Generación Why

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Tres actrices procedentes de España, Reino Unido e Italia, enfróntanse sobre o escenario a unha simple pero controvertíbel pregunta: Que queres para o teu futuro? O xogo de imaxinar futuros posibles (ou imposibles) convértese nunha invocación para desentrañar soños e expectativas.

Compañía: Teatro en Vilo
Procedencia: Madrid
Dirección: Andrea Jiménez
Autoría: Creación colectiva
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2018

El desguace de las musas

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Alegoría dunha cultura apontoada, que espera a súa derruba, situada nun antro lóbrego, infestado polas ratas que asoman aos nosos traballos, onde un núcleo de artistas illados e contracorrente resisten, esgotados, entre a resignación e o rancor, sen ningún heroísmo.

Compañía: La Zaranda
Procedencia: Madrid
Dirección: Paco de la Zaranda
Autoría: Eusebio Calonge
Destinado a: Público adulto
Estrea: Estrea en Galicia
Presentación: 2019

 

Electra

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Electra, a filla preferida do rei Agamenón, consumará a venganza polo asasinato do seu pai coa axuda do seu irmá Orestes, matando á súa propia nai e ao seu tío Existo, que usurpou a coroa. E todo este baño de sangue familiar cóntase co estilo cómico e inconfundible de Chapitô.

Compañía: Companhia do Chapitô
Procedencia: Lisboa, Portugal
Dirección: Jose Carlos García, Cláudia Novóa
Autoría: Sófocles, creación colectiva
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2016

A destacar:

  • Premio do Público Festival Quijote, de París.
  • Mellor Valoración de Actores e Dramaturxia na Feria de AAEE de Castilla- La Mancha
  • Premio do Público festival FIOT (Carballo – Galicia)
  • Premio do Público Teatro Agosto (Festival de Fundao)
  • Premio Florencio da Asociación de Críticos Teatrales de Uruguay ao Mellor Espectáculo Extranxeiro.
  • Premio Público Profesional XVIII Feria de Teatro y Danza de Huesca
  • Premio do Público MITCF de Cangas (Galicia)
  • Recomendado pola RED ESPAÑOLA DE TEATROS.
  • Recomendado pola red vasca de teatros SAREA
  • Invitado a participar no circuito ENRÉDATE e ABECEDARIA – Andalucía.

Arlequina

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Espectáculo dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor coa animación de marionetas, a maxia e a música en directo nun espazo escénico suxerente no que todos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe de Arlequina, unha peculiar marioneta de papel.

Compañía: Os Monicreques de Kukas
Procedencia: Galicia
Dirección: Isabel Rey Pousada, Marcelino de Santiago (Kukas)
Autoría: Marcelino de Santiago (Kukas)
Tipo: Monicreques
Destinado a: Público familiar
Presentación: 2019

Vacas, guerras, porcos e cregos

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, un home bo coa familia, pacífico e bo viciño. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos.

Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
Procedencia: Galicia
Dirección: Quico Cadaval
Autoría: Quico Cadaval
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2019

 

Carpe Diem

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

Unha muller e un home coñecense nunha festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita. A súa rotina consiste en cinema de barrio e motel barato. No palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o affaire.

Compañía: Producións Teatráis Excéntricas
Procedencia: Galicia
Dirección: Quico Cadaval
Autoría: Rubem Fonseca
Destinado a: Público adulto
Presentación: 2019

La gran ofensa

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

“La gran ofensa” interpela ao espectador, preguntándolle se existen límites no humor. ¿Hai que procesar a alguén por contar un chiste?, ¿Debemos censurar a comedia?, ¿Pódese facer humor de calquera tema?

Dous cómicos, demandados por un chiste, buscan evitar o cárcere e o ataque da opinión da pública.

Compañía: La bendita compañía
Procedencia: Cataluña.
Dirección: Oriol Pérez, Serapi Soler
Autoría: Dani Amor, Oriol Pérez, Serapi Soler, Cristian Valencia
Destinado a: Público adulto
Estrea: Estrea absoluta

Comedia Aquilana

Representación dentro da XXXVI Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC).

O escudeiro Aquilano e a princesa Felicina son amantes; o Rei Bermudo, o seu pai, ao saber dos seus amores ordena a morte de Aquilano, pero o criado Faceto revela entón que en realidade Aquilano é fillo do rei de Hungría, isto enche de ledicia ao rei e autoriza a voda.

Compañía: Nao d’amores. Coproduce Compañía Nacional de Teatro Clásico
Procedencia:Segovia
Dirección: Ana Zamora
Autoría: Bartolomé de Torres Naharro
Destinado a: Público adulto
Estrea: Estrea en Galicia
Presentación: 2018

Comedia Aquilana foi seleccionada para os MAX 2019 nas seguintes candidaturas:

  • Mellor adaptación ou versión de obra teatral e Mellor dirección de escena: Ana Zamora
  • Mellor composición musical para espectáculo escénico: Alicia Lázaro
  • Mellor deseño de vestiario: Deborah Macías
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!