presentación de proxectos singulares no escenario do videoxogo galego: Sea Bubble, Microbian, Asociación Molab, Revista Morcego/Podcast e MUVI.
Asemblea Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC).
“O teu Xacobeo”
Presentación da segunda convocatoria e escolma de proxectos seleccionados na primeira. Xacobeo 2021. A través deste proxecto, preténdese que todos os galegos poidan definir conxuntamente o contido do vindeiro Ano Santo desde unha perspectiva multidisciplinar, plural e diversa. Xunta de Galicia. Con Cecilia Pereira Marimón, comisaria do Xacobeo 2021.
Marketing para artistas.
Xeitosa Producións. Unha sesión formativa dirixida a artistas con interese en achegarse ás ferramentas, especialmente no ámbito dixital, para a xestión das súas carreiras. Con Nathy Farias e Patricia González. Duración: 60 minutos aprox.
«Mapa ecosocial de Galicia» un retrato social e ecolóxico de Galicia.
Catro Ventos Editora. Coa xornalista Rebeca Hermo e o biólogo Xosé Veiras, autores do libro, e Miguel Braña, editor.
Canto D´aquí.
Rede da GaliLusofonía. Grupo de música popular portuguesa.
Festivais que fan camiño: balance FEST Galicia 2019 e perspectivas 2020.
Xunta de Galicia. A marca para apoiar os festivais de música cumpriu o seu segundo ano de funcionamento aumentando asociados e avanzando en obxectivos medioambientais e sociais. Con Jacobo Sutil, director da Agadic, e Francisco Javier Núñez Alonso, coautor dos estudos de impacto para a marca.
Presentación da colección «Avis rara»
Por Marcus Daniel Cabada (editor da colección). Urutau.
Gente viajera de Galicia.
Onda Cero. Ao vivo con Susana Pedreira.
Presentación do grao de Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela. Campus Lugo.
AGPXC (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural). Presenta: Gonzalo Francisco Fernández Suárez, decano Facultade de Humanidades – USC Campus Lugo, e Pilar Portela, presidenta da AGPXC).
Un mar de burbullas.
Barafunda. Un espectáculo de burbullas con temática mariña: as protagonistas son as burbullas de xabón que, da man de dúas persoaxes, toman diferentes formas para xogar coas emocións.
Presentación do proxecto memorial e arquivístico “Unha Gran Burla Negra”.
Reflexión sobre a catástrofe do Prestige e das mobilizacións populares que se derivaron a partir do inventario, estudo e exposición do seu arquivo cultural. Con Jorge Linheira, coordinador xeral, Sara Pérez, responsable da parte audiovisual e Daniel López Abel, comisario.
Conversa de Kiko Da Silva.
Autor de Aprende banda deseñada con Fiz, con Fran Alonso sobre “A importancia da banda deseñada na lectura infantil”. Xerais.
Presentación Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (AGATEC).
Con Paco de Pin e Daniel Aragunde.
Bouba Pandereteiras.
O seu berro de guerra: Festa, a nosa! Con María Iglesias, Olga Romasanta, Macarena Rodríguez e Carme Iglesias, voces e percusión.
De verdade coñeces a música que se fai en Galicia? A nova Galician Tunes.
Xunta de Galicia. Desde a plataforma web GalicianTunes e as súas RRSS asociadas, a Xunta de Galicia contribúe ao rexistro e difusión de toda a música galega actual e dos seus protagonistas. Despois de seis anos desde a súa última remodelación, galiciantunes.com emprende agora unha nova etapa Con Jacobo Sutil, director da Agadic, e Vanesa Chousa e Javier Rosales, de Trisquelia Comunicación.
Presentación/debate dos dous últimos títulos da colección Feminismos.
Galaxia. Papá, por que non pintas as unllas de cores? Educando (construíndo) masculinidades disidentes de Jorge García Marín e Mulleres que (nos) dan que pensar de África López Souto. Presentado por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Performance con Fran Remiseiro e o músico Germán Díaz. Audiovisual e escultura.
Presentación Asociación de Profesionais Técnicos ao Vivo (APTAV). Con Xosé Ortigueira Búa.
“Se quen traduce falase…”.
Conversa sobre tradución literaria. Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI). Como xorden os proxectos? Que relacións se establecen con editoras e correctoras? Que hai detrás da escolla dun termo ou dunha fala? Xonversa co tradutor Carlos Valdés, coas tradutoras María Alonso Seisdedos, María Reimóndez e Patricia Buxán como moderadora. Ademais, entrega do Premio Xela Arias á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
Mundo Escénico.
Presentación da comunidade on-line aberta das artes escénicas en Galicia, e os novos servizos dixitais que ofrece orientados a artistas/profesionais das artes escénicas e a xestores culturais. Con Daniel Amós Rodríguez, fundador.
Nastasia Zürcher. Trasnosound.
Contacontos: “O neno peixe”.
Triqueta Verde. Con David Lorenzo, autor e ilustrador.
Club de Lectura Dixital.
Presentación da EbiblioDaCoruna Club. Deputación da Coruña.
Contos desde o Muíño da Freixa.
Barafunda. Presentación do libro de contos breves relativos a unha época de miseria onde os camiños eran cachafundos lameiros, onde os longos invernos vestían o ceo de negro e a terra era unha braña dunha cor verde intensa pero, con todo iso, a vida era vida na miña aldea.
