18ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI 2021)

Cartel MOTI Ourense 2021

A Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI) celebra a súa 18º edición con sete espectáculos de compañías galegas que se representarán entre o 27 de decembro e o 2 de xaneiro. Trátase dunha edición máis reducida pola falta de apoio económico por parte do Concello no que participarán Eme2, A Gramola Gominola, Traspediante, O Mago Teto, Pedras de Cartón, Trécola Teatro e Geppetto.

Programa MOTI Ourense 2021

Luns 27 de decembro

  • 17:00h no Teatro Principal
    • Eme Dous – Semente. O Home que plantaba árbores.
    • Teatro a partir de 6 anos
  • 19:00h no Campus – Salón de actos da Politécnica
    • A Gramola Gominola – As que máis molan da Gramola Gominola
    • Concerto a partir de 3 anos

Martes 28 de decembro

  • 17:00h no Teatro Principal
    • Traspediante – Nina Ninette
    • Danza a patir de 3 anos
  • 19:00h no Campus – Sala Multiusos do edificio de Ferro
    • O Mago Teto – Alquimia
    • Maxia a partir de 5 anos

Mércores 29 de decembro

  • 12:00h e 17:00h no Teatro Principal
    • Pedras de cartón – Quixote
    • Teatro a patir de 4 anos
  • 19:00h no Campus – Sala Multiusos do edificio de Ferro
    • Trécola Teatro – O Tesouro
    • Conta contos a partir de 4 anos

Domingo 2 de xaneiro

  • 17:00h e 19:00h no Teatro Principal
    • Geppetto. Aula de Teatro Universitaria de Ourense – Bruxa descoidada,. bruxa chamuscada
    • Teatro a partir de 4 anos

XXII Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei

Cartel 22 Mostra Internacional Teatro Palas de Rei

A Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei-Teatro no Camiño de Santiago é un referente dentro do panorama de teatro amador galego e nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de 250 compañías do teatro amador galego e máis de trinta da península e de países como Cuba, México, Rusia, Portugal, Francia. Nesta vixésima segunda edición participarán dez grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón.

Programa

Martes, 31 de agosto

  • OBRADOIRO MUNICIPAL DE TEATRO DE PALAS DE REIContos, lendas e outras historias. Será na Casa da Cultura da localidade.

Mércores 1 de setembro

  • CAXOTOQue morro!!!

Xoves 2 de setembro

  • AULA DE TEATRO DO IES A PINGUELA 2021Parodia dunha tarde de picnic

Venres 3 de setembro

  • COMANDO CURUXÁS – Curuxás (no Parladoiro de Arqueixal, Santiago de Albá)

Sábado 4 de setembro

  • SON D’ALDEA – Saberes da aldea
    • Creación colectiva dirixida por Metátase Teatro e Alentía Teatro
    • Ás 10:00 horas, con saída do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30 horas.

Martes 7 de setembro

  • ESCOLA DE TEATRO DE TABOADELA – Os marcos da vida

Mércores 8 de setembro

  • MERE CLOWN – Mere-cidamente

Xoves 9 de setembro

  • GRUPO DE TEATRO FARO MIÑO, DE CHANTADARisoterapia efervescente.

Venres 10 de setembro

  • Grupo ATENEO, de Pozuelo de Alarcón – Cena para dos

Sábado 11 de setembro

  • METÁTASE TEATRO, DE PALAS DE REI – A merliña.

Domingo 12 de setembro

  • ALENTÍA TEATRO – Cos dentes… movendo nos marcos.

Todas as funcións serán ás 21:00 horas na Casa de Cultura de Palas de Rei, agás a do venres 3 de setembro, que será no PARLADOIRO de ARQUEIXAL, na aldea de Santiago de Albá e o sábado, 4 de setembro, que se celebrará o roteiro teatral polas corrupias, carreiros, bouzas, soutos… de Santiago de Albá e que se sairá ás 10:00 horas do campo da festa desta aldea. Para poder asistir ás funcións haberá que facer inscrición previa no teléfono 647 565 182 ou no correo electrónico metateseteatro@gmail.com

Programa PROPulsa (Danza+Paisaxe+Patrimonio)

Cartel programa PROPULSA 2021

Co obxectivo de poñer en valor e unir a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia coa danza e artes do movemento, a Xunta de Galicia, no marco do Xacobeo 21-22, pon en marcha PROPulsa.Danza+Paixase+Patrimonio 2021, programa que mestura danza, patrimonio e paisaxe en espazos singulares de 27 localidades galegas durante os meses de xullo e agosto,  buscando novas experiencias e achegando ao público unha nova forma de ver a danza.

