Aberto o prazo para a XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2020

Auditorio Manuel María do Carballiño

Como tódolos anos Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a XIII edición da Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” a celebrar no Carballiño entre o abano dos días 3, 10, 17, 24, 31 de Outubro e 7 de Novembro de 2020, ás oito e media da tarde.

Cada grupo seleccionada percibirá a cantidade de 700 euros pola súa actuación, e os socios da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), 800 euros.

Seguirá existindo o Premio Tiruleque, que se outorgará -a criterio da organización- ó mellor grupo teatral participante. Este premio, que non ten contido económico, consiste na contratación directa do grupo gañador para a futura XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2021, sen ter necesidade de pasar pola escolma do Xurado cualificador.

As obras presentadas deben estar interpretadas no idioma galego e ter unha duración de 60 minutos como mínimo, e de 90 minutos como máximo.

As Bases teñen novidades con respecto ás do pasado ano, e o prazo para presentar os traballos remata o 10 de xuño de 2020.

X

Únete á Comunidade

Inicia sesión ou rexístrate gratis para participar como espectador, artista, profesional ou xestor cultural!