Ciencia á Feira. CSIC Galicia e DivulgAcción.
Como o pasamos cos sábados científicos! O CSIC Galicia trae a Culturgal pola mañá e pola tarde a VI Campaña de recollida de dentes do Ratiño Pérez do Grupo de Antropología Dental del Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana (CENIEH, Burgos). Esta recollida forma parte dun proxecto de investigación para estudar a variabilidade dental da poboación, características, morfoloxía, etc. Familias, estades chamadas a entregar pezas dentais na Feira! Cos obradoiros “Dentes saudables”, en colaboración co 2º curso do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental do IES Manuel Antonio (Vigo), e “Dentes e mandíbulas de animais mariños”. DivulgAcción estará presente no CULTURGAL con actividades de ciencia para todas as idades: obradoiros de bioloxía, charlas, experimentos sobre ciencia cotiá, exposicións e moito mais no espazo de Ciencia á Feira.
Galipedia: obradoiro de iniciación á edición da Galipedia e presentación da A3GAL.
Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre. Con Elisardo Juncal Muñiz e Vítor Fresco Barbeito.
Scórpio. AGAL.
Presentación da lectura continuada e colectiva do libro Scórpio, de Ricardo Carvalho Calero, que terá lugar en Compostela ao redor do 17 de maio de 2020.
Fran Amil presenta POPSÍA.
Novo disco que verá a luz en 2020 cunha escolma de poetas galegos e galegas dende o medievo até os nosos días, en clave de música pop, swing e folk. Con Antón Torroncho, baixista, Miguel Paz, batería e coros, Carlos Fandiño, piano, e Fran Amil, guitarra acústica e voz.
Obradoiro de arquitectura “Cidade contemporánea” co CGAC.
Xunta de Galicia. De 6 a 11 anos. Prazas: 15. Inscrición na entrada da Feira. Construímos unha cidade do noso tempo, decidindo qué edificios queremos incluír na comunidade, o tipo de transporte para minimizar emisións contaminantes, a demarcación de zonas verdes, a zona de tratamento de resíduos…Tentaremos achegarnos ao concepto de bioarquitectura e traballaremos co os Sistema Lupo e material reciclado para crear unha cidade contemporánea fantástica.
Herba de namorar de María do Cebreiro. GALAXIA.
Presentación do último poemario de María do Cebreiro, acompañada polo xornalista e tamén poeta Daniel Salgado.
’Camiño de Inverno’ de Jaime Pardo Valdés (2019).
Xunta de Galicia. As paisaxes, a historia, o patrimonio cultural, a gastronomía, as súas xentes e forma de vida, neste documento ao redor do Camiño de Inverno. Presenta: Isaías Calvo de la Uz, director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Duración: 52 minutos.
Asemblea AGAL.
Paisaxe cultural da Ribeira Sacra.
Presentación e proxección do vídeo da candidatura á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Xunta de Galicia. Con M.ª Carmen Martínez Ínsua, directora xeral de Patrimonio Cultural, Mario Crecente Maseda, coordinador da candidatura da Ribeira Sacra, e Ana Goy Diz, directora científica da mesma.
Presentación do catálogo de compañías asociadas 2020-2021.
Escena Galega. Unha ferramenta básica para a promoción e visibilización das artes escénicas profesionais galegas, asociadas no colectivo referente de sector en Galicia.
“A maternidade na novela actual, distintas perspectivas”.
Baía Edicións e Consorcio Editorial Galego. Coas escritoras Eli Ríos, Emma Pedreira e Rocío Leira.
“Rostros invisibles”. Ángel Paz.
O primeiro traballo discográfico en solitario do guitarrista e compositor pontevedrés está baseado no libro Invisibles de Montse Fajardo. Un disco de rock feminista cun son americano. Con Ángel Paz, guitarra, Rodrigo Valiente, voz, Adrián Saavedra, baixo e teclados e Ximo Sanchis, batería.
Nós Diario.
Presentación número 0. Despois de 2 anos de traballo intenso, a empresa Sermos Galiza S.A., editora dun semanario en papel e dun dixital on line homónimo, vai lanzar un diario en papel co nome «Nós Diario», en lingua galega, que sairá cinco días á semana e que terá unha versión en liña que se actualizará os 365 días do ano.
Presentación do libro Ardora.
De Beatriz Maceda, gañadora do II Premio de Narración Xuvenil María Victoría Moreno, editado por Urco Editora. Concello de Pontevedra. Coa autora, Carme Fouces, concelleira de Cultura de Pontevedra, Denís Fernández Cabrera, de Urco Editora, Begoña Llácer Moreno e Pedro Ferriol Suárez, filla e viúvo de María Victoria Moreno respeitivamente.
Obradoiro de banda deseñada impartido por Oliver Añón- Premio “Castelao” Banda Deseñada 2018.
Deputación da Coruña. Entre 5 e 8 anos. Prazas: 10. Inscrición na Feira.
María Solinha.
Encontro ao redor da nova película do director Ignacio Vilar. Participan tamén as actrices Grial Montes, Laura Míguez e Mabel Rivera.