Calendario de actuacións

Xullo 2021

  • 2 de xullo – Peirao de Rinlo – Concello de Ribadeo – 20.30 h
    • Amparo de Entremáns
    • MAPA de Colectivo Glovo
    • Con/Sin/In- Tacto de iXa Universos de Movemento – Xián Martínez
  • 3 de xullo – Castelo do Pambre – Concello de Palas de Rei – 19.00 h
    • Amparo de Entremáns
    • MAPA de Colectivo Glovo
    • Con/Sin/In- Tacto de iXa Universos de Movemento – Xián Martínez
  • 4 de xullo – Praza do Tapal – Concello de Noia – 19.00 h
    • Analepsis de Paula Quintas
    • Give it a spin de Pisando Ovos
  • 9 de xullo – Praza Conde Fenosa – Concello de Portomarín – 20.30 h
    • Analepsis de Paula Quintas
    • Vertebrata de Alejandra Balboa
    • Canela de Laboratorio Escénico
  • 10 de xullo – Adegas Amedo – Concello de Chantada – 20.30 h
    • catro[4”]segundos de Cía. IO
  • 11 de xullo – MIHL – Concello de Lugo – 20.30 h
    • Miñaxoia de Clara Ferrão
    • Vertebrata de Alejandra Balboa
  • 16 de xullo – Praza dos Escolapios – Concello de Monforte de Lemos – 20.00 h
    • Keep Going de La Macana
    • Feelings de Janet Novás
    • Um solo para a sociedade de São Castro & Antònio M Cabrita. Produción Companhía Paulo
    • Ribeiro
  • 17 de xullo – Mirador da Punta do Castro en Castiñeiras – Concello de Ribeira – 21.00 h
    • Keep Going de La Macana
    • Vertebrata de Alejandra Balboa
    • Feelings de Janet Novás
    • Canela de Laboratorio Escénico
  • 18 de xullo – Pazo de Baladrón na Ponte Maceira – Concello de Negreira – 20.00 h
    • Voo de Ánxela Blanco
    • Keep Going de La Macana
    • Feelings de Janet Novás
    • Give it a spin de Pisando Ovos
  • 23 de xullo – Cabo Fisterra – Concello de Fisterra – 20.30 h
    • E-migrantas de Kirenia Danza
  • 24 de xullo – Pazo da Peregrina en Bertamiráns – Concello de Ames – 19.00 h
    • E-migrantas de Kirenia Danza
    • Miñaxoia de Clara Ferrão
    • Nexos de Cía. Exire
    • Canela de Laboratorio Escénico
  • 25 de xullo – Praza dos Fornos – Concello da Pontenova – 20.00 h
    • Voo de Ánxela Blanco
    • Miñaxoia de Clara Ferrão
    • Intempestiva de Elahood
    • Nexos de Cía. Exire
  • 30 de xullo – Parque da Fervenza do Ézaro – Concello de Dumbría
    • 12.30 h: Up2Down de trasPediante
    • 20.00 h: El pedalOpiano de Le Piano du Lac & La Xata la Rifa
  • 31 de xullo – Parque de Cachamuíña – Concello de Pereiro de Aguiar – 20.00 h
    • Up2Down de trasPediante

Agosto 2021

  • 1 de agosto – Castelo de Monterrei – Concello de Monterrei – 20.00 h
    • Extravíos de Vacaburra
    • Analepsis de Paula Quintas
    • Nexos de Cía. Exire
    • Give it a spin de Pisando Ovos
  • 6 de agosto – Mirador do Castro – Concello de Parada de Sil – 20.00 h
    • Amparo de Entremáns
    • Conxurando o invisible de Aïda Colmenero Dïaz
  • 7 de agosto – Aquis Querquennis – Concello de Bande – 20.00 h
    • Voo de Ánxela Blanco
    • MAPA de Colectivo Glovo
    • Nasenda de Elvi Balboa
  • 8 de agosto – Paseo do Aguillón – Concello da Rúa – 20.00 h
    • Extravíos de Vacaburra
    • Conxurando o invisible de Aïda Colmenero Dïaz
  • 13 de agosto – Praza San Fernando – Concello de Tui – 21.00 h
    • Leira de Nova Galega de Danza
  • 14 de agosto – Claustro de San Salvador – Concello de Celanova – 20.00 h
    • Leira de Nova Galega de Danza
  • 15 de agosto – Mosteiro de Santa María de Melón – Concello de Melón – 20.00 h
    • catro[4”]segundos de Cía. IO
  • 20 de agosto – Pazo dos Marqueses – Concello de Mos – 20.00 h
    • Coreografías dun DeMente de Fran Sieira Compañía de Danza
    • Stay de Can Cun Quinqué
    • Intempestiva de Elahood
    • Nasenda de Elvi Balboa
  • 21 de agosto – Pazo de Oca – Concello da Estrada – 20.30 h
    • Extravíos de Vacaburra
    • Rojo de Victoria P. Miranda
    • Stay de Can Cun Quinqué
    • Occo de Colectivo D’Elas
  • 22 de agosto – Praza do Mar – Concello de Sanxenxo – 20.00 h
    • Pols de Pepa Cases Dansa Teatre
    • Stay de Can Cun Quinqué
    • Nasenda de Elvi Balboa
    • Occo de Colectivo D’Elas
  • 27 de agosto – Alameda – Concello de Marín – 20.30 h
    • Coreografías dun DeMente de Fran Sieira Compañía de Danza
    • A temperatura o temperamento de Fran Martínez
  • 28 de agosto – Praza de Galicia – Concello de Lalín – 18.00 h
    • A temperatura o temperamento de Fran Martínez
    • Intempestiva de Elahood
    • Occo de Colectivo D’Elas
  • 29 de agosto – Castro de Troña – Concello de Ponteareas – 20.00 h
    • 8km en mula de Álvaro Murillo
    • A temperatura o temperamento de Fran Martínez
    • Emakumeak de NODE
    • Coreografías dun DeMente de Fran Sieira Compañía de Danza

