18ª Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI 2021)
A Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI) celebra a súa 18º edición con sete espectáculos de compañías galegas que se representarán entre o 27 de decembro e o 2 de xaneiro. Trátase dunha edición máis reducida pola falta de apoio económico por parte do Concello no que participarán Eme2, A Gramola Gominola, Traspediante, O Mago Teto, Pedras de Cartón, Trécola Teatro e Geppetto.
Programa MOTI Ourense 2021
Luns 27 de decembro
- 17:00h no Teatro Principal
- Eme Dous – Semente. O Home que plantaba árbores.
- Teatro a partir de 6 anos
- 19:00h no Campus – Salón de actos da Politécnica
- A Gramola Gominola – As que máis molan da Gramola Gominola
- Concerto a partir de 3 anos
Martes 28 de decembro
- 17:00h no Teatro Principal
- Traspediante – Nina Ninette
- Danza a patir de 3 anos
- 19:00h no Campus – Sala Multiusos do edificio de Ferro
- O Mago Teto – Alquimia
- Maxia a partir de 5 anos
Mércores 29 de decembro
- 12:00h e 17:00h no Teatro Principal
- Pedras de cartón – Quixote
- Teatro a patir de 4 anos
- 19:00h no Campus – Sala Multiusos do edificio de Ferro
- Trécola Teatro – O Tesouro
- Conta contos a partir de 4 anos
Domingo 2 de xaneiro
- 17:00h e 19:00h no Teatro Principal
- Geppetto. Aula de Teatro Universitaria de Ourense – Bruxa descoidada,. bruxa chamuscada
- Teatro a partir de 4 anos