Presentación do libro gañador do Premio «Balbino» de Relatos.
Edicións Fervenza. Con Pablo Nogueira, Armando Requeixo e Roberto Nogueira.
“Tabú”
Unha obra orixinal de Carmen Conde. Dezdedez en colaboración con Tarabela Creativa. Carmen Conde, coa música en directo de Nastasia Zürcher, narra historias de mulleres galegas reais de bisbarras rurais de entre 70 e 95 anos que falan das suas primeiras experiencias (sexuais, ir ás festas), eses tabús que por fin son desvelados en escena.
DRINK & DRAW.
Encontro de experimentación a través do debuxo. 7H Cooperativa Cultural. Exercitar a nosa creatividade a través de distintas dinámicas rápidas e acotadas no tempo, á vez que gozar de música e dunha bebida. Non é necesario saber debuxar pois o que conta é pasalo ben, transformar as ideas en imaxes e compartir as nosas creacións. Coa ilustrad ora Eva Agra.
Sesión DJ Inclusiva Sons Diversos.
Da man de Dj Montxo Nucleus 6 (con implante coclear), picada de músicas diversas e inclusivas no comedor Culturgal. Coa colaboración de Entresignos e as Mochilas vibratorias dirixidas ás persoas xordas do concello de Nigrán.
Presentación GaliciaLe (galiciale.gal).
A plataforma de préstamo de libro dixital e de audiovisuais galegos a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia desde 2014. A gran novidade é que dispón de 300 títulos de longametraxes, curtas e documentais feitos en Galicia e para todos os públicos, que se poden ver de balde só con rexistrarse tendo o carné dunha biblioteca pública de Galicia. Xunta de Galicia. Con Anxo M. Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, Uxía Caride, xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes-AGAPI, e Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia.
Aira Editorial
Presenta na Feira dous proxectos: a edición ilustrada por Miguel Robledo do clásico da literatura universal Frankenstein,con tradución de Samuel Solleiro. Ademais, o libro infantil ‘Teño dereitos’, que recolle os principais dereitos humanos cun enfoque apropiado para os primeiros lectores, ilustrado tamén por Miguel Robledo. Participan o editor César Lorenzo Gil e coa avogada Elvira Souto.
Canta, miña pedra, canta.
Homenaxe a Antonio Fraguas de Xoán Curiel. Galaxia. Un espectáculo familiar ao redor dos relatos populares e cancións recollidas por Fraguas. Recomendado entre 6 e 12 anos.
Colección Makakiños
Contos con pictogramas para romper as barreiras da incomunicación. Kalandraka e Asociación BATA de Tratamento do Autismo. Cos ilustradores Alicia Suárez e Marc Taeger, e Mónica Santos, da Asociación Bata.
Ola!, son un bicho bóla! Apiario.
Presentación do novo álbum infantil Ola!, son un bicho bóla! (colección Niño de Abella), desti nado a primeir*s lector*s, escrito por Elvira Ribeiro e ilustrado por Noe Caamaño. Contacontos coa autora e debuxo en directo a cargo da ilustradora.
Púrpura.
Hércules de Ediciones. Presentación da nova colección coa tradución ao galego de libros feministas de autoras actuais de todo o mundo. Coa editora, Laura Rodríguez Herrera; a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; e as tradutoras, María Alonso Seisdedos e M.ª Fe González Fernández.
‘Gallo’ (2018). Frida Films.
Un documental de Antonio Díaz Huerta sobre o surfista Aitor Francesena. Realizado entre realizado entre Galicia, País Vasco e California, narra a historia deste surfista cego e de como enfrontou os seus propios medos. Duración: 82 min. Asiste: Sara Horta, axudante de produción.
Obradoiro de ilustración da actualidade.
Boreal. Para todos os públicos. Convite a comentar algúns acontecementos da actualidade, realización dunha ilustración e pequeno texto, seguindo o tipo de publicaciones que fan en Boreal.Con Augusto Metztli y Marthazul.
Obradoiro de robótica “A filla do Minotauro”.
Deputación da Coruña. De 5 a 8 anos. Prazas: 10.Inscrición na Feira.
“Os Sete parroquias de Divulgacción”
Percorren o recinto para falar de Ciencia con todas as persoas que sanimen a achegarse onde eles. Non perdas a experiencia itinerante entre as 17h e as 19h: «Charlas de Ciencia baixo un 7 parroquias de Divulgacción».
Puntazo cultural. Concello de Pontevedra.
Os Bolechas no Camiño de Santiago.
A familia Bolechas dálle unha volta á Feira para coñecer as novidades con todos vós. Xunta de Galicia.
Presentación da campaña Nós contra a violencia.
Xunta de Galicia. Unha campaña de actuacións escénicas cunha clara función educativa nas idades máis temperás de cara a previr e detectar a violencia de xénero e fomentar o uso da lingua galega entre os máis novos, sobre todo mediante a transmisión interxeracional do idioma. Presentan: Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, e Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.
Pippi Mediaslongas, de Astrid Lingren.
Faladoiro co tradutor David A. Álvarez. Nenas e nenos de todo o mundo pasamos horas inesquecibles de lectura coas aventuras e as extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Desde 2017, tamén en galego. Kalandraka Editora.
Deteriorados en concerto. CRTVG.