XLIII Mostra de Teatro Galego de Cariño

Cartel 43 Mostra de Teatro Galego de Cariño

A 43º edición da Mostra de Teatro Galego de Cariño ofrecerá a primeira semana espectáculos para público infantil e familiar (Mamá Cabra, Barafundo, Talía Teatro, Ghazafelhos, Pedras de Cartón…) e a segunda semana contará cunha programación para adultos da man de compañías como Malasombra, Redrum Teatro, Sarabela ou Culturactiva. Os espectáculos representaranse polas rúas do municipio, en espacios ao aire libre nas parroquias, así como no auditorio municipal e también na Praza do Campín, onde non haberá que pagar entrada, ainda que fará falta reservar.

Programa Mostra 2021

Mércores 4 e xoves 5 de agosto

Obradoiro: “Pensar en movemento”
Programa: Cara a unha Escena Plural
10-14h no Auditorio Municipal – Prezo: 12€
Dirixido a persoas a partir de 12 anos. Aforo máximo segundo a normativa covid nese momento.

Domingo 8 de agosto

Barafunda Animación: “Barcos do Ortegal” acompañados por Os Bregadiers
12.30h – Itinerante

Acto Oficial de Presentación. Entrega do Premio do Público 2020 e do Premio do Público Infantil 2020
Nova Galega De Danza: “Leira”
20.30h no Campín – Entrada gratuíta – Aforo limitado

Luns 9 de agosto

Teatro do Andamio: “Carapuchiña no faiado”
12.00h no Auditorio Municipal – Entrada: 1€ – Aforo reducido.

Martes 10 de agosto

Talía Teatro: “Voa, Voa!”
12:00h no Auditorio Municipal – Entrada: 1€ – Aforo reducido.

Mércores 11 de agosto

Teatro Ó Cubo: “Ningures”
12:00h no Auditorio Municipal – Entrada: 1€ – Aforo reducido.

Xoves 12 de agosto

Teatro Ghazafelhos: “Rubicundo”
12:00h no Auditorio Municipal – Entrada: 1€ – Aforo reducido.

Paulo Maestro: “Ritual poético do fauno do orballo”
20.30h no Campín – Entrada Gratuíta – Aforo reducido.

Venres 13 de agosto

Pedras de Cartón: “Quixote”
12.00h no Auditorio Municipal – Entrada: 1€ – Aforo reducido.

Sábado 14 de agosto

Xampatito Pato: “Só”
12.00h no Campín – Entrada gratuíta – Aforo limitado

La Trócola Circ: “Emportats”
20.30h no Campín – Entrada gratuíta – Aforo limitado

Domingo 15 de agosto

Troula Animación: “O estrano caso do dentista da rúa Brasov”
12.00h na Casa do Concello – Itinerante – Entrada gratuíta.

Mamá Cabra: “Eu cociño, ti cociñas?”
13.15h no Campín – Entrada gratuíta – Aforo limitado

Rolabola: “Rock Cirk”
20.30h na Pista Polideportiva A PEDRA – Entrada gratuíta

Luns 16 de agosto

Malasombra Producións: “SÓS”
22.15h no Auditorio Municipal – Entrada: 5€ – Aforo limitado.

Martes 17 de agosto

Redrum Teatro: “O Mozo Da Última Fila”
22.15h no Auditorio Municipal – Entrada: 5€ – Aforo limitado.

Mércores 18 de agosto

Sarabela Teatro: “A Lingua Das Bolboretas”
22.15h no Auditorio Municipal – Entrada: 5€ – Aforo limitado.

Xoves 19 de agosto

Companhia do Chapitô: “Napoleão ou o Complexo de Épico” (Portugal)
22.15h no Auditorio Municipal – Entrada: 5€ – Aforo limitado.

Venres 20 de agosto

Culturactiva Producións: “Conexión Pingüín”
22.15h no Auditorio Municipal – Entrada: 5€ – Aforo limitado.

Reserva entradas: www.reservas.gal

37 Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT Ribadavia)

Cartel 37 MIT Ribadavia3

Do 15 ao 25 de xullo bota a andar unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Será a 37ª edición, cunha imaxe renovada e refrescante, que se afronta retomando o impulso e a vocación internacional, con espectáculos de calidade de diversas disciplinas das artes escénicas baixo o lema ‘A arte marca a diferenza’. Esta edición pretende ser una clara expresión de recuperación cultural, económica e turística, apostando pola calidade e a coherencia dun programa con catro coproducións galegas, varias estreas nacionais e internacionais, obradoiros e foros.

Programa MIT Ribadavia 2021

día 14 | mércores preMIT, previas da MIT

  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Teatro do Vilar. Apoio ao teatro efeccionado de Ribadavia.

día 15 | xoves preMIT, previas da MIT

  • 21:00 Salón de Actos do Concello | Presentación do libro O tsunami, de Marcos Abalde Covelo (Premio Abrente 2020).

día 16 | venres

  • 20:00 Alameda (Ruadavia) | Hippos | Zum Zum Teatre (Valencia).
  • 20:30 Inauguración oficial da MIT 2021. Adro de Santo Domingo.
  • 21:00 Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.
  • 21:30 Alameda (Ruadavia) | Hippos | Zum Zum Teatre (Valencia).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Billy’s Violence | Needcompany – Jan Lauwers (Bélxica).

día 17 | sábado

  • 21:00 Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura | Los que hablan | Teatro del Barrio (Madrid).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Othello | Voadora (Galicia). (Coprodución da MIT)
  • 00:30 Foros MIT. Coloquio con Marta Pazos. Patio de Turismo.

día 18 | domingo

  • 10:30 – 12:30 Casa da Cultura | Masterclass con Pablo Rosal (Los que hablan).
  • 21:00 Igrexa da Madalena | Coreografías selváticas – Adriana Reyes | Residencias Paraíso.
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | The Mountain | Agrupación Señor Serrano (Cataluña).
  • 00:30 Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo.

día 19 | luns

  • 21:00 Sampaio | Contos a pé de rúa | Caxoto – A trastenda dos contos (Galicia). (Programa SputMIT – satélites da MIT).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo – Rey Lear | Atalaya (Andalucía).
  • 00:30 Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo.

día 20 | martes

  • 21:00 – Francelos | Carman | Javier Ariza (Cataluña). (Programa SputMIT – satélites da MIT).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Terceiro Acto | CDG (Galicia).
  • 00:30 Foros MIT. Coloquio coa compañía, conducido por Laura Míguez. Patio de Turismo.

día 21 | mércores

  • 20:00 Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura | 2 pilgrims | Redrum Teatro (Galicia).
  • 21:00 San Cristovo | Fábulas da montaña | Larraitz (Galicia). (Programa SputMIT – satélites da MIT).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Soga e cinsa | Aporía Escénica (Galicia). (Coprodución da MIT)
  • 00:30 Foros MIT. Coloquio coas compañías Redrum e Aporía. Patio de Turismo.

día 22 | xoves

  • 20:00 Igrexa da Madalena | Os actos da inercia | Javier Martín – Galicia.
  • 21:00 A Franqueirán | Fábulas da montaña | Larraitz (Galicia). (Programa SputMIT – satélites da MIT).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | A lingua das bolboretas | Sarabela Teatro (Galicia).
  • 00:30 Foros MIT. Coloquio coa compañía. Patio de Turismo.

día 23 | venres

  • 20:00 Santo André | Xeliña fala galego | Caxoto – A trastenda dos contos (Galicia). (Programa SputMIT – satélites da MIT).
  • 21:00 Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura | Bailar agora – Marta Alonso Tejada – Galicia.
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Elvedon | Lion and the Wolf – Christos Papadopoulos (Grecia).
  • 00.00 Foros da MIT. Coloquio e presentación do libro História da dança contemporânea na Galiza, de Afonso Becerra.

día 24 | sábado

  • 21:00 Auditorio “Manuel María” da Casa da Cultura | Cris, pequeña valiente | El espejo negro (Andalucía).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Querido Capricho | CDN e Malala Prod. (Madrid).
  • 01:00 Igrexa de San Francisco (Ruadavia) | Vértigo | Pistacatro (Galicia). (Coprodución da MIT)

día 25 | domingo

  • 12:00 Igrexa da Madalena | Dramiturga (Galicia e Portugal).
  • 21:00 Alameda (Ruadavia) | Distans | Vol’e Temps (Andalucía).
  • 23:00 Auditorio “Rubén García” do Castelo | Déjà vu | Cia. Manolo Alcántara (Cataluña).
  • 00:30 Foros MIT. Coloquio coa compañía arredor do novo circo. Patio de Turismo.

XXXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC 2021)

Cartel MITCFC 2021

Presentación

Ábrese o pano desta 38ª edición coa convicción de que o compromiso das artes vivas, do gran teatro e o humor, serán a mellor menciña, a poderosa fonte de enerxía que nos permita avanzar e deixar os malos tempos atrás. Xuntas e xuntos, público e artistas, podemos cambiar a realidade e facer deste mundo un lugar de solidariedade e concordia. Porque o teatro é unha arte transformadora, insubmisa, unha forza combativa que nos leva, sempre, a un lugar mellor, sen violencias, sen machismo nin sometemento, sen miseria nin mediocridade.

Este ano a MITCFC ofrecerá vinte espectáculos entre o 1 e o 10 de xullo. Haberá catro estreas absolutas, das cales tres están coproducidas pola propia Mostra, como son os casos das obras Isolada, Abradacaver e Cantingio. A peza teatral Espécies Lázaro será unha estrea nacional, mentres que outras nove propostas serán estreas en Galicia. Son os casos de Xirgu, Secretos de alcoba, La señorita doña Margarita, El viento es salvaje, Al otro lado, Comando señoras, Ritos de amor y guerra, Water falls e A Contenda do Río Miño.

Programa MITCFC 2021

Xoves 1 de xullo

  • 12:00h – CASTIngJO. SE RIAL & ANABEL BUDIÑO. COPRODUCE MITCFC (Bueu)
  • 16:30h – CORPO SONORO: UNHA VIAXE VIBRATORIA (Sala de exposicións do Auditorio Municipal)
  • 20:00h – TEATREIRO DE SEU (Auditorio Municipal de Cangas)
    • 20.00h INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN
    • 21:00h HOMENAXE

Venres 2 de xullo

  • 12:00h – CASTIngJO. SE RIAL & ANABEL BUDIÑO. COPRODUCE MITCFC (Cangas)
  • 19:00h – PRESENTACIÓN “HISTÓRIA DA DANÇA CONTEMPORÁNEA NA GALIZA” (Salón de plenos do Concello de Cangas)
  • 20:30h – LA XIRGU de TEATRO DEL NORTE (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 20:30h – SECRETOS DE ALCOBA de MISS BEIGE (Adro da Capela do Hospital)
  • 22:30h – PREGÓN INAUGURAL POR FRAN PAREDES (Auditorio Municipal de Cangas)
  • 22:30h – MOCOS de CONTRAPRODUCIÓNS (Auditorio Municipal de Cangas)

Sábado 3 de xullo

  • 10:00h a 15:00h – OBRADOIRO SALÓN DES REFUSÉS (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 12:00h – CASTIngJO. SE RIAL & ANABEL BUDIÑO. COPRODUCE MITCFC (Moaña)
  • 12:00h – O MONTE DAS ARAS de TEATRO DE NINGURES (O Facho, Donón, O Hío)
  • 20:30h – EL GRAN BRAULIO de ADRIÁN CONDE ESPECTÁCULOS (Adro de O Hío)
  • 20:30h – ISOLADA de CÍA PAJARITO, COPRODUCE MITCFC (Xardín do Señal)
  • 20:30h – VENCERSE É COUSA DE SE TRATAR de FERNANDO ABREU (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 22:30h – LA SEÑORITA DOÑA MARGARITA de PETRA MARTÍNEZ Y JUAN MARGALLO (Auditorio Municipal de Cangas)
  • 23:50h – COLOQUIOS ENTRE PÚBLICO Y ESCENA (Auditorio Municipal de Cangas)

Domingo 4 de xullo

  • 10:00h a 15:00h – OBRADOIRO SALÓN DES REFUSÉS (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 12:00h – O MONTE DAS ARAS de TEATRO DE NINGURES (O Facho, Donón, O Hío)
  • 20:30h – EL GRAN BRAULIO de ADRIÁN CONDE ESPECTÁCULOS (Xardíns do Señal)
  • 20:30h – VICTORIA de DIASPORA TEATRO (Adro da Capela do Hospital)
  • 20:30h – SALÓN DES REFUSÉS de ANA ESMITH E ALUMNADO SALÓN DES REFUSÉS (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 22:30h – EL VIENTO ES SALVAJE de LAS NIÑAS DE CÁDIZ (Auditorio Municipal de Cangas)