A gotiña viaxeira.
Edicións Fervenza. Presentación do conto infantil con música ao vivo e audiovisuais. Con Toño Núñez, Armando Requeixo, Ánxela Gracián e Miguel Anxo Macía.
Ceos galegos 2020. Con Dosi Veiga.
Ceos Galegos é un proxecto fermoso, unha proposta de comunicación científica do físico Dosi Veiga a través das imaxes do ceo galego. Na web, ao longo do ano publícanse a cotío imaxes comentadas e explicadas e no remate do ano catorce son seleccionadas para tomar forma de calendario en gran formato dispoñible nas mellores librarías galegas.
Presentación de María Vinyals, a muller do porvir.
Alvarellos Editora. Presentación do ensaio do historiador Diego Piay coa peripecia vital da feminista María Vinyals, unha vida de novela da derradeira habitante do Castelo de Soutomaior. Co autor, o editor Henrique Alvarellos e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.
Conversa entre “El Hematocrítico”.
Autor de Rapunzel con piollos, e Ledicia Costas, autora de Conexión Macarrón, sobre “O humor na literatura infantil”. Xerais.
“Galicia, un relato no mundo”.
Xunta de Galicia. Galicia, un relato no mundo é una exposición na Cidade da Cultura, no marco do Xacobeo 2021, que explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo nun percorrido que nos leva desde a prehistoria ata a actualidade. Con Manuel Gago, comisario, e Xoel Vázquez, cofundador e CEO de Xoia.
Presentación da Estratexia da Cultura Galega 21.
A folla de ruta da cultura galega para a terceira década do século XXI. Xunta de Galicia. Co obxectivo de afrontar os retos da cultura galega no horizonte de 2021, a Consellería de Cultura e Turismo impulsou a redacción da Estratexia da Cultura Galega (ECG), un documento público coas principais liñas de actuación e as prioridades da política cultural de Galicia durante os próximos anos.
Viaxes gatunas.
Xerais. Contacontos-obradoiro a cargo de Eva Mejuto e Víctor Rivas, autores do álbum Dez gatiñas viaxeiras. De 4 a 8 anos. Nesta actividade seguiremos moi de preto unha viaxe chea de aventuras, catastróficos incidentes e moito moito humor. As crianzas farán, no remate da sesión, unha artística e felina proposta plástica para levar un bo recordo desta singular viaxe gatuna por Galiza. Aberto, sen inscrición previa.
Amigos/as da Casa de Rosalía.
A Fundación Rosalía de Castro quere presentar na Culturgal o seu proxecto «Amigos/as da Casa de Rosalía», unha iniciativa de financiamento público na que procura o apoio de persoas, empresas e entidades. Con Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e O Leo Arremecághona.
Tanxugueiras.
Play Plan. O segundo disco de Tanxugueiras preséntase en sociedade! Tanxugueras incrementa as revolucións do folk galego. Co seu disco de debut, un repertorio escollido para amosar a esencia da tradición, Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío chegaron a máis de 100 escenarios dentro e fóra das nosas fronteiras. Unha aposta sen corsés enchida de virtuosismo e contundencia que continúa en “Contrapunto”.
Presentación do Programa de Igualdade “Mulleres en acción. Violencia Zero”.
Deputación de Pontevedra. Coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, a deputada de Cultura, Victoria Alonso, e a comisaria do programa, Paula Cabaleiro.
Obradoiro de robótica “A filla do Minotauro”.
Deputación da Coruña. De 9 a 13 anos. Prazas: 10. Inscrición na Feira.
Presentación dos premios Torrente Ballester de Narrativa.
900 de Xavier López, Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil , O grupo de An Alfaya, e Miguel González Garcés de poesía, Ningunha tortilla é mala de Eli Ríos. Presenta: Xurxo Couto, deputado de Cultura. Deputación da Coruña.
Debate arredor do libro A morte de Galicia. Xerais.
Un libro que desmonta a ideoloxía caracterizada por agochar a emigración e culpar os vellos e as mulleres da pronta “morte de Galicia”. Participan: Isidro Dubert, Antía Pérez Caramés e Melchor Fernández. Presenta Fran Alonso.
Conta comigo.
Editorial Bululú. Un taller de matemáticas a través do álbum ilustrado Conta Comigo. Todo o mundo ten unha paixón. Para a protagonista desta historia son as matemáticas. Con Miguel Tanco, autor. A partir de 6 anos. Aberto, sen inscrición.
Escenas do Cambio 2020. Xunta de Galicia.
Escenas do Cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción que organiza Cidade da Cultura da man de Pablo Fidalgo, chega á súa sexta edición. Unha nova cita na que gozar das propostas máis vangardistas da escena galega, nacional e internacional. Unha edición que ademais explora na idea de percorrido, de camiño, de peregrinación, achegando a súa programación ao Xacobeo 2021.
‘Eroski Paraiso’ (2019).
Ollovivo Producións e Chévere Producións. Preestrea da longametraxe Eroski-Paraíso dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron a partir da obra homónima da compañía Chévere. A historia de Eva, Antonio e a sala Paraíso na ollada da súa filla Alex. Un luxo poder descubrir a película días antes da súa chegada ás salas comerciais. Duración: 76 minutos. Asisten: Xesús Ron e Patricia de Lorenzo e Miguel de Lira, actriz e actor protagonistas.
Be Water literatura ecofeminista.
Conversa arredor da novela ecofeminista Be Water, de Antía Yañez, que serve como presentación da nova editora Cuarto de Inverno. Coa autora e Andrea Jamardo Seijo, editora.
AMANI de Miguelanxo Prado.
Retranca Editora / O Garaxe Hermético. A Feira acolle a presentación do álbum ilustrado do prestixioso autor de banda deseñada coa súa participación acompañado de Kiko da Silva, editor.
Sheila Patricia.
O espectáculo « Mar e Terra» na Culturgal. Con Sheila Patricia, voz, guitarra, loops, e Mauricio Caruso, guitarra.
Premios Xerais 2019.
Conversa de Ana G. Liste con Amador Castro Moure, autor de Shanghai a Barcelona (Premio Xerais de Novela 2019); Rosa Aneiros, autora de Xelís, o guieiro das botellas de mar (Premio Merlín de Literatura Infantil 2019) e Emma Pedreira, autora de Os corpos invisibles (Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2019).
A fraga do meu avó. Mamá Cabra.
Galaxia. A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e de todas.
Presentación da Fundación Luzes e do seu programa de actividades. Con Manuel Bragado, presidente do padroado.
CASA e CONCEPTO.
Unha conferencia performance que amosa unha maneira de insertar a arte na economía real, nos fogares da xente de a pé, a través da estructura comercial do «pack». Con María Meijide e Lúa Gándara, artistas.
Entrega do premio Nortear de Relato Breve e lanzamento da convocatoria de 2020.
O programa Nortear conta, entre as súas actividades, cun premio literario destinado a mozas e mozos de entre 16 e 36 anos, de Galicia e da rexión norte de Portugal. Con Anxo M. Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais, Xosé Lago García, director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP-AECT), João Ribeiro da Silva, xefe de Divisão da Direção Regional de Cultura do Norte de Portugal, e Sabela Varela Fernández, gañadora do premio de relato breve 2019. Xunta de Galicia.
Gonzalo Hermo e Berta Dávila.
Conversa entre Gonzalo Hermo, Premio Narrativa Breve Repsol 2019 con Diario dun enterro e Berta Dávila, Premio García Barros 2019, con Carrusel. Galaxia. Presenta Carlos Lema, director de edicións de Galaxia.
Dios Ke Te Crew. Cunde.
O grupo de rap máis famoso de Galicia cun showcase do seu último disco: “O ciclo da serpe”.
Perdido? ContAZ.
Un contaconto en dúas linguas: a lingua de signos e a lingua galega, con música e son en directo. Un conto inclusivo que facilita a comprensión e integración de familias e nen*s que precisan doutras alternativas para a comunicación e compresión das linguas orais. Unha historia dende a normalización, a diversidade e a inclusión social e lingüística, baseada no conto de Oliver Jeffers.
Memorias engarzadas.
Con Lucía Romaní e Mario López. Un percorrido pola memoria e os recordos a través de distintos materiais e obxectos atopados en portos e praias das vilas galegas. Reflexión sobre a linguaxe escultórica que ten lugar na intersección arte e xoiería contemporánea.
Marful con Sabela (OT) ao vivo.
Espectáculo especial Culturgal 2019. Marful reúnese seis anos despois dos seus últimos concertos. A banda ( Marcos Teira, guitarra, Pedro Pascual, acordeón, Pablo Pascual, clarinete, e Ugia Pedreira, voz) chega á Feira, coa colaboración Sabela Ramil, a cantante finalista da edición 2018 de Operación Triunfo, nu directo que xa ule a auténtico pracer. Marful tamén conta cos músicos colaboradores do seu último disco “Manual de Seducion”: José Manuel Díaz, contrabaixo, e Leandro Deltell, batería.
Entradas desde 8 euros en ataquilla.com.
GÁLIX.
Difusión da Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Presentación das últimas publicacións.
En efecto bolboreta.
EDICIÓNS FERVENZA. Presentación da novela de Ana Pillado Vega con cancións en directo con María Giménez. A revolución insecta xa está aquí!
Antonio Fraguas e a memoria musical de Cotobade de Xavier Groba.
aCentral Folque. Coa intervenciónmusical do grupo Tralo-Valo, formado polo zanfonista Ariel Ninas e a cantora Carme da Pontragha.
Presentación das liñas da programación cultural da Deputación de Pontevedra de cara ao 2020.
17 obxectivos, 61 horizontes. Interveñen: a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada da deputada de Cultura, Victoria Alonso.
Quero Cantar. Deputación da Coruña.
Concerto coas dúas bandas gañadoras do IV Certame Quero Cantar (infantil e xuvenil).Unha festa para presentar as cancións coas que gañaron o certame.
Ti non es de aquí? OZOCOgz Deseño Galego.
Presentación da versión infantil do xogo de mesa socio-cultural “Ti non es de aquí?”.
Retrato cubista.
7H Cooperativa Cultural. Obradoiro infantil para crear un retrato cubista, no que precisaremos un par de cadrados, un círculo, un rombo e todas as figuras xeométricas que poidas coñecer. Con Rebeca Mariño. De 4 a 9 anos.