Luns 5 de xullo

  • 20:00h – REVOLTALLO, ARTISTAS E COLECTIVOS CULTURAIS DE CANGAS (Xardíns do Señal e Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 22:30h – AS BRUXAS DE SALEM de ETC. ESCOLA DE TEATRO DE CANGAS (Auditorio Municipal de Cangas)

Martes 6 de xullo

  • 16:30h – TEATRO Y EDUCACIÓN (Salón de plenos do Concello de Cangas)
  • 19:30h – IV TORNEO DE DRAMATURGIA DE GALICIA (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 20:30h – VICTORIA de DIASPORA TEATRO (Adro da Capela do Hospital)
  • 22:30h – GALA ERREGUETÉ. 100 NÚMEROS DE LA REVISTA GALEGA DE TEATRO (Auditorio Municipal de Cangas)

Mércores 7 de xullo

  • 20:30h – AL OTRO LADO de ZANGUANGO TEATRO (Praza da Constitución)
  • 21:00h – SEMENTE. O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES de EME2 PRODUCIÓNS (Auditorio Municipal de Cangas)

Xoves 8 de xullo

  • 20:00h – COMANDO SEÑORAS (Praza da Constitución)
  • 20:30h – GHOP! de TEATRO Ó CUBO (Xardíns do Señal)
  • 22:30h – ESPÉCIES LÁZARO de TEATRO ART’IMAGEM (Auditorio Municipal de Cangas)
  • 23:50h – COLOQUIOS ENTRE PÚBLICO Y ESCENA (Auditorio Municipal de Cangas)

Venres 9 de xullo

  • 19:00h – ARTISTAS VISIONARIAS (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 19:15h – COMANDO SEÑORAS: RECONSTRUÍNDO A FICCIÓN (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 19:30h – GRUPO DE ESTUDOS AUDIOVISUAIS DA USC (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 20:30h – ABRACADAVER de ASSIRCOPATAS, COPRODUCE MITCFC (Xardíns do Señal)
  • 22:30h – RITOS DE AMOR Y GUERRA de COMANDO SEÑORAS (Auditorio Municipal de Cangas)

Sábado 10 de xullo

  • 20:30h – ABRACADAVER de ASSIRCOPATAS, COPRODUCE MITCFC (Adro do Hío)
  • 20:30h – WATER FALLS de LA MECÀNICA & MIMEPRAGUE (Xardíns do Señal)
  • 20:30h – A QUE NON PODES DICIR COCACOLA? (II) de AVELINA PÉREZ (Sala de Exposicións do Auditorio Municipal)
  • 22:30h – PREMIO MULLERES EN ACCIÓN 2021 (Auditorio Municipal de Cangas)
  • 22:30h – PREMIO XIRIA A LA LABOR TEATRAL (Auditorio Municipal de Cangas)
  • 22:30h – A CONTENDA DOS LABRADORES DE CALDELAS OU ENTREMÉS FAMOSO SOBRE A PESCA DO RÍO MIÑO de CENTRO DRAMÁTICO GALEGO / COMPAÑÍA DE TEATRO DE BRAGA (Auditorio Municipal de Cangas)

Exposicións

¿CUÁNTOS SOMOS EN UN YO?
SALA DE EXPOSICIÓNS AUDITORIO MUNICIPAL do 11 de xuño ao 10 de xullo

FONDO TEATRAL MARÍA CASARES
BIBLIOTECA AUDITORIO MUNICIPAL do 2 ao 10 de xullo (10:00-14:00h e 17:00-19.00h)

TALLER PAÍS
CASA DA CULTURA do 7 ao 10 de xullo (mérc. 16:00-20:00h, xoves e venres 10:00-14:00h e 16:30-18:30h, sáb. 10:00-14:00h)

TEATRAGAL 25 AÑOS DESPUÉS
SALA DE EXPOSICIÓNS AUDITORIO MUNICIPAL (xoves 8 de xullo de 16:30h a 20:00h)

26ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU)

Calter MITEU 2021

Presentación

A Mostra de Teatro é a culminación da actividade da Aula de Teatro Universitaria e un factor dunha intervención social e cultural de grande importancia na cidade de Ourense. Trátase, en definitiva, de potenciar o intercambio artístico e humano entre actores universitarios e profesionais galegos, da Península Ibérica e de fóra dela. E, a carón disto, nun tempo concentrado entre a inauguración e a clausura, achegar historias e xeitos de contalas diversos a Ourense e á súa Universidade. Que os cidadáns viaxen por este o noso mundo co billete que inclúe a entrada e coa equipaxe do seu maxín.