Inscrición na Feira. Prazas: 15.
Presentación de Os contos dislocados e Os textos amados.
Ediciones de la Vega.
Espectáculo familiar “Lambetadas”. Talía Teatro.
Un espectáculo para público familiar e infantil, recomendado para nenas e nenos de 6 a 11 anos de idade, que ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA.
Entradas para este espectáculo en ataquilla.com.na Feira e na billeteira do Auditorio o mesmo día do espectáculo.
Presentación das próximas edicións dos festivais musicais Cantos na Maré e aRi[t]mar Galiza e Portugal.
Rede da GaliLusofonía. Con Uxía, Tanxugueiras e Susana Arins.
Clase aberta de movemento, ritmo e creación.
Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña. Dirixido a rapazada de 6 e 8 anos. Prazas: 15.
Inscrición na Feira. Ademais, actuación “A caída de Ícaro”.
Dicionario da Comida Galega.
Aira Editorial . Presentación desta obra enciclopédica do saber culinario de Galicia, de Xavier Rodríguez Baixeras. Co autor e os editores Xan Carballa e César Lorenzo.
Kalandraka: Biblioteca de Pedagoxía.
A ‘Biblioteca de Pedagoxía’ de Kalandraka é unha iniciativa pioneira encamiñada a prover os lectores e lectoras galegos unha parte significativa e seleccionada dos textos de materia educativa e pedagóxica máis relevantes a nivel internacional. Con Antón Costa, director.
Editorial Bululú presenta: Indómita e a semente da inmortalidade.
De Alex Mene, gañador do certame Muíño do Vento, e Supremas. Chicas mitológicas, de Xan Eguía. Cos autores e Ana Boquete, da editorial.
Lulavai. Músicos ao vivo.
Catro artistas forman este insólito cuarteto de arpas celtas e voces. Sobre os escenarios dan vida a ensoñadoras melodías, baseadas na música tradicional galega, mixturadas con pinceladas de clásica, músicas do mundo, e todo iso aderezado por orixinais arranxos e composicións. Con Paula Oanes Pazos, Josefa Fernández Osorio, Elena Paz Alonso e Lorena Reinaldo Lusquiños.
Nadal no Gaiás: obradoiro de decoración navideña.
Xunta de Galicia. De 6 a 12 anos. Prazas: 20 por sesión. Inscrición na Feira. Un ano máis a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, convértese nun espazo no que vivir o Nadal. Queremos anticipar en Culturgal de toda esta maxia con este obradoiro.
Presentación do libro de poemas Caderno do mar a cargo de Xaime Toxo e Antón Sobral. Ateneo de Pontevedra.
Presentación de DramaturXa. Xunta de Galicia.
O número 5 da colección «O papel do teatro», que dá cabida ás obras producidas polo Centro Dramático Galego, e coeditada pola Xunta de Galicia e Edicións Positivas. Presentan: Jacobo Sutil Nesta, director da Agadic, Francisco Macías, director de Edicións Positivas, e Manuel Lourenzo, autor e director teatral, coa participación de autores da publicación.
Obradoiro de banda deseñada con Oliver Añón.
Premio Castelao de Banda Deseñada 2018. Deputación da Coruña. De 5 a 8 anos. Prazas: 10. Inscrición na Feira.
A que cheiran as cores de Casto Rivadulla.
GALAXIA. A agardada guía para coñecer o cerebro! Presentación con Luísa Martínez, directora da colección “A lanterna de Aristóteles”, e Xulio Amigo, director comercial de Galaxia.
Presentación 1ª edición do proxecto CAMIÑO ESCENA NORTE.
Escena Galega. CAMIÑO ESCENA NORTE é un proxecto de intercambio cultural por medio das artes escénicas entre os territorios do Camiño de Santiago do Norte (Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e Euskadi), que promove Escena Galega coas nosas entidades parceiras EscenAsturias, ACEPAE e Eskena. Con Diego V. Meizoso, coordinador do proxecto, e representantes de diferentes entidades colaboradoras.
Presentación do cartaz do XXI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
OÎMA en concerto.
Vén bailar á Culturgal! Presentación do primeiro disco de Oîma, «Ala! Unha proposta musical concibida para converter os campos da festa en torreiros de baile. O grupo está integrado por Antía Ameixeiras (violino), Olalla Liñares (clarinete) e Martiño Senande (acordeón diatónico). Música tradicional e de composición propia, ligando os ritmos galegos (muiñeira, xota, pasodobre, valse) cos doutras latitudes (chapeloise, scottish, bourrée, rachenitsa). Un convite participar da súa música a través das diferentes danzas do mundo.
Píntame unha poesia.
Con Xosé Tomás e os músicos María Faltri e Jorge Juncal, para levar ao vivo o proxecto creativo que tivo lugar para ilustrar o libro-disco Fantasía coas Palabras, de Galaxia.
”Conversatorio”.
Performance con Quico Cadaval. CGAC.
Presentación do libro «Sindo de Olelas: concertina galega».
aCentral Folque. Un libro-cd da autoría de Xurxo Souto e Pedro Pascual. O libro, acompañado de gravacións orixinais, conta a historia da aldea musical de Olelas, no concello de Entrimo, centro neurálxico do repertorio de concertina galega. Con Xurxo Souto e Eutropio Rodríguez.