Programa MITEU 2021

Xoves 1 de xullo

19’30 NA PRAZA DA BIBLIOTECA
GRUPOS: ROSAURA, AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: A tempo

20’15 NA PRAZA DA BIBLIOTECA
GRUPOS: IRENE DE PAZ (ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO: La madeja

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPOS: ARMAZÉM AÉRIO (LISBOA)
ESPECTÁCULO: Rótulo

Venres 2 de xullo

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO:CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO:Ata aquí Orlando

Sábado 3 de xullo

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO:TEATRO EL MAYAL – ULE (CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:Sweet Jane

Domingo 4 de xullo

12’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPOS: GORSY EDÚ (GUINEA ECUATORIAL)
ESPECTÁCULO: El Abáah

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: LA COQUERA TEATRO (CATALUNYA)
ESPECTÁCULO:Almisdaé

Luns 5 de xullo

20’00 NA PRAZA DA BIBLIOTECA NOVA
GRUPO:AIMAR & CIA. (EUSKADI-ARXENTINA)
ESPECTÁCULO: Etxea / Casa

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: AULA DE TEATRO DA LA UNIVERSIDAD DE BURGOS (CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO:Tratado para saber vivir para uso de las viejas generaciones

Martes 6 de xullo

19’00 PERCORRICO: POSÍO – PRAZA MANUEL SUEIRO – PRAZA SAN MARCIAL – PRAZA FERRERÍA – PRAZA TRINDADE – POSÍO
GRUPO: ANA I RONCERO (CASTILLA Y LEÓN)
ESPECTÁCULO: Los árboles vistos desde la palabra
– – – OURENSE INVISIBLE 1 – – – 

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: GRUPO DE TEATRO DE LA UPNA (NAFARROA)
ESPECTÁCULO:Tejas verdes

Mércores 7 de xullo

20’00 NO XARDÍN DAS BURGAS
GRUPO: BERGAMOTTO (ITALIA)
ESPECTÁCULO: Bergamotto Show
– – – OURENSE INVISIBLE 2 – – –

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE VIGO (GALICIA)
ESPECTÁCULO:Tic tac

Xoves 8 de xullo

21’00 NA PRAZA MANUEL SUEIRO
GRUPO: IDOIA DE LUXÁN – RUSSO NNANDONG – FACTORÍA DE SUBSISTENCIA(GALICIA-GUINEA ECUATORIAL-GALICIA)
ESPECTÁCULO: Acción urbana. Graffiti e concerto
– – – OURENSE INVISIBLE 3 – – –

21’00 NA PRAZA DO AUDITORIO
GRUPO: VISITANTS TEATRE (COMUNITAT VALENCIANA)
ESPECTÁCULO: Olea

Venres 9 de xullo

20’00 NA PRAZA DA BIBLIOTECA
GRUPO: LA GATA JAPONESA (MADRID)
ESPECTÁCULO: Los viajes de Bowa

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: PROXECTO “SER CON” E AULA DE DANZA CAMPUS DE OURENSE D-OUTRAS (GALICIA)
ESPECTÁCULO:Ser con. Danza e vídeo sobre o proxecto

Sábado 10 de xullo

20’00 NA PRAZA DA BIBLIOTECA
GRUPO: EL FEDITO (ARXENTINA)
ESPECTÁCULO: Oyún

21’00 NO LICEO
GRUPO: LA RED TEATRO (EUSKADI)
ESPECTÁCULO:Los olivos pálidos

Domingo 11 de xullo

12’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: GEPPETTO. AULA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Coñecendo a Pippi

Luns 12 de xullo

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: TEUC. TEATRO DOS ESTUDANTES DE COIMBRA (PORTUGAL)
ESPECTÁCULO: Aúra-Masda

Martes 13 de xullo

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: AULA DE TEATRO DA USC. SANTIAGO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: A casa da forza 2, 52,88

Mércores 14 de xullo

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: MARICASTAÑA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Aínda que siga brillando a lúa

Xoves 15 de xullo

21’00 NO TEATRO PRINCIPAL
CLAUSURA DA XXV MITEU

GRUPO:MARICASTAÑA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Aínda que siga brillando a lúa

XXIII Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo (MITEU)

Cartel XXIII MITEU Vigo

A Universidade de Vigo retoma a súa programación cultural cunha aposta renovada polas creadoras e creadores locais. Baixo o lema Cultura Segura, o teatro e a música volven á UVigo da man de dous dos seus grandes emblemas: a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, que acada así a a súa XXIII edición, e o Festival Sonora, rebautizado como Sonora 2.1, xa que nesta ocasión o concerto contará cunha única actuación.

Programa MITEU 2021 Vigo

Xoves 22 de abril

A Emperadora – Aula de Teatro Universitaria de Lugo

Mércores 28 de abril

A casa da forza 2, 52-88 – Aula de Teatro Universitaria da USC

Mércores 12 de maio

Aínda que siga brillando a lúa – Aula de Teatro Universitaria de Ourense

Mércores 19 de maio

Tic Tac – Aula de Teatro Universitaria de Vigo

XXI Mostra de Teatro Clásico de Lugo

Cartel XXI Mostra de Teatro Clásico

A XXI Mostra de Teatro Clásico, conta este ano con 9 obras que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire de cultura de calidade no mes de marzo. O evento contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que no 2020 comezaron a producir obras clásicas e este ano case un 50% das obras son de compañías de traxectorias contrastadas como Chévere, Producións Teatrais Excéntricas ou Elefante Elegante. Ademáis esta edición conta coa estrea absoluta de Quixote, de Pedras de Cartón, que forma parte da oferta para público familiar.

Programa da mostra

  • Xoves 4, 20.00h. Estrela de Día, Produccións Excéntricas. A partir de 13 anos.
  • Xoves 6, 18.30h. Castelvines & Monteses. Los amantes de Verona según Lope, Barco Pirata e CNTC. A partir de 12 anos.
  • Domingo 7, 18.30h. Quixote, Pedras de Cartón. A patir de 3 anos. Estrea absoluta en Lugo.
  • Xoves 11, 20.00h. Bojiganga, Teatro del Cuervo. A partir de 12 anos.
  • Sábado 13, 18.30h. Dreaming Julliet, Elefante Elegante. A partir de 12 anos.
  • Domingo 14, 18.30h. Celestina, la tragiclownmedia, La Escalera de Tijera. A partir de 13 anos.
  • Xoves 18, 20.00h. As fillas bravas. O mito de Casandra, Chévere. A partir de 9 anos.
  • Sábado 20, 18.30h. Hamlet, Teatro do Chapitó. A partir de 13 anos.
  • Domingo 21, 18.30h. Andanzas y entremeses de Juan Rana, Ron Ralá. A partir dos 16 anos.

XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño

Cartel da XLII Mostra de Teatro Galego de Cariño

Nesta edición da mostra, daranse cita un ano máis as mellores compañías teatrais de público infantil e adulto que actuarán durante dúas semanas en diferentes espazos do municipio: o auditorio municipal, a Praza do Campín, o local social da casa do concello e de modo itinerante polas rúas do municipio. Ademáis faranse talleres e obradoiros do 30 ao 6 de agosto.

Programa

Xoves 30 e venres 31 de xullo

  • 10:00-14:00 Obradorio: “Pensar en movemento” (Programa: “Cara a unha Escena Plural”) (Auditorio Municipal)

Luns 3 a xoves 6 agosto

Domingo 9 de agosto

  • 12:30 Barafunda animación“Aguillóns do Ortegal” (Itinerante)
  • 20:30 Acto de Presentación: Entrega do Premio do Público 2019 e do Premio do Público Infantil 2019 + Concerto: “Festicultores Troupe” (Praza do Campín)

Luns 10 de agosto

  • 12:00 Galeatro“Carabela” (Auditorio Municipal)

Martes 11 de agosto

  • 12:00 Teatro del Andamio“O Sal Do Mar E Outros Contos Mariñeiros” (Auditorio Municipal)

Mércores 12 de agosto

Xoves 13 Agosto

  • 12:00 Talía Teatro: “Lambetadas” (Auditorio Municipal)
  • 21:00 Paulo Maestro: “Non hai dous sen Trece” (Local social da Casa do Concello)

Venres 14 de agosto

  • 12:00 Redrum Teatro: “Contos do Recreo” (Auditorio Municipal)

Sábado 15 de agosto

  • 12:00 Circo Chosco“Forzu2” (Campín)
  • 20:30 Cía. Vaya – B-Side: “Te veo” (Campín)

Domingo 16 de agosto

  • 12:00 Catropés“Animacreques” (Casa do Concello / Itinerante)
  • 13:15 Concerto. Píscore“Concerto con Fusión” (Campín)
  • 20:30 Cía La Sincro“OhLimpiadas” (Campín)

Luns 17 de agosto

Martes 18 de agosto

Mércores 19 de agosto

  • 22:15 Excéntricas“Medida por Medida” (Auditorio Municipal)

Xoves 20 de agosto

Venres 21 de agosto

  • 22:15 Companhia do Chapitô: “Electra” (Portugal) (Auditorio Municipal)
X

Únete á Comunidade!

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!