Ninguén Dorme de Rexina Vega.
Edicións Laiovento e Consorcio Editorial Galego. Coa autora e Afonso Ribas, editor.
O Colo das Palavras.
Asociación Semente Trasancos. Música e poesía para presentar un librocd con 16 poemas, da autoria de Antón Cortizas e Antia, Rosalia e Catarina Cortizas Leira, musicados por Oscar Fojo Lamas, João Afonso, Sílvia Fojo, Cé Orquestra Pantasma, Xurxo Souto, Manolo Bacalhau, Guadi Galego, Tanxugueiras, Sofía Espiñeira, Caxade, Uxía Senlle, Sara Vidal, Fatado do Colo (Leandro Lamas, Silvia Fojo, Paula Fojo, Lorena Montero) e Xoán Padín. Algúns deles estarán na Feira! Un traballo ilustrado por Leandro Lamas.
Maxia de catro a catro. Xunta de Galicia.
Programa “Ler conta moito”. Un espectáculo do Mago Pedro Bugarín que se caracteriza por ser emocionante, versátil e sempre en clave de humor. Reúne maxia tradicional con xogos 3.0, ilusionando co máis mítico da literatura clásica e o máis moderno das tecnoloxías. Non deixará indiferente a ninguén, teña 4 ou 104 anos!
Presentación Concienciadas e outros proxectos da Fundación Praza Pública.
A nova sección de divulgación científica do xornal Praza.gal, e outros novos proxectos asociados ao xornal e á fundación. Con David Lombao, director de Praza.gal, e Javier Balea e Iria Veiga, autores de Concienciadas.
Conversa Beleza vermella.
Conversa de Susana Pedreira con Arantza Portabales ao redor de Beleza vermella. Galaxia.
‘Atopando o camiño’ (2019).
Curtametraxe dirixida a público infantil. Curtametraxe infantil de ficción enmarcada na contorna do Camiño de Santiago e protagonizada polo alumnado do CEIP Parada-Campañó que emprende unha viaxe inesquecible. En colaboración coa Universidade de Vigo, Volvemos a Primera Producciones Audiovisuales e o gaiteiro Óscar Ibañez, entre outros. Duración: 30 minutos. Asisten: María Fanjul e Andrés Castro, codirectores, e Óscar Ibáñez.
Bestiario para os novos tempos.
7H Cooperativa Cultural. Crear animais fantásticos que se mesturan co noso mundo falseando a realidade; utilizar a técnica do collage coñeceremos a artistas contemporáneas como Lara Lars, Lynn Skordall ou Ana Himes que mesturan o manual con retoques dixitais en busca da imaxe perfecta.
Obradoiro de robótica “A filla do Minotauro”.
Deputación da Coruña. De 5 a 8 anos. Prazas: 10. Inscrición na Feira.
Tradución de series de tv: experiencias nun mercado en auxe.
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación (AGPTI). Conversa con Rosa Camiña, Lucía Vázquez e Manuel Arca, cun percorrido pola tradución de series ao galego e outras curiosidades da profesión.
As alocadas historias dos Monkis.
Triqueta Verde. Contacontos con Paula Merlán e Blanca Millán.
Presentación novos cadernos colección bilingüe 10×15:
“O prezo do inverno” de Elías Portela en islandés-galego e “Cetro de espiñas vivas” farsi-galego de María Victoria Caro con tradución de Xaime Foxo. Tulipa Editorial. Presenta Paula Cabaleiro con autores e tradutores da colección.
“O Veleiro Verde” de Maria Fumaça.
Galaxia. Novo disco da familia María Fumaça e veñen de presentación á Feira!
Entrega Premio do Público Culturgal 2019 ao Festival dos Eidos (Fundación Uxío Novoneyra).
«Agosto» de Miriam Ferradáns.
Apiario. Presentación e estrea na Feira desta novidade editorial do Nadal 2019. Susana Sánchez Aríns conversa con Miriam Ferradáns ao redor do seu último travallo poético, na colección Cera Labrada de Apiario.
Obradoiro de ilustración fantástica.
Con Anxo Fariña, autor de Os ecos do lume. Xerais. De 8 a 12 anos. Aberto, sen inscrición previa.
’O que arde’ (2019).
Na Culturgal temos a sorte de pechar a edición co pase da película do ano en colaboración coa Xunta de Galicia e coa presenza, ademais, do seu director. A película ’O que arde’, Premio do Xurado da sección Un certain regard do pasado Festival de Cannes, está ambientada nunha aldea da montaña de Lugo e os seus dous papeis protagonistas son interpretados por Amador Arias e Benedicta Sánchez. Produción: Miramemira, 4A4 Productions, Kowalski Films, Tarantula. Duración: 85 minutos. Presentan: Oliver Laxe, director, e Valentín García, responsable de Política Lingúística.
Encarnados. Dispara / Tono Arias.
Presentación do proxecto de fotolibros e postais ao redor do Entroido.
Presentación do libro «Náufraga no mar e na terra»
De Elisabeth Oliveira e lanzamento de Linguaxes dixitais, de Clara Vidal, con lectura de textos poéticos e mostra de videopoemas. Coas autoras e Wladimir Vaz, editor. Editorial Urutau.
«Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais»
Unha conversa coas autoras. Catro Ventos Editora. Con Miguel Pardellas Santiago, Paula Lubián Fernández e Celsa González Ogando, de Proxecto Batefogo e Patricia Buxán Outeiro, da editora.
Silvia Penide: «El Efecto boomerang».
10d10. O sétimo disco de estudio da artista continúa o seu tour 2019. Con Silvia Penide (voz e guitarra) Bruno Couceiro (batería) Paul Álvarez (guitarra) e Carla López (piano/teclado).
“Cuerpo, territorio y enfermedad”.
Presentación dos proxectos de investigación e Creación de Basilisa Fiestras e Alexandra R.Rey xunto coa presentación do proxecto expositivo «Orografías», para o próximo abril na sala de Arte Apos´trophe.
Obradoiro de robótica “A filla do Minotauro”.
Deputación da Coruña. De 9 a 13 anos. Prazas: 10. Inscrición na Feira.
As tres mouras de Fonte Lantana.
Edicións Fervenza. Presentación do libro infantil e contacontos con Xoán Carlos García Porral, Celso Sanmartín e Gabriel Iglesias.
A pedalar na GaliLusofonía.
Rede da GaliLusofonía. Conversa entre Alex Marque e Gustavo César Veloso, gañadores de pasadas edicións da Volta a Portugal, sobre a sua experiencia linguístico-cultural no país viciño.
Conversa de Susana Pedreira con Pedro Feijoo, autor de Un lume azul. Xerais.
Conversa con Anselmo López Carreira.
Autor de Arte e escritura na Galicia medieval (séculos VI-X). Xerais. Presenta: Fran Alonso.
Conversa entre Adolfo Caamaño.
Premio Vilar Ponte de Novela 2018 con Matar o heroe e Abel Tomé, Premio Illa Nova de Narrativa co libro A noite do lobo. Galaxia.
A banda da Loba presenta “Fábrica de luz”.
Seispés Producións Creativas. Despois do éxito obtido co seu primeiro traballo, «Bailando as rúas», Xiana Lastra (voz), Marcela Porto (percusión), Inés Mirás (guitarras), Andrea Porto (baixo) e Estela Rodríguez (violín), continúan a xirar o caleidoscopio na busca de sons e ritmos que non exploraran ata o momento.
Os nosos bosques.
Miudiño S.Coop.Galega. Estrea da nova proposta da cooperativa, a Educación Ambiental, con Diego García coma contacontos. Espectáculo baseado no libro Os Nosos Bosques, no que acompañado por diversos seres, vaise narrando a complexidade do proceso creativo do libro ao tempo que se vai adentrando aos asistentes no marabilloso mundo dos bosques galegos, dando a coñecer a diversidade de animais e vexetais dos diferentes ecosistemas.
ORDET.
Unha banda de Sound Art movéndose entre a poesía, os visuais e ailustración.
Monólogo de Xan Veiga
8/11/19
22:30
Bar Eladio
Estrada Guía, 209 – Meira – Moaña
De balde
Monólogo Made in Galicia de Xan Veiga
Café Bar Ven de Tapas
Avenida da Coruña, 16 – Cambados
De balde
O festival, organizado polo Concello de Moaña, terá lugar os días 25, 26 e 27 de xullo, e contará nesta edición co patrocinio de Mahou e da Deputación de Pontevedra.
O FIM comezará o xoves 25 de xullo ás 19.30 h. co desfile e posterior actuación dos grupos folclóricos de Moaña: Gaiteiros de Moaña, Acf Solaina Moaña, Breogán de Moaña, Moañesa de Música e Danza, Asociación Cultural e folclórica Charaviscas e a AFCX Meiramar-Axóuxeres.
O xoves 25 ás 22.30 h. subirá ao escenario Habelas Hainas, un exemplo do novo trad e folk galego, onde as mulleres van ocupando, cada vez máis, o protagonismo que lexítimamente lles corresponde, inaugurando unha edición cunha alta presenza de artistas femininas. Será entón o turno da banda escocesa Talisk, Banda Folk do Ano 2017 nos BBC Alba Scots Trad Music Awards e o premio BBC Radio 2 Folk, entre outros galardóns.
O venres 26 de xullo ás 22.00 h. será o turno das tamén escocesas Kinnaris Quintet, que o pasado ano cautivaron ao público co lanzamento do seu álbum debut, Free One. A continuación actuarán Tanxugueiras, que con máis de 50 concertos no 2018 e unha importante xira tanto polo país como polo estranxeiro, xa son un referente da música tradicional galega.
O sábado 27 ás 22.00 h. Anxo Lorenzo, recentemente premiado como mellor artista nos Premios Opinión da música de raíz, presentará o seu novo álbum Vortex, un concerto con moitas sorpresas onde o gaiteiro moañés tamén fará un percorrido polos seus anteriores traballos discográficos. Pechará esta XXXV edición, Sharon Shannon, a revelación da música tradicional irlandesa dos últimos tempos: a que máis discos ten despachado codeándose nas listas de éxitos con fenómenos do pop e do rock e alzándose con todo tipo de galardóns para a súa música e a súa carreira.
